|
Cincuenta millóns de estadounidenses pasaron fame en 2009
|
19/11/2010 |
Tomado de CubaDebate Información oficial amosa que case o 15% dos fogares dos EUA padece escaseza de alimentos nalgún momento por mor da pobreza e a falla de recursos financeiros.
Isto equivale, cando menos, a 17 millóns de fogares, ou aproximadamente 50 millóns de persoas, indica un informe do Departamento de Agricultura dos EUA.
A cifra inclúe uns 17 millóns de crianzas.
Os resultados tamén revelaron que case unha quinta parte da poboación estadounidense participou en, polo menos, un programa federal de asistencia de alimentos en 2009.
Uns 34 millóns de persoas obtiveron beneficios do Programa de Asistencia de Nutrición Suplementaria (SNAP) -os anteriormente coñecidos como cupóns de alimentos- o pasado ano.
Case 6 millóns de fogares tamén afirmaron que recibiron alimentos de emerxencia dun almacén de alimentos gratuítos. A cifra duplicouse desde o 2007, sendo os máis afectados negros e latinos. |
  |
|
|
|
|
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.