Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

ADIANTE exixe a liberdade inmediata do Miguel
23/12/2010
ADIANTE (Mocidade Comunista pola Independencia de Galiza)

Desde ADIANTE solidarizámonos incondicionalmente co Miguel, o xoven traballador, sindicalista da CUT e veciño do barrio vigués de Barreiro ingresado na cadea desde o pasado sábado. Miguel, un compañeiro exemplar e un militante infatigábel que loita cóbado con cóbado coa militancia de ADIANTE filiada á CUT, pasou 72 horas detido e privado dos seus dereitos na comisaría de Vigo acusado de, presuntamente, ter prendido lume a dúas oficinas do Inem da comarca.

Pero se agora mesmo o xoven traballador está preso no CP A Lama non é por outra cousa que por razóns estrictamente políticas. Como temos salientado noutras ocasións, a prensa do sistema volveu a se coordenar dun xeito mais que descarado coas forzas represivas para criminalizar dunha forma sensacionalista ao compañeiro detido. É asi que, desde a nosa Organización, exiximos para xa a súa inmediata liberación e a recuperación de todos os seus dereitos fundamentais.
Para alén, e do mesmo xeito que amosamos todo o noso desprezo cara ese xornalismo lacaio e parapolicial, facémolo tamén cara eses burócratas subvencionados, malchamados sindicalistas, que se apresuraron a seren os primeiros en "condenar" (sic) os actos polos que se acusa ao xoven traballador represaliado. Está claro que non teñen as mesmas présas en "condenar" cando mozas e mozos coma él sufrimos o desemprego, a miseria, a precarieadade e os abusos da patronal.

Sen mais, desde a mocidade comunista galega, temos claro que a detención deste compañeiro quere ser un claro escarmento exemplarizante a toda a mocidade asalariada, estudante ou desempregada da clase obreira que estamos a reforzar día a día e consecuentemente as fileiras do movemento obreiro galego e do novo sindicalismo combativo, non-pactista, verdadeiramente nacional, verdadeiramente de clase e non-subvencionado.

SOLIDARIEDADE CO MIGUEL!!
ADIANTE COA LOITA DA MOCIDADE OBREIRA!
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com