Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Partido Comunista de Irlanda: A UE o e FMI son os que mandan
23/11/2010


A UE E O FMI SON OS QUE MANDAN

Declaración do Partido Comunista de Irlanda
23 de novembro de 2010

Este goberno, como a economía irlandesa, fixo unha fenda por baixo da liña de flotación e está afundindo. A balsa salvavidas que está ser construída pola UE e o FMI non está deseñada para resolver os crecentes problemas que enfronta o noso pobo, senón só para salvar os ricos e poderosos, en particular, os bancos ingleses, franceses e alemáns, así como ao euro.

As políticas do FMI e a UE non só non resolven os nosos problemas senón que os empeorarán. En todo o mundo, hai unha ampla experiencia das consecuencias da imposición das políticas do FMI. Estas deixaron un regueiro de destrución, con centos de millóns de vidas abocadas á pobreza extrema e a fame. Décadas necesitarán os países de América Latina para se recuperaren dos estragos provocados polas políticas do FMI, e os logros que se conseguiron só foron posíbel rexeitando estas políticas. Grande parte das melloras da última década débense á aparición de gobernos radicais comprometidos a poñer en primeiro lugar á xente e non aos bancos e ás institucións financeiras.

É evidente que todos os principais partidos se limitan a permitir que a UE e o FMI decidan o futuro do noso pobo e o destino do noso país. Todos acordaron, en maior ou menor medida, que cumprirán con todas as esixencias e desexos da Unión Europea.

De non haber un cambio político radical e un desenvolvemento alternativo da economía popular, decenas de miles de persoas abandonarán o noso país empurradas pola pobreza. Ningún dos principais partidos políticos ten nada distinto que ofrecer ás medidas que o goberno vai aplicar. Todas as declaracións do Fine Gael e o Partido Laborista sobre alternativas e novas negociacións coa UE e o FMI non son máis que promesas electorais e palabras ao vento. A UE e o FMI non están a negociar, eles están ordenando, e están seguros da obediencia do goberno, sempre e cando non se produza unha forte mobilización popular en defensa da soberanía do pobo.

Quen deposite esperanzas no Fine Gael e coide que o Partido Laborista vai facer algo diferente, algo que non sexa cumprir os desexos das grandes empresas e da UE, só ten que ver o papel de Blair en Inglaterra, de Schröder en Alemaña e, agora, de Papandreou en Grecia, para comprender como os gobernos socialdemócratas continúan co programa dos conservadores.

Os sindicatos necesitan rachar co seu actual enfoque inoperante e comezaren a actuar de maneira independente, desenvolvendo as súas propias demandas políticas. O pobo traballador non pode darse o luxo de permanecer pasivo, senón que debe converterse nunha forza política independente e non ser simples carne de voto.

Un bon punto de partida é rexeitar a débeda. Non pertence ao pobo.

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com