Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Crise coreana made in Washington
29/11/2010
A verdadeira provocación foron as desproporcionadas manobras conxuntas surcoreanas-estadounidenses

Deirdre Griswold
International Action Center
23/11/10

Cada vez que nos medios de comunicación estadounidense aparece unha repentina 'crise' relacionada con Corea do Norte, o seu enfoque sempre é que a República Popular Democrática de Corea (a socialista Corea do Norte) fixo algo totalmente irracional que a provocou.

Desprezan completamente os feitos canto ao sucedido e canto ás causas, o que ten a mesma importancia que o anterior.

Si, é certo, a RPDC disparou proxectís sobre a illa de Yeonpyeong o 23 de novembro. Segundo fontes oficiais surcoreanas, dous dos seus soldados morreron. Mais os disparos foron ás 14:34 hora coreana. Que pasou antes?

70.000 soldados surcoreanos foran mobilizados para faceren 'exercicios' militares xusto na fronteira marítima entre o norte e o sur, que é territorio en disputa. Os surcoreanos admiten que dispararon proxectís en augas que a RPDC considera o seu territorio ás 13:00 horas, máis de unha hora antes que a resposta do norte.

Se Corea do Sur, e o seu poderoso aliados, os Estados Unidos, quixesen evitar a confrontación coa RPDC, dispararían nunha área en disputa? En especial, cando xa a RPDC declarara que as manobras militares estaban «simulando unha invasión do norte»?

A provocación provén dos Estados Unidos e do sector dereitista do réxime surcoreano, non da RPDC.

Este 'exercicio' militaren con 70.000 soldados do réxime surcoreano está programado que continúe até o 30 de novembro. Aínda que os EUA oficialmente negan a súa participación, CNN.com informou que o 23 de novembro «foras estadounidenses proporcionaron cobertura aos surcoreanos no exercicio militar, mais non estaban na área do disparo». Perfecto. Están formado parte da provocación mais se sitúan fóra do tiro.

De feito, o estamento militar surcoreano está profundamente integrado co Pentágono. En xullo, os dous países fixeron unhas 'manobras' conxuntas nas mesmas augas, cerca da costa occidental da península coreana. Nas manobras participaron 200 aeronaves e 20 buques, entre eles o portaavións nuclear USS George Washington.

Os medios de comunicación imperialistas están a dicir agora que a 'belixerancia' da RPDC está colmando a paciencia de China. China foi aliada de Corea do Norte desde 1950, cando forzas estadounidenses invadiron Corea do Norte, bombardearon todas as súas cidades e ameazaron o novo goberno revolucionario de China cunha guerra nuclear.

Mais mentres China está buscando unha solución pacífica á presente crise, non hai ningunha dúbida de que percibe a belixerancia dos EUA sobre Corea do Norte como unha ameza para o seu propio desenvolvemento pacífico.

Li Jie, investigador da academia militar naval chinesa, escribía o 12 de xullo no China Daily verbo dos 'exercicios' surcoreanos-estadounidenses programados para máis adiante nese mesmo mes:

«Un exercicio conxunto coa República de Corea (do Sur) en augas chave cerca das súas bases asiáticas axudará os EUA a conseguir varios obxectivos estratéxicos na rexión»,dicía Li.

«Primeiro, os exercicios axudarán os EUA a manter a presión contra o que eles denominan o inestábel réxime da RPDC. Tamén poden ser unha indicación explícita da postura dos EUA de que a única superpotencia mundial apoiaría con firmeza á República de Corea e Xapón en caso de conflito militar entre Pyongyang e os dos tradicionais aliados asiáticos de Washington.»

«Ademais, un exercicio militar coidadosamente desenvolvido no Mar Amarelo axudará os EUA a recoller información xeográfica e militar dalgúns países asiáticos (especialmente de China) bordeando as súas vastas augas.»

«O xeneral Ma Xiaotian, segundo xefe do Exército Popular de Liberación, expresou a súa 'firme oposición' ás manobras programadas entre os EUA e a República de Corea.»

No entanto as manobras non se detiveron.

Non hai nada de 'irracional' nin na resposta da RPDC nin nas preocupación dos militares chineses. O imperialismo estadounidense librou unha horríbel guerra contra a revolución coreana de 1950 e 1953, da que resultaron millóns de mortos. Desde entón, ocupou Corea do Sur, cunha forza que aínda conta con 30.000 efectivos. Rexeitou sequera discutir unha tratado de paz que finalizara formalmente a guerra.

Debería ser unha sorpresa, por tanto, que a RPDC saiba que ten de estar preparada sempre para repeler outra invasión?

É sorprendente que os líderes chineses estean alarmados cando o imperialismo estadounidense, ao mesmo tempo que fai alí diñeiro con investimentos e relacións económicas, non obstante, tente rodeala militarmente?

No canto de difundiren propaganda antinorcoreana en forma de psicanálise dos seus líderes, por que non se preguntan os medios de comunicación por que os líderes estadounidenses fan o que fan? Por que desde hai mais de 60 anos tiveron unha política hostil con Corea do Norte, desde que tivo lugar a súa revolución anticolonial e anticapitalista? Por que non asinan un tratado de paz coa RPDC para que o pobo coreano poida traballar por un desarme real e pola súa reunificación?

Mais iso sería un recoñecemento de que os EUA están dirixidos por unha clase de multimillonarios que engordou coa guerra e a explotación de cada unha das zonas do mundo e que ten unha vasta historia de creación de escusas para a súa sanguenta expansión militar. Os medios foron parte desta vergoñenta historia desde que os xornais de Hearst inventaron unha escusa para invadir Cuba en 1898

Non queremos outro 'Golfo de Tonkin' ou outras mentiras sobre 'armas de destrución masiva'. O inimigo da clase traballadora está aí diante, nos consellos de administración e os bancos do capitalismo estadounidense, que están a destruír todo o que a xente gañou durante xeracións con loita e traballo duro.

Non máis agresións contra a Corea Socialista! Levantade as sancións e traede as tropas estadounidenses a casa!

Ler máis
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com