Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Partido Comunista de Irlanda: Quen sementa vento recolle tempestades
23/11/2010


QUEN SEMENTA VENTO RECOLLE TEMPESTADES

Declaración do Partido Comunista de Irlanda
17/11/2010


O Partido Comunista de Irlanda pide á clase traballadora, e en primeiro lugar ás organización que a din representaren, os sindicatos, a resistir as políticas que tanto a Unión Europea como o Fondo Monetario Internacional están impoñendo e imporán no futuro.

Sería gracioso, de non ser tan grave para a clase traballadora deste país, ver como os tres principais partidos institucionais compiten na súa pretendida defensa da soberanía nacional. Todos eles, xunto cos medios de comunicación, arremeteron contra aqueles que formulamos a cuestión da perda de soberanía de subscribirmos o Tratado de Lisboa e do resto de tratados anteriores. Seica non estamos cansos de escoitar a repetida tocata de que a soberanía é un ‘concepto pasado de moda’?

O pobo irlandés terá agora que soportar sobre as súas costas as débedas das empresas corporativas. Unha débeda insostíbel e impagábel. Trátase dunha masiva transferencia da riqueza dos traballadores ás corporacións financeiras mundiais.

As ‘receitas’ do FMI, como as que agora impón a Unión Europea, só provocarán a destrución dos servizos públicos. Os anciáns morrerán en cadeiras mentres agardan por unha cama, serán máis as crianzas que terán de renunciar a operacións e outros tratamentos e moitos irán á cama con fame. Pecharán hospitais e escolas; miles de xubilados acabarán na miseria.

As súas ‘receitas’ consisten en que os pobres, os enfermos, os nosos fillos, os traballadores, as pequenas empresas, os autónomos, as granxas familiares e os perceptores de prestacións sociais sexan quen paguen a crise do seu propio sistema.

Esta débeda corresponde aos especuladores, ás sociedade financeiras, as bancos alemáns e franceses. Non é unha débeda do pobo; non é a responsabilidade do pobo.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com