|
Os puntos sobre os is
|
30/11/2010 |

Jon OdriozolaGara30/11/10Hai veces en que non por sabido se esquecen os glacis ou miolos. Por exemplo, o paro laboral. E a súa obscena utilización como arma arreboladiza puramente electoral. O PP usa a alta cifra de desemprego contra o Goberno do PSOE como se este for o culpábel do mesmo. E non o modo de produción capitalista. Un capitalismo en crise estrutural e non conxuntural. Os tempos de bonanza -como a industria do ladrillo- son a excepción e non a norma. Nos anos 80 tivo de ser o PSOE quen xestionase as brutais reconversións industriais, xa que cun goberno do PP serían imposíbeis e pouco menos que se tivese tomado o Palacio de Inverno. Para o traballo sucio, mellor a 'esquerda', o PSOE. Hoxe acontece outro tanto, só que o PSOE tamén está desacreditado. A crise actual non sería mellor 'xestionada' -un termo impudicamente mercantil como se fósemos manada nas mans de oficinistas- polo PP que polo PSOE: o problema é o capitalismo, sendo estes partidos parte do problema. E isto por estaren no mesmo barco e viviren do mesmo conto.Como tamén é unha falacia dicir que o paro é un 'problema' e non unha solución para o capitalismo. É certo que preferirían un 10% de paro permanente ao 20% actual, mais non tanto por esa cifra en si, senón polas posíbeis repercusións desestabilizadoras para o sistema. O 'exército de reserva' dos parados sempre foi un exutorio, un alivio, para o Capital, como dicía Marx. Iso frea os salarios.Marx tamén dicía que, a falar do traballo alienado, o obreiro é máis pobre canta máis riqueza producir. Un traballador que é tratado como unha mercadoría -unha cousa- que vende o único que ten: a súa forza de traballo a quen é propietario -e toda propiedade é un roubo- dos medios de produción en contradición co carácter social da produción, poden pintalo como queiran. O mesmo que na relixión: canto máis pon o home o mellor das súas virtudes máis nobres nun Deus imaxinario e fantástico, máis baleiro e menoscabado se sente: un produto da súa mente! Alienación relixiosa. O traballo, di Marx -síntoo, con Marx son moi pesado-, é externo ao traballador, non pertence ao seu ser. Non é feliz, agás gañe o Athletic. Só está contento fóra do traballo -un domingo comendo rabas coa compañeira, fillos e amigos- e alienado dentro del. O seu traballo non é voluntario, senón alienado. Póñome apocalíptico? Quizais. Un animal come, mais non 'traballa' (se non é un boi). Un humano traballo -forzatraballa- para comer. O traballo non é un fin en si propio, senón un medio para satisfacer as súas necesidades fóra do traballo! Se observan, o obreiro en horas de asueto case nunca fala do seu traballo, se o ten, ou que lle pregunten que tal lle vai é algo 'estraño' para el -e até 'sinistro-. Por iso xoga á lotaría ou ao cupón dos cegos, confiando na sorte para saír da maldición bíblica do traballo... alienado baixo o capitalismo (os ricos nunca xogan á lotaría).Un capitalismo cruel e sanguinario que aliena aínda máis: solicitarlle un traballo (precario) para lembrarnos o que somos: escravos modernos. Aínda que en peores imaxinarias estivemos... |
  |
|
|
|
|
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.