Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Carta do KKE aos Partidos Comunistas e Obreiros de Europa
02/12/2010
Sección de Relacións Internacional do CC do KKE
Atenas, 1 de decembro de 2010


Estimados camaradas;

En poucos días celebrarase en París o III Congreso do chamado ‘Partido da Esquerda Europea (PEE). O Congreso realízase exactamente nas mesmas datas (3-5 de decembro) que o Encontro Internacional de Partidos Comunistas e Obreiros que este ano ten lugar en Suráfrica. Demóstrase desta maneira provocativa e simbólica o papel divisorio e subversivo do PEE contra o movemento comunista internacional.

Como ben se sabe, o KKE tivo desde o principio unha posición negativa ante a posíbel fundación deste `partido europeo’. Outros partidos, que no pasado seguiran a corrente eurocomunista en Europa e estaban en oposición á URSS e os demais países socialistas de Europa, desenvolveron un papel protagonista na súa fundación. Nisto contaron co apoio dunha serie de partidos que renunciaran á calquera referencia aos ideais comunista, como o partido Synaspismo en Grecia que, de feito, ten un firme papel anticomunista, así como o partido Die Linde de Alemaña. Por último, varios partidos comunistas decidiron participar como ‘observadores’ no PEE, tomando en consideración en cada caso factores diferentes.

Desde aquela, os anos pasaron e coidamos confirmadas a nosa avaliación valorando a actividade, as teses e toda a experiencia da existencia do PEE.

Nos seus documentos programáticos (estatutos e programas) o PEE rexeitar calquera idea comunista, renuncia á tradición revolucionaria, é hostil ao socialismo científico, á loita de clases e á revolución socialista. Segundo os seus estatutos, como parte do marco institucional da UE, acepta a eternidade da UE capitalista e unha condicións fundamental para a súa existencia é que acepte non cuestionar o marco da UE.

Reflíctese isto tamén nos materiais da III Congreso do PEE, onde a través de propostas de tipo ‘”deben darse pasos concretos para afastar as políticas da UE e dos gobernos membros da trampa dos mercados financeiros”, promóvese a “humanización” do capitalismo. Como ‘cambios’ presuntamente ‘radicais’ propóñense medidas de modernización do capitalismo a través dun obxectivo sen saída que ten a ver coa ‘democratización da Unión Europea”, quere dicir, da unión estabelecida polo capital europeo para a explotación máis eficaz dos pobos de Europa e o seu predominio no antagonismo mundial contra os EUA e as demais potencias imperialistas.

O feito de que as forza principais no PEE, que están na dirección do partido e elaboran a súa liña política, operan dentro dos límites do modo de produción capitalista demóstrase tamén a través dos seus chamamentos de apio á UE imperialista para que desempeñe un papel máis importante a nivel mundial. Demóstrase tamén nos seus documentos que se enfocan no chamado ‘neoliberalismo’ fomentando ilusións entre os traballadores de Europa de que no marco do capitalismo é posíbel unha política de xestión diferente que presuntamente pode resolver os problemas populares. Máis unha vez, ponse de manifesto o perigoso papel do PEE, situado á cola da socialdemocracia europea, como vehículo para atrapar forzas no marco do capitalismo.

As bágoas do PEE nos documentos do III Congreso, sobre a constatación de que a desaparición do ‘socialismo real’ deu pé ao deterioro da vida dos traballadores, son unha hipocrisía. As forzas dirixentes no PEE foron as que loitaron xunto coas forzas da dereita e os socialdemócratas contra a URSS e o resto de países socialistas, e hoxe aceptan e utilizan os argumentos da burguesía que identifican comunismo con fascismo. Non é casual que nos documentos do PEE non haxa ningunha referencia á distorsión inaceptábel da historia que está a facer a UE, o Consello de Europa e outras organizacións imperialistas a expensas da historia do movemento obreiro e comunista de Europa.

Os desacordos do PEE sobre a militarización da UE e as relacións internacionais semellan a oración dun sacerdote, xa que este partido declarou o seu apoio a que a UE xogue un papel máis activo no mundo e aceptou a Política Exterior e de Seguridade Común. Outro tanto podemos dicir do chamamento á ‘disolución da OTAN’ canto esta demanda non se acompaña da loita pola retirada de todos os estados membros da mesma.

As referencias a unha solución xusta dunha serie de problemas internacionais (Palestina, Chipre, o bloqueo contra Cuba) son pura hipocrisía cando din que se resolverán, non mediante a loita antiimperialista dos pobos, mais a través da aplicación do dereito internacional e europeo. De que ‘dereito’ fala o PEE? A decisión do Tribunal da Haia, a lexitimar a intervención da OTAN nos Balcáns e no protectorado de Kosovo , demostrou claramente que significa hoxe o dereito internacional e europeo. Outro exemplo é a decisión do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, que reivindico Letonia, de perseguir e encarcerar o veterano antifascista Vasili Kononov porque, segundo o Tribunal, actuou como ‘terrorista’ en 1944 loitando contra as hordas nazis que invadiran o seu país, a URSS. Outra demostración disto é a Posición Común da UE contra Cuba, que é agresiva e hostil, a prohibición lexislativa da acción de Partidos Comunista nunha serie de países da UE, así como de símbolos do movemento obreiros e comunista en diversos países da UE. O PEE garda de novo silencio ante todo isto. Pretende non ver a realidade e demostra que non ten en conta a barbarie imperialista que se reflicte, dun ou doutro xeito, no ‘dereito’ que prevalece hoxe e que non é outro que o dereito imperialista do máis forte.

Camaradas;

Xa chegou o momento de superar as ilusións sobre o papel que xoga o PEE. O KKE pide aos partidos comunistas e obreiros, que por diferentes razóns participaron como membros ou observadores neste partido ‘fabricado’ (que foi creado de acordo ás condicións da UE co fin de servila), que consideren de novo a súa posición. A debilitación deste partido ‘de esquerdas’ da UE, o fortalecemento da cooperación equitativa dos partidos comunistas e obreiros en Europa sobre a base do marxismo-leninismo e o internacionalismo proletario independentemente dos límites e as condicións da UE, constitúe a única esperanza para o reagrupamento do movemento comunista europeo e a única resposta fiábel á agresividade do capital europeo contra os dereitos dos traballadores.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com