Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Grecia: Chamamento da PAME á ofensiva contra o capital
30/11/2010
Todos e todas á folga do 15 de decembro.

Traballadoras, traballadores, mocidade, desempregados e inmigrantes

Todos e todas á folga do 15 de decembro

Todos e todas ás manifestacións da PAME.

Para paralizarmos todos os lugares de traballo do sector privado e público. Todos xuntos na loita. Para pararmos o ataque brutal do goberno, da patronal, da UE. Liderados pola PAME, a pola ofensiva. Xunto cos que traballan por conta propia, os pequenos e medianos campesiños, para construírmos a nosa alianza.

Todos á manifestación da PAME que comezará na Praza Omonia ás 11 a.m.

Fortalecemos a nosa voz e a nosa mensaxe.

HAI OUTRO CAMIÑO, O DA RESISTENCIA Á BRUTALIDADE CAPITALISTA, O DA COALICIÓN SOCIAL PARA QUE QUEBRE A PLUTOCRACIA E NON O POBO.


Compañeiros, compañeiras:

A crise capitalista intensifícase no noso país, en Europa, no mundo capitalista enteiro. O capital e os gobernos, os partidos burgueses tentan impor a lume e sangue o único camiño que teñen para saíren da crise polo seu propio interese. O seu único camiño: protección dos intereses do gran capital, dos banqueiros, dos grupos monopolistas. Levan o pobo á quebra para salvar a plutocracia. Derrogan os dereitos e as conquistas de todos os traballadores. Lévannos ao desemprego masivo e á pobreza.

O novo orzamento do estado do goberno, da troica e do memorando, reduce os salarios, as pensións e os beneficios. Leva a centos de miles de traballadores, especialmente a mozos, a novos despidos masivos e ao desemprego. Aumentan os impostos e os prezos dos produtos de consumo, as cargas extras para servizos degradados e inaceptábeis da educación, saúde e do benestar e ofrece ó gran capital as empresas estatais, a terra, as praias, os bosques, aumentando as exencións fiscais, privilexios e os beneficios do gran capital. O ataque contra as empresas de servizos públicos, contra o sector público, ten que ver coa clase obreira.

Minte o goberno cando di que non tomará novas medidas, engana cando di que o pobo aproba a súa política, engana cando di que terminarán os sacrificios. Os memorandos e as medidas antipopulares non rematarán mentres o capital fique intacto e a resistencia do pobo non se reforce.

Os sacrificios non rematarán, nin darán resultado para o pobo. Rexeitamos o Memorando que traen o Goberno, a UE e o FMI.

Ás súas chantaxe respondemos: que se quebre a plutocracia e non o pobo.

Ningún sacrificio para a plutocracia. Esiximos a garantía dos nosos dereitos. Traballo, educación e saúde para todos, que a crise a pague a plutocracia. O seu aumento da rendibilidade, o financiamento estatal e as exencións fiscais crearon a débeda estatal. Eles teñen que pagar, non o pobo.

Ao goberno e á Troica respondemos: fóra as mans dos fondos da seguridade social, das pensións, dos hospitais. O goberno agora debe pagar as débedas do Estado aos fondos e aos organismos. A plutocracia é quen debe pagar.

Fóra as mans dos convenios colectivos de traballo. Rexeitamos os salarios de fame, as formas flexíbeis de emprego, o traballo a tempo parcial. Non toleramos nin tampouco consentimos unha vida na pobreza nin para nós nin para os nosos fillos, no desemprego, sen dereitos en beneficio dos monopolios.

Non aceitamos que os nosos fillos e nós vivamos sen saúde e educación pública, gratuíta e actualizada ás conquistas da ciencia para todos. Non aceitamos as escolas e universidades ao servizo dos monopolios e do mercado.

Temos que rexeitar os novos aumentos do IVE, do prezo do gasóleo, da calefacción, da electricidade. Para parar a imposición adicional aos que traballan por conta propia e aos autónomos que ofrecen servizos a empresas sen contrato de traballo.

Os grandes capitalistas deben pagar os seus privilexios, deben ver os seus beneficios suprimidos, deben ser gravados co 45%. Asemade, é preciso diminuír os gastos militares.

Rexeitamos o Memorando a longo prazo, o único camiño dos monopolios, da UE e dos seus partidos. Desenvolvemento para o pobo, non para a plutocracia.

Enviamos unha mensaxe militante aos traballadores e aos pobos de Europa, unha mensaxe de solidariedade e ofensiva. A UE, os monopolios europeos, o capitalismo son os nosos inimigos comúns. Non cambian.

Para nós o patriotismo ten que ver cos dereitos das persoas e nos cos intereses do capitalismo. Os partidos da plutocracia non só sacrifican os dereitos populares polo seu interese, senón que tamén promoven acordos perigosos referentes á implicación do noso país nos plans imperialistas. Alianza popular para evitarmos estar baixo o paraugas da OTAN, para evitarmos a administración conxunta do Exeo.

Porén, aumenta a ansiedade e isto entendese cando os dilemas, as mentiras e a desorientación afectan cada vez menos, tal como de demostrou nas recentes eleccións.

Polas eivas do movemento sindical , o sindicalismo patronal e gobernamental, especialmente o GSEE ( para o sector privado) e ADEDY ( para o sector público), non poden desactivar a loita e a ira popular e serven como bolsa de seguridade para o sistema.

Traballadores, traballadoras, mocidade:

Fagamos da súa preocupación terror e pánico, organizando aos traballadores de cada lugar de traballo, aos sindicatos clasistas e comités de loita en todos os barrios.

- De costas ás súas muletas no movemento sindical, cambiando as correlacións en todas as partes e especialmente nos sindicatos. En cada fábrica, en cada sector, en cada barrio, a clase obreira debe unir as súas forzas nunha loita unificada e coordenada contra os monopolios, a UE e os seus partidos. A clase obreira debe ter confianza na súa forza. Esta é a única liña de unidade e loita: a liña PAME.

- Loitando contra o PASOK, ND e contra os defensores da UE.


- Fortalecendo a coordinación e a acción común entre os traballadores, os autónomos, agricultores pobres, a mocidade, as mulleres. Construíndo a alianza popular contra o capital poderemos derrocar a política antipopular, seremos quen de reclamar conquistas significativas, de prepararmos o camiño para unha vida mellor para os nosos fillos.

Traballadores, traballadoras:

Loita unificada, masiva, decisiva, loita clasista para a bancarrota da plutocracia, que os monopolios e as multinacionais paguen a súa propia crise. Esta é a nosa resposta, o noso camiño.

ERGAMOS A NOSA VOZ E FORTALEZAMOS A NOSA MENSAXE.

Todos e todas á folga do 15 de decembro.
Todos e todas á manifestación da PAME.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com