Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Grecia: Segunda rolda de eleccións rexionais e locais
15/11/2010
Publicado por Forxa!


KKE


Expresión de indignación cara á política do goberno do PASOK, da ND e da UE

O 14 de novembro tivo lugar a segunda rolda das eleccións rexionais e locais que confirmou a grande indignación dos traballadores en Grecia coas medidas do goberno socialdemócrata do PASOK implantadas co apoio da UE e do FMI.

Cómpre termos en conta que na primeira rolda das eleccións, o KKE, que foi representado polas listas da 'Agrupación Popular', foi o único partido que aumentou a súa porcentaxe (+3,3% en relación coas eleccións parlamentares de 2009), chegando ao 11%, e conseguiu aproximadamente 600.000 votos (592.977), é dicir, case 80.000 votos máis que nas pasadas eleccións. Este resultado é moi importante xa que se logrou en condicións de aumento da abstención, xa que a participación foi do 61%.

O KKE elixiu 41 concelleiros rexionais e máis de 500 municipais.

As listas apoiadas polo KKE pasaron á segunda rolda só en dous municipios, en Petroupole (zona obreira de Atenas) e en Ikaria. Nos demais municipios onde se confrontaron as forzas do bipartidismo burgués (PASOK-ND) e os supostamente 'independentes' ou representantes dos partidos que apoian a UE, o KKE chamou o pobo a votar en contra dos dous co voto branco ou nulo.

Segundo os resultados, a participación na segunda rolda foi aínda menor que na primeira (aproximadamente o 45%), mentres que houbo un aumento dos votos brancos ou nulos.

No municipio de Petroupole, o candidato do KKE, que na primeira ronda acadou o 21,6%, na segunda gañou co 55%.

No municipio de Ikaria, onde o KKE consegue tradicionalmente bos resultados (nas eleccións parlamentares do pasado ano logrou un 35%), o representante do KKE conseguira na primeira rolda o 43,9%. No entanto, na segunda rolda prevaleceu o seu opoñente que contaba co apoio de todas as demais forzas políticas do país (o PASOK socialdemócrata, a ND conservadora, o SYN/SYRIZA oportunista, o LAOS nacionalista). A porcentaxe final que conseguiu o candidato comunista chegou ao 48%.

O KKE, xusto despois da batalla das eleccións, continúa a súa loita sen cesar. Organiza grandes manifestacións o luns 15 de novembro en Atenas, Tesalónica e outras cidades por mor da chegada a Grecia dos representantes da troica (UE, FMI, Banco Central Europeo).


Declaración da Secretaria Xeral do CC do KKE, Aleka Papariga,l sobre os resultados das eleccións locais

A Secretaria Xeral do CC do KKE, Aleka Papariga, fixo a seguinte declaración o domingo á noite sobre os resultados da segunda rolda:

«A segunda rolda para a elección dos órganos estatais locais fixo máis forte, ampla e profunda a mensaxe da primeira rolda que para nós expresou a indignación popular e o descontento a respecto da política do goberno e da política da ND. Cando falamos de indignación e descontento non nos referimos ao xeito en que se exerce ou administra o poder, senón á indignación do pobo polo deterioro da súa posición, pola perda das conquistas que mantivera durante os últimos anos por mor do Memorando e a súa utilización como escusa.

O debate sobre a ampla abstención é algo que nos preocupa a nós tamén. Como saben, estamos en contra da abstención; estamos a prol da participación activa e estamos satisfeitos comprobando que boa parte dos que votaron pola Agrupación Popular na primeira rolda foi ás urnas tamén na segunda rolda para votar en branco ou nulo. A pregunta é a seguinte: Son hipócritas os que derramen bágoas pola abstención. Quen desmobilizou o pobo? Quen se mofa das loitas, da participación organizada nos sindicatos, nas asembleas populares nos barrios e nos centros de traballo? Quen se burla das folgas? Por suposto, cando unha grande parte do pobo non participa na acción sindical organizada dos traballadores e do pobo, é natural que elixa, á hora das eleccións e malia o seu descontento, ficar na casa. Mais, quen fomentou a idea ao pobo de que non hai nada alén da vía de sentido único da UE e dos monopolios?

Nós coidamos que se está a fortalecer a corrente de indignación e descontento. Desenvólvense procesos políticos na consciencia do pobo malia estaren aínda incompletos. Estamos dispostos a nos reunir coa xente que votou en contra do PASOK e da ND, cos que se abstiveron por razóns políticas embora non estarmos de acordo coa forma de protesta. Estamos dispostos a nos reunir con eles para construírmos unha corrente de todo o pobo de organización e de loita, sobre todo nos centros de traballo e nos barrios.

Temos de dicir que a manifestación de mañá non é un fin en si propia, senón un punto de partida. En primeiro lugar, hai que organizar o contraataque sistemático en contra das novas, duras e implacábeis medidas, que nin sequera podemos imaxinar. Nós somos capaces de entender por onde van as cousas, mais agora existen posibilidades que debemos aproveitar, non a través da abstención senón coa participación activa para previrmos calquera medida e lograrmos algunha ganancia. Si que existe saída.

Nunca houbo na historia deste país, igual que na historia mundial, unha soa vía.

A crise intensificarase, tanto en Grecia como na UE. Os signos son claros. Por tanto, o pobo loita polos asuntos urxentes, como o problema dos desempregados, da seguridade social, e ten de poñer en marcha procesos de cambio radical da correlación de forzas, sobre todo no movemento sindical, nos órganos onde prevalece a aristocracia obreira que quere asimilar o pobo, non emancipalo. Non hai outra solución. Cómpre cambiarmos a correlación de forzas de abaixo para que despois cambie arriba. A discusión sobre varios escenarios de colaboración, debates, reunións, etc., é indicativa de que a crise se intensificará. A nosa posición é clara: Ningún consenso cos partidos que apoian a política da UE, o Memorando, os monopolios. Ningún consenso cos partidos e as forzas que inclinan a cabeza en nome do realismo e tentan aplacar e impedir o radicalismo. Estamos dispostos ao accionar conxunto desde abaixo tendo como criterio que a acción conxunta debe basearse nos intereses da clase obreira, dos pequenos comerciantes, dos campesiños pobres. Ante todo, é necesaria a alianza social claramente definida e nesta base é onde se producirá o cambio da correlación de forzas.

Non son casuais as discusión de diferentes escenarios. Hoxe existen partidos pequenos e certos políticos que están dispostos a lexitimaren a política do goberno ou a botaren unha man de axuda para a recuperación da ND. Nós queremos formar a fronte popular desde abaixo. Este é o camiño que o garante todo.

Só cando o pobo se converta en protagonista haberá esperanzas reais de saída. Todo o demais apunta a que a xente fique na casa a agardar a que partidos obsoletos, no tocante á súa postura cara ao pobo, resolvan os seus problemas, ou que isto veña de 'novas' caras na política. O vello e o novo deben existir na confrontación entre a política dominante e o pobo.»


15/11/2010
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com