Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Resposta do IRSP ao golpe de estado do FMI en Irlanda
23/11/2010


Partido Socialista Republicano Irlandés
22/11/10

O Partido Socialista Republicano Irlandés (IRSP) advertiu a ameaza á democracia irlandesa que significan as imposicións dos burócratas da Unión Europea e do Fondo Monetario Internacional ao pobo irlandés.

Ross Gildea, do IRSP, afirmou:

«Este goberno é unha afronta á democracia e, obviamente, non ten respecto polos cidadáns irlandeses. Enfrontámonos agora a unha situación desastrosa en que os voitres da clase capitalista, o FMI, alzaron o voo e a súa influencia en Irlanda non só representa unha maior erosión á democracia irlandesa e á soberanía, senón tamén terá uns devastadores efectos sociais. O FMI é o inimigo da clase obreira é a súa actuación noutros países debe servirnos de advertencia do que está por chegar. Defenden as privatizacións e propoñen receitas que traerán aínda máis desemprego a Irlanda. Isto significará que os investidores de Londres e Nova York terán aínda maiores cotas de poder e influencia sobre o futuro e vidas dos vosos fillos. O IRSP non ficará quedo diante da draconiana austeridade dos orzamentos que ameazan aos máis vulnerábeis da nosa sociedade, facéndolles, como sempre, soportaren o peso da desfeita do sistema capitalista.»

Continuou:

«É indignante que este goberno, tamén responsábel da actual crise económica, siga no cargo. Do mesmo xeito, é unha vergoña que as institucións financeiras privadas poidan chantaxear o pobo irlandés. Os bancos deben ser nacionalizados, mais como vimos co Anglo Irish Bank isto non abonda. Tanto na esfera económica como política debemos, como país, reformular o que para nós significa o termo democracia. Precisamos representantes suxeitos a revogación polo pobo en calquera momento é é necesario o control obreiro sobre calquera institución, algo vital para a edificación dunha economía sostíbel. Os nosos recentes problemas económicos e políticos demostran esta necesidade. É evidente que aqueles que habitan os despachos do poder decidiron prescindir de calquera aparencia de protección social e encetaren o ataque total ás condicións de vida e aos salarios dos traballadores. A presenza do FMI é desastrosa para Irlanda e a emigración masiva continuará. Abonda con mirarmos o que o FMI fixo en Arxentina e Xamaica, por dar dous exemplos, para coñecermos o que lle agarda a Irlanda.»

O militante do IRSP finalizou dicindo:

«Necesitamos enviar unha clara mensaxe a este goberno, aos burócratas da Unión Europea e ao FMI. O pobo irlandés loitará pola súa soberanía e resistirá calquera intento de que sexa a clase obreira quen pague a crise. O IRSP continuará enfrontándose aos draconianos e antidemocráticos recortes, tanto no norte como no sur da fronteira e coidamos que o único camiño para cambiarmos esta situación é que o pobo tome as rúas. Os partidos institucionais só están interesados no poder, nunca traerán os trocos radicais que precisamos e, por tanto, debemos poñernos en pé e facer as cousas por nós propios.»

O IRSP insta os traballadores, desempregados e forzas progresistas da sociedade irlandesa a se mobilizaren e participaren nas próximas protestas do 27 de novembro e 7 de decembro.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com