Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Declaración da Secretaria Xeral do CC do KKE, Aleka Papariga sobre os resultados das eleccións locais de novembro de 2010
10/11/2010


KKE

Saben moi ben que as listas que formou o KKE a nivel nacional co mesmo nome nas rexións e nos concellos, xunto con outros militantes cos que participamos nas loitas, tiveron un grande medre electoral tanto nas rexións como nos concellos. É certo o mencionado polos comentaristas, o KKE é a única forza política que logrou un significativo aumento nas eleccións locais e rexionais. Saben que desde o principio outorgamos un carácter político xeral ás eleccións locais.

Chamamos o pobo a votar en contra do PASOK e da ND pola política que implantaron durante máis de vinte anos e, sen dúbida, nesa política inclúese o memorando, as bárbaras medidas que tomaron e van tomar a partir de agora. Chamamos o pobo a se agrupar, a loitar, a contraatacar parar enfrontar os problemas urxentes e para crear as condicións previas de derrocamento xeral destas políticas, para o cambio radical da correlación de forzas a nivel político.

Escoitamos o que o presidente acaba de dicir e coidamos que non quere nin pode entender nada do resultado electoral, que, segundo a nosa opinión, expresa a condena da política do PASOK sen fortalecer a unha ND que non pode afirmar que a súa loita contra o memorando é verdadeira. Nós consideramos falsa esta loita.

Agradecemos á xente que por primeira ou segunda vez votaron polas listas apoiadas polo KKE. Consideramos que contribuíron significativamente na mensaxe política positiva desta batalla electoral. Sabemos moi ben que non abonda con nos sentir reivindicados e satisfeitos. As responsabilidades que asumimos medraron vigorosamente.

Coidamos que debemos confrontar as nosas debilidades e deficientes para facermos o que é máis importante: contribuírmos á unidade popular, a agrupación, a organización da loita do pobo diariamente para impedirmos as medidas peores que van chegar e crearmos as condicións previas para que este resultados libere as forzas populares e para que veñan mellores días para o pobo.

O pobo debe mirar adiante

Dirixímonos aos que se abstiveron coa intención de condenaren a política do PASOK e da ND, convidándoos a o pensaren de novo. Teñen a oportunidade, desde agora, de daren esta mensaxe de condena dunha maneira activa a través do movemento así como nas urnas nas vindeiras eleccións, na segunda rolda das eleccións locais.

Dirixímonos ás persoas que votaron por outras listas coidando que estaban a dar unha mensaxe de condena ao goberno, a reflexionaren. Pensamos que no próximo período terán a oportunidade de se decataren de que este voto non ofrece unha saída. Hoxe falamos de posibilidades e oportunidades de agrupación e fortalecemento e niso concentraremos a nosa atención.

Haberá unha segunda rolda de eleccións rexionais e locais. En moitos casos pasamos, ou semella que temos moitas posibilidades de facelo, á segunda rolda. Así que chamamos aos que se abstiveron e aos que votaron por outros partidos a fortaleceren a dinámica creada até agora.

Nas zonas onde as listas da “Agrupación Popular” non pararon á segunda rolda, chamamos o pobo a votar en contra dos dous partidos; que non elixa entre os dous, o PASOK e a ND, cal será o gañador. Sería un paso atrás. A solución é a seguinte: que se afaste de ambos os dous partidos. Ningún deles vai cambiar.

O discurso do presidente demostrouno: non fixo nada de autocrítica, distanciándose do resultado electoral. Coidamos que isto é válido tamén para a ND. O pobo debe mirar adiante e deixar que os dous partidos traten entre eles a correlación de forzas. Os sectores obreiros e populares deben mostrar que comezaron a se emanciparen e a loitaren polo cambio de correlación de forzas, sen o cal non se pode abrir o camiño para a prosperidade social e popular.

Somos categóricos e deixámolo claro desde o principio, inclusive en eleccións anteriores: o pobo non debe mostrar preferencia por ningún dos dous na segunda rolda. Isto non significa nin pasividade nin neutralidade. Significa que apuntamos a saída verdadeira; o que precisa o noso país.

Xornalista: “Segundo o visto, o KKE, a nivel nacional, logrou a mellor porcentaxe electoral desde a fin da ditadura en Grecia en 1974”.

Aleka Papariga: “Evitei referirme a porcentaxe porque estamos agardando o resultado final. En calquera caso, o Comité Central vai elaborar a declaración final e oficial. No entanto, todo amosa que a porcentaxe do KKE pode achegarse o 12%. Subliñamos que non dixemos á xente que votara tendo como criterio asuntos relacionados estritamente coa administración local. Chamamos o pobo a votar con criterios políticos e realmente abrir novas perspectivas. Isto levounos, como dixen, a nos sentirmos reivindicados e satisfeitos, ao tempo de sermos conscientes da grande responsabilidade que asumimos.”
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com