Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Declaración do voceiro do Ministerio de Relacións Exteriores da RPDC sobre os acontecementos do 23
26/11/2010

KCNA
24/11/10


Como xa se informou polo Comando Supremo do Exército Popular de Corea, o 23 de novembro al Forzas Armadas Revolucionarias da RPDC tomaron unha medida decisiva de autodefensa para faceren fronte á imprudente provocación militar do inimigo (Corea do Sur), que disparou proxectís ao interior das augas territoriais da RPDC na zona das illas de Yonphyong, no Mar Occidental de Corea.

O exército da RPDC advertiu varias veces que se un só comando disparaba cara ao interior das augas territoriais da RPDC, acometerían un ataque de represalia contra as baterías militares dos illotes Yonphyong, durante a realización das manobras militares destinadas a unha guerra de agresión contra a RPDC, denominadas co código Hoguk.

Ás 8:00 am do 23 de novembro, o mesmo día do incidente, o xefe da delegación da RPDC encargada das conversas entre as dúas Coreas, enviou unha mensaxe telefónica á delegación inimiga instándoa, máis unha vez, a cancelar o plan para a posta en marcha das indicacións de disparo cara ás augas localizadas ao redor dos illotes, as augas sensíbeis.

Malia isto, o inimigo cometeu a extremadamente imprudente provocación militar de lanzar decenas de proxectís desde o illote ás augas territoriais da RPDC sobre as 13:00.

O inimigo disparou proxectís xustamente desde esta illa, tan achegada ao territorio da RPDC, habendo tantas montañas e ríos, tanta superficie marítima e tantas illas dentro do sur de Corea. Este feito tan coincidente e sospeitosos non pode interpretarse doutra maneira que como unha provocación por motivos políticos.

O inimigo (Corea do Sur) asegura que disparou proxectís desde o illote en dirección sur, tentando non danar os nervios da RPDC, mais o certo é que os illotes Yonphyong están no interior das augas territoriais da RPDC, lonxe da liña da demarcación militar marítima. Se os proxectís son disparados desde o illote, á forza teñen de caer dentro das augas territoriais da RPDC; por mor destas características xeográficas, non importa en que dirección se disparen.

O ulterior obxectivo perseguido polo inimigo é crear a impresión de que a RPDC recoñeceu as augas dos illotes como o seu ‘mar interior’, de ser así, non existiría resposta física por parte do primeiro.

Nisto radica o astuto e perverso carácter provocativo do inimigo.

O exército de Corea do Norte tomou como medida de autodefensa o disparo de mísiles cara ás posicións de artillaría desde as que o inimigo disparou os seus proxectís, xa que non está disposto a HACER OIDOS SORDOS.

Este incidente é un dos máis perigosos que tiveron lugar desde o estabelecemento da ‘liña límite norte’, fixada unilateralmente por Clark, comandante das forzas da ONU, o 30 de agosto de 1953, após a celebración do Acordo de Armisticio Coreano.

Os EUA, os seus seguidores e algúns xefes dos organismo internacionais deben decatarse do mal hábito de acusaren a alguén sen antes coñeceren a verdade do incidente.

É BOTAR ACEITE AO LUME que defendan a Corea do Sur, a criminal, pola única razón de ser a súa aliada.

A RPDC, comprometida coa paz e a estabilidade da península de Corea, está a facer agora un exercicio sobrehumano de autocontrol, mais as pezas de artillaría do exército da RPDC, o defensor da xustiza, están preparadas para dispararen.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com