|
Forxa!: Contra as reformas e as medidas antiobreiras, continuar a loita
|
01/11/2010 |

A crise económica mundial intensifícase. A nivel internacional, os capitalistas desenvolven unha ofensiva sistemática contra a clase obreira co obxectivo de abaratar os custos de produción, reducindo os salarios e os custes sociais, desmantelando progresivamente o que se deu en chamar sociedade do benestar, para así manter a súa taxa de ganancias e prepararse para resistir o efecto da recesión e continuar o seu camiño explotador, levando a clase traballadora cara a unhas condicións de vida propias do século pasado .A pasada folga do 29-S non foi ningún fracaso tal e como afirman as distintas forzas que actúan de portavoces da burguesía. A participación masiva de millóns de obreiros ,a mobilización e a loita na rúa foron exemplos claros da forza e a determinación coa que conta a día de hoxe o movemento obreiro.Debemos vencer as vacilacións e dilacións das centrais e dos xefes reformistas. Seguir avanzando e desenvolvendo a loita e a mobilización, buscando a unidade pola base de todas as forzas sindicais, superando particularidades e as distintas concepcións e sensibilidades sindicais para constituír unha única fronte de loita no camiño de derrotar as acometidas do capital contra os dereitos da clase obreira. Novas medidas pretenden implantarse agora. A reforma das pensións e da negociación colectiva son medidas formuladas xa polo novo goberno do PSOE e auspiciadas pola patronal. “Este será o goberno das reformas”, anunciou cinicamente o presidente Zapatero. Desde a rúa, desde as fábricas, debemos responder pelexando, seguindo o exemplo dos camaradas de Grecia e de Francia, conscientes de que para garantir o noso futuro serán precisos os esforzos e os sacrificios se non nos queremos ver condenados a traballar mais e gañar menos.Como en Grecia, como en Francia!Continuar a loita, avanzar cara a unha nova folga xeral indefinida! |
  |
|
1 Comments: |
-
Totalmente dacordo co texto. Debemos darlle continuidade á loita contra as reformas antiobreiras como fan en Francia e Grecia, que ninguén se durma nos laureis. Haber se se anima a CIG, e outras centrais sindicais, a convocar unha folga xeral indefinida coincidindo coa de Portugal, por exemplo.
|
|
<< Início |
|
|
|
|
|
Totalmente dacordo co texto.
Debemos darlle continuidade á loita contra as reformas antiobreiras como fan en Francia e Grecia, que ninguén se durma nos laureis.
Haber se se anima a CIG, e outras centrais sindicais, a convocar unha folga xeral indefinida coincidindo coa de Portugal, por exemplo.