Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O PC da China e os seus diálogos estratéxicos co PASOK e a Internacional Socialista
25/11/2010

Rizospastis
Órgano do CC do KKE
19/11/2010

É ben coñecido que o KKE chegou á conclusión de que na China actual se desenvolven as relacións capitalistas coa particularidade de isto acontecer so a dirección política dun partido que se di 'comunista'.

Sábense ben as consecuencias deste desenvolvemento: ascenso de China á posición superior entre os países coa maior taxa de desenvolvemento capitalista e número de multimillonarios; abolición de importantes logros dos traballadores como a sanidade e a educación gratuítas que hoxe os traballadores teñen que pagar, millóns de desempregados e traballadores mal pagados.

Por iso, non foi casualidade que Liu Jieyi -Director Adxunto do Departamento de Relacións Internacionais do Partido Comunista da China-, na súa reunión (16 de novembro) co primeiro ministro grego e presidente do PASOK e da Internacional Socialista, Georgios Papandreou, dixese que: «A relación entre o PASOK e o Partido Comunista da China é excelente e temos toda a intención de colaborar estreitamente para promovermos as relacións entre os partidos e, a través desta canle, reforzarmos a cooperación estratéxica excelente entre os dous países, especialmente agora que nos enfrontamos a tantos desafíos». Liu Jieyi non esqueceu felicitar a Papandreou polos «seus resultados excelentes nas eleccións». Non podería ser doutro xeito, xa que os representantes políticos dos monopolios (como COSCO*), independentemente da súa presentación ('socialista' en Grecia ou 'comunista' na China), entenden os seus intereses clasistas comúns.

As decisión antipopulares do goberno do PASOK reciben o saúdo e o apoio dos funcionarios chineses coa condición de que abran o camiño para os monopolios chineses.

Como soubemos por Liu Jieyi, o interese do Partido Comunista da China non se limita só ao PASOK 'socialista', senón que abrangue a Internacional Comunista no seu conxunto. Como el mesmo dixo: «Consideramos moi importante a continuación da coordinación e o intercambio de pareceres, así como o diálogo estratéxico entre a Internacional Socialista e o Partido Comunista da China. Temos toda a intención de continuar este diálogo porque nas reunións destes dous últimos días comprobamos as cousas en común entre a Internacional Socialista e a orientación política do Partido Comunista de China».

Cómpre lembrarmos que esta 'Internacional' en concreto apoiou as guerras imperialistas dos EUA e da OTAN, que constitúen un piar político de apoio do sistema de explotación capitalista en Europa e en todo o mundo.

Após todo isto, podémonos preguntar se o Partido Comunista da China está a piques de abandonar a súa última 'folla de figueira', o seu nome.

--------

(*) Nota de Estoutras: COSCO, China Ocean Shipping (Group)Company, é unha das maiores empresas multinacionais de transporte marítimo, propiedade do goberno chinés, con seis sociedade e máis de 300 filiais. Posúe máis de 130 buques que operan en máis dun cento de peiraos de todo o mundo.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com