Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Comunicado do Colectivo de Presas e Presos Políticos do SRI, do PCE(r) e dos GRAPO
07/11/2010
O obxecto deste comunicado é denunciarmos a campaña de asañamento e aniquilación que está a levar a cabo o Estado fascista e terrorista español contra o Colectivo de Presos Políticos do PCE(r) e dos GRAPO.

Malia non ser nova esta situación, pois xa levamos moitos anos padecendo un meticuloso plan deseñado para que reneguemos das nosas ideas democrático-revolucionarias e para que abandonemos a nosa xusta liña de Resistencia, nos últimos tempos esa campaña medrou de maneira significativa en todos os terreos, a empezar polo xudicial. Se sempre denunciamos que os xuízos celebrados na Audiencia Nacional son unha auténtica farsa, deuse ultimamente un paso máis nese sentido coa celebración de continuas montaxes xurídico-policiais para encarcerar de por vida a Manuel Pérez Martínez, Secretario Xeral do PCE(r) ou para condenar a cadea perpetua a outros dirixentes comunistas como Juan García Martín. Habería que retroceder á época franquista, en que os tribunais militares aplicaban sen descanso as leis de “represión da masonería e o comunismo” ou as de “bandidaxe e terrorismo”, para atoparmos unha situación semellante neste terreo.

Hoxe, estas montaxes poden ter lugar non só grazas ao arsenal de leis represivas, as chamadas “antiterroristas”, das que se dotou o Estado, senón particularmente á última delas, á fascista Lei de Partidos, especialmente dedicada a criminalizar as organizacións da resistencia política, como é o caso do PCE(r), as de solidariedade cos presos políticos ou as da esquerda abertzales que no País Vasco loitan porque se recoñeza o seu programa independentista e o dereito do pobo vasco á autodeterminación. Tampouco podemos esquecer que esta lei pende como unha espada sobre o futuro de organizacións sindicais independentes, de mozos antifascistas ou de calquera outro colectivo que se radicalice á calor da loita de clases.

Os presos políticos somos os reféns con que o Estado pretende chantaxear o conxunto do movemento de resistencia organizado. Para iso, iniciou a súa política de dispersión e illamento, afastándonos centos de quilómetros do noso entorno familiar e a nos manter á maioría en réxime de absoluto illamento. Esa criminal política segue a se intensificar: impedindo as nosas comunicacións escritas, dificultando e, nalgúns casos, suprimindo as comunicacións cos familiares e amigos, impoñendo humillantes cacheos aos nosos achegados, etc.

A súa sede de vinganza semella non ter limites. Non contentos con nos impoñer decenas de anos de cárceres, o Estado fascista español inventouse a chamada Doutrina Parot, que posibilita que un gran número de presos políticos que xa cumpriran a súa condena continúen en prisión. Este é o caso de Xaime Simón Quintela, que leva máis de 25 anos encarcerado e a quen se lle prolongou por 10 anos máis. Outro tanto cómpre dicirmos da permanencia en prisión dos presos políticos gravemente enfermos, como Paco Cela Seoane, Laureano Ortega Ortega, Carmen Muñoz Martínez, Arango Riego, Mª José Baños Andújar, Isabel Aparicio Sánchez e algúns outros, cuxa liberación inmedita esiximos.

Como é lóxico, calquera preso desexa saír de prisión e nós non somos unha excepción, mais non fomos encarcerados por unha cuestión persoal, senón polas nosas ideas, e de saírmos dela será para defendermos as mesmas ideas e proxectos democrático-revolucionarios polos que no seu día fomos encarcerados, do contrario aquí seguiremos.

Por todo isto, a partir do 1 de decembro, encetaremos unha xornadas de xaxún que, nun principio, serán todas as terzas e sextas feiras, tendo moi presente que os compañeiros enfermos e os que levan máis de vinte anos en prisión e participaron en longas folgas de fame poderían empeorar o seu xa delicado estado de saúde.

Derrogación da Lei de Partidos!

Liberación inmediata dos presos políticos gravemente enfermos e dos que xa cumpriron a súa condena!

Reunificación de todos os presos do PCE(r) e dos GRAPO nunha mesma prisión!


Outubro 2010.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com