Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Forxa! Multimedia: Por unha arte revolucionaria
07/12/2010
Forxa! Multimedia


Intencións


A memoria é un dos instrumentos máis útiles que posuímos para articular a nosa loita. A través desta articúlanse os recordos, onde atopamos as chaves dos nosos erros e vitorias. Actualmente a memoria ten traspasado os límites da oralidade e tense trasladado ó mundo das imaxes e dos sons, en definitiva o noso patrimonio material e inmaterial está residindo cada vez de xeito máis forte no audiovisual. A través deste moitas das loitas que encabeza o internacionalismo proletario chegan a nós en forma de sucesos e crónicas que nos valen para aprender e sobre todo para compartir. Os novos xeitos de informar son algo que debemos aproveitar para valorar a nosa posición no mundo.

Este espazo pretende sinalar aqueles puntos clave do panorama musical, audiovisual e artístico en xeral, sempre en clave de clase, sendo conscientes de que todos estes campos poden afianzar a mensaxe e o desenvolvemento da loita central que constitúe a loita de clases. Así mesmo persigue recompilar un abano suficientemente amplo e actualizado que sexa quen de satisfacer a enorme demanda cultural que require unha clase formada en valores e inquedanzas que merecen dedicación continuada.

Filmes, música, poesía, fotografía, pintura… Son moitas as formas que a nosa conciencia pode ter e ningunha é menos que a outra. Críticas, exemplos e recomendacións pasarán polo fío desta sección. Sección que acepta suxestións e preguntas, sección que pretende ser un espazo aberto de colaboración en conxunto de todos aqueles que consideramos a arte como un manto que recubre un enorme número de soños que recubre até convertelos en promesas.

Xa para rematar só cabe comprometermos en actualizar do xeito máis dinámico e entretido posible para chegar a facer deste recuncho un mural de compromiso non só para os clásicos senón para as novas voces que cada día espertan.
1 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com