Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Protesta da KNE e do KKE nun acto contra a RDA
24/10/2010
KKE

Resposta inmediata dos comunistas de Grecia en “seminarios” de anticomunismo.

Intervención de protesta das organizacións do KKE e da KNE na Universidades Aristóteles nun acto sobre a ... “ditadura” da RDA utilizando arquivos da Stasi.



Os comunistas deron e seguirán a dar respostas inmediatas contra o intento de distorsión da historia e de equiparación do socialismo co totalitarismo, sobre todo cando isto acontece en escolas e universidades do país co gallo de influír na consciencia da mocidade.

Neste contexto, na mañá do 13 de outubro, membros da Organización de Estudantes de Tesalónica da KNE e da Organización Sectorial do Partido nas Universidades, os Liceos de Educación Tecnolóxica e a Investigación en Tesalónica realizaron unha protesta no acto celebrado na Facultade de Dereito na Universidade Aristóteles en Tesalónica. O orador principal foi Marianne Birhthler, encarga do goberno alemán dos Documentos do Servizo de Seguridade Estatal da República Democrática Alemá. O tema da conferencia foi: “O estudo dos arquivos da Stasi con referencia á opinión pública, o dereito público e a política”. O mesmo día, participaría tamén nun acto no Liceo Goethe en Tesalónica baixo o título “Lembramos, non esquecemos – Un estudo da ditadura do Partido Socialista Unificado de Alemaña en base aos arquivos da Stasi”.

Os membros da KNE e do KKE entraron na sala de conferencias da Facultade de Dereito, despregaron dúas faixas coa lenda “Non á falsificación da Historia e o anticomunismo”, escrito en grego e alemán, e leron un comunicado da Organización Sectorial do Partido denunciando o contido da conferencia.

No comunicado, que foi lido e entregado á presidencia do acto, mencionábase entre outras cousas que: «A política de arquivos e o uso -ou abuso- dos documentos de arquivo vincúlanse indisolubelmente á política estatal (coa axuda dos investigadores). No caso específico do “Arquivo da Stasi”, trátase claramente da política estatal da República Federal de Alemaña.

Tanto o propio “Arquivo” como as institucións que organizaron esta conferencia (é dicir, o Liceo Goethe e o consulado alemán) representan diferentes aspectos da mesma política estatal que ten como obxectivo calumniar en xeral os logros e as conquistas da RDA socialista.

O KKE non oculta os erros que se cometeron durante o período da construción socialista na RDA e nos demais países da Europa do Leste. Ás avesas, leva anos estudando e discutindo a natureza e o alcance destes erros, especialmente en relación coa URSS. Porén, considera que o intento sistemático de identificación dos países socialistas cos seus servizos secretos -os seus métodos e abusos- é consciente e guiado. Desta maneira tentan minimizar a importancia das conquistas obreiras, sociais e culturais do Socialismo que no marco do Capitalismo non só son imposíbeis, senón indesexábeis.

Trátase dun esforzo orquestrado polos capitalistas e os seus representantes políticos e académicos, de varias “institucións científicas” que fabrican argumentos que apoien a construción ideolóxica burguesa do “Totalitarismo”. Desde hai anos, as forzas burguesas europeas (liberais, socialdemócratas, verdes, ultradereita e oportunistas) empregan esta construción ideolóxica como vehículo intentando crear un arsenal institucional anticomunista a través de leis contra o terrorismo, de directas da UE e de resolucións anticomunistas do Parlamento Europeo e do Consello de Europa (como por exemplo a resolución da semana pasada). Este arsenal anticomunista é cada vez máis necesario mentres se intensifica a ofensiva contra a clase obreira e os dereitos dos pobos de Europa. Coa intensificación da crise do sistema capitalista, aumenta o perigo da reacción organizada e con orientación clasista dos pobos, cos comunistas na vangarda».

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com