Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A CIA protexía os asasinos nazis
16/12/2010
Cristian Salazar e Randy Herschaft
The Independent
12/12/10


Arquivos desclasificados da CIA revelaron que funcionarios de intelixencia dos EUA traballaron arreo para protexeren un líder fascista ucraíno sospeitoso de colaborar cos nazis, ao que empregaron para crear problemas dentro da Unión Soviética.

Mykola Lebed dirixía un movemento clandestino para minar o Kremlin a través de operacións guerrilleiras para a CIA durante a Guerra Fría, segundo un informe elaborado por dous académicos baixo a supervisión do Arquivo Nacional dos EUA. No curso da Segunda Guerra Mundial, Lebed axudou a dirixir unha organización nacionalistas ucraína que colaborou cos nazis no asasinato de xudeus do oeste ucraíno e tamén asasinou a miles de polacos. O informe detalla os esforzos de posguerra do servizo de intelixencia norteamericano por eivar a persecución de nazis por parte do goberno federal e por agochar o pasado destes.

O informe, titulado “Hitler’s Shadow: Nazi War Criminals, US Intelligence, and the Cold War”, baséase nunha descuberta sen precedentes nos rexistros da CIA, entre máis de un millóns de arquivos dixitalizados do servizo de intelixencia do exército durante moito tempo inaccesíbeis. Entre outras cousas, din os autores, os arquivos demostran que os funcionarios de intelixencia dos EUA utilizaron e protexeron ex nazis durante a Guerra Fría en moito maior grao do que se coñecía.

Elizabeth Holtzman, unha antiga congresista demócrata de Nova York que batallou pola divulgación dos arquivos nazis, deu a benvida a este descubrimento. «Este é un capítulo difícil, e en moitos aspectos vergoñento, da historia americana», dixo. «Non era coñecido pola opinión público, e coido que é unha mostra de valentía por parte do goberno e de coraxe nacional coñecer esta época e estes documentos e dicir, ‘queremos saber a verdade sobre o que fixo o noso goberno’, e facelo de maneira seria e rigorosa.»

En 1949, o goberno estadounidense trouxo Lebed a Nova York, onde estaba a salvo de asasinato. A través da organización financiada pola CIA, Prolog, Lebed reuniu información confidencial sobre os soviéticos desde cando menos finais dos 60. En 1991, aínda era considerado un activo valioso para a axencia, segundo di o informe. Lebed foi identificado por investigadores federais como un posíbel criminal de guerra, mais nunca foi procesado. Finou en 1998.

Un dos capítulos do informe que mellor relatan como os estadounidenses utilizaban axentes da GESTAPO, incluíndo a Rudolf Mildner, despois da guerra. Mildner asesorou os órganos de seguridade en Dinamarca en 1943, cando máis de 8.000 xudeus do país foron arrestados e deportados a Auschwitz –aínda que conseguiron ser liberados após recibiren o chivatazo os líderes da resistencia dinamarquesa. O exército estadounidense detivo a Mildner salvándoo de ser investigado por crimes de guerra, ao ser moi útil o seu coñecemento da subversión comunista.

Cazadores de nazis e lexisladores levan tempo formulando interrogantes sobre a colaboración do goberno estadounidense con criminais de guerra durante a Guerra Fría. Só entre 1945 e 1966, máis de 500 científicos e outros especialistas nazis foron trasladados aos EUA, a teren un importante papel no ámbito do desenvolvemento de mísiles e do programa espacial.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com