Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Irlanda: publicación dos novos comunicados do IRSP e do PCI e pequena reflexión inicial
01/12/2010
Diferentes organizacións progresistas continúan a publicar estes días declaracións de condena das medidas que os gobernantes irlandeses, a instancia da plutocracia europea e mundial, van tomar diante da crise capitalista. Por un lado, vemos con ledicia como a chama que xa prendeu noutros puntos de Europa está a chegar cada vez a máis sitios. As mobilizacións, principalmente das clases traballadoras e do estudantado, reprodúcense polas principais cidades europeas. Un sentimento de inxustiza percorre os diferentes sectores populares de Europa e o odio aos poderosos medra cada día con máis forza.

Mais aínda se bota en falla en moitos sectores, como moitos partidos comunistas, a ausencia dunha análise global do que está a suceder e moito morneo e non menos falta de concreción na
folla de rota que o proletariado debe trazar para revestir esta situación.

As dúas declaracións que a seguir poden ler traducidas á nosa lingua, unha do Partido Socialista Republicano Irlandés e outra do Partido Comunista de Irlanda, veñen confirmaren o que xa apuntaban anteriores manifestacións destas organizacións tamén publicadas en Estoutras.

A diferenza do movemento comunista en Grecia, nas análises destes dous partidos, que malia procederen de familias ben distintas fan unhas análises moi semellantes, albiscamos indicios que non enchen de preocupación.

Por un lado, non atopamos unha clara referencia a estarmos diante dunha crise do sistema capitalista, unha crise estrutural de superprodución. En troca, vemos que se fala de crise económica provocada, tan só, polos movementos especulativos das corporacións financeiras.

As referencias ao proletariado irlandés, á clase obreira ou ás clases traballadoras irlandesas son mínimas, priman termos como Irlanda e, sobre todo, pobo irlandés, e en moita menor medida, pobo traballador irlandés. A problemática semella enfocada en que unhas forzas externas (UE, BCE e FMI) queren roubar a Irlanda e contan coa colaboración dunhas caste de políticos irlandeses corruptos. O albo dos ataques económicos sería o conxunto de Irlanda, non as clases traballadoras. Os atacantes, institucións supranacionais que se valen duns políticos nacionais corruptos. Non atopamos referencia a que os intereses da burguesía nacional están reflectidos nesas medidas impostas por esas institucións imperialistas.

En canto a resposta necesaria, botamos en falla en todos estes comunicados unha palabriña que abofé ten de estar máis presente que nunca: SOCIALISMO.

A loita polo socialismo é o único camiño. A unión das clases traballadoras no combate contra as burguesías europeas é a única ferramenta. Esnaquizar os capitalistas ten de ser o albo dos nosos combates. Nin diálogos, nin negociacións. Converter as inquedanzas económicas da clase obreira europea en medo e terror para a burguesía europea.

---------------------

O FMI, O BCE E A UE SACRIFICAN O POBO IRLANDÉS PARA SALVAR O EURO
Declaración do Partido Comunista de Irlanda
29/11/10

A ‘solución’ imposta ao Estado irlandés ao crecemento e intensificación da crise é facer de cada persoa un criado ligado por contrato ás necesidades e intereses das corporacións financeiras da Unión Europea, especialmente aos bancos alemáns. O Fondo Nacional de Pensións utilizouse para salvar a uns bancos que desde un principio houbo que deixar que foran á bancarrota.

A lesiva taxa de intereses do 5,8% é impagábel sen provocar enormes penurias económicas no pobo. Non hai outra solucións que repudiar esta impagábel débeda.

É evidente que os gobernantes irlandeses non poñen a máis mínima resistencia ás demandas impostas polos nosos ‘socios’ na Unión Europea. Son os mesmos quen negociaron o Tratado de Lisboa, un tratado que, como admitiron, nin leran.

A relacións de dependencia coa Unión Europa que os tres principais partidos beneficiaron nos últimos catros anos sae agora ao descuberto. Priman agora os intereses do euro e dos bonos alemáns por riba dos do pobo irlandés.

O pobo traballador pagará un moi alto prezo durante décadas polo acordo imposto pola UE, o Banco Central Europeo e o FMI. Perderanse milleiros de traballos, pecharán hospitais e o sistema educativo verase castigado. Todos aqueles que aínda albergan a ilusión de que a Unión Europea é dalgunha maneira boa para os traballadores, xa sexa aquí en Irlanda ou en calquera dos estados membros, necesitan reformularen as súas ideas.

O primeiro deber do estado é protexer a todos os cidadáns. Debemos desobedecer calquera lei ou tratado emanado da Unión Europea, é algo necesario para protexermos os intereses do pobo irlandés e para estabelecermos un cambio radical na política económica.

--------------------

O INSOSTÍBEL RESCATE IRLANDÉS
Declaración do Partido Socialista Republicano Irlandés
30/11/10

O voceiro do Partido Socialista Republicano Irlandés (IRSP), Ross Gildea, expresou a súa grande preocupación polo recente anuncio dun ‘paquete de rescate’ para a economía. O paquete, que inclúe 17 millóns dos fondos da reserva nacional de pensións, é condenado polo IRSP que o considera un plan de rescate, a instancias do Fondo Monetario Internacional (FMI) e do Banco Central Europeo (BCE), para os bancos e os titulares de bonos, no canto dun plan para a recuperación nacional.

Gildea afirmou:

“O actual goberno non ten absolutamente ningún mandato para impoñer imprudentemente unha situación ao pobo irlandés pola cal o seu diñeiro é guindado polo buraco negro que é o sistema bancario. Alias, isto traerá como resultado que o conxunto do país teña de soportar un incríbel nivel de débeda. Durante os Anos do Tigre Celta, grande parte da nosa riqueza foi malgastada polas nosas elites políticas, mentres que unha seita elitista de banqueiros, promotores e especuladores fixeron o seu agosto. A clase traballadora, que nunca se beneficiou desta riqueza, está véndose obrigada a sufrir moito por mor das severas medidas de austeridade que tentan arranxar un desastre en que non participou. “

O representante do IRSP tamén puxo en dúbida a verdadeira intención que agocha o paquete de rescate do FMI e a UE:

“Cando dicimos que isto é un rescate temos de ser moi claros. Non é un rescate do pobo irlandés e os cartos non se destinarán os servizos públicos ou para axudar a aquelas persoas angustiadas polas hipotecas. Isto é un rescate dos bancos e dos titulares de bonos. O FMI ten un terríbel historial en moitos países como estrangulador da economía a través da débeda e Irlanda non será unha excepción. A taxa de interese que se rumorea, algúns a sitúan achegada á 6%, é considerada polos economistas como absolutamente insostíbel. O pobo irlandés será escravo da débeda e terá de afrouxar da faldriqueira sumas obscenas de diñeiro só para compensar os intereses. Christian Noyer, do BCE, tamén descartou totalmente a posibilidade de facer os inversores parcialmente responsábeis da débeda ou das perdas ‘aínda que for legalmente posíbel’. Xa que logo, aínda de existir a posibilidade para Irlanda de aliviar un chisco as cargas do pobo irlandés, o BCE non o vai permitir. A súa lealdade é coas institucións financeiras e cos inversores, non co pobo común.”

Continuou:

“Ao FMI pouco lle importa os nosos problemas de crecemento, como a pobreza ou o desemprego, o seu único interese é garantir os pagos aos acredores. Esta situación é realmente desastrosa para Irlanda. Enfrontámonos agora a un abafante escenario en que os activos do Estados serán saqueados para render contas aos voitres financeiros, o noso futuro están a negocialo a porta pechada políticos corruptos e burócratas fundamentalistas do libre mercado. Un exemplo disto é a insistencia en que o noso fondo de pensións será utilizado para apuntalar o sistema bancario. Estannos a esfolar vivos para salvaren os intereses privados.”

O IRSP insta a todas as persoas progresistas, asociacións comunitarias, sindicatos, traballadores, desempregados e, en resume, a todos os sectores da clase traballadora que se verán afectados por estas medidas a se mobilizaren o 7 de decembro, día en que se debaterán os orzamentos, para expresaren a súa oposición ás elites políticas. Participa nas protestas!

7 Comments:
  • At 12/01/2010 07:28:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Irlanda é unha república burguesa dexenerada con un proletariado corrompido e aburguesado, como xa advertiu Engels e Lenin a propósito da Inglaterra que vivía da super-explotación da India.

    Hai países enteiros que levan a marca imborrabel do imperialismo, países rentistas na sua totalidade, países que teñen aristocracias burguesas e "proletariados" burgueses".

    Ou por mellor dicer, aristocracia obreira, traballadores que defenden o imperialismo con unhas e dentes, porque asi defenden os seus intereses materiais.

    Despertade do voso sonho!

    A revolución vive no Terceiro Mundo.

    Na Europa occidental só hai burgueses.

    http://llco.org/archives/10936

  • At 12/01/2010 08:55:00 da tarde, Anonymous Comunista Antirevisionista said…

    Gústame moito a introducción que fai Estoutras nesta nova entrada. Penso que atina de cheo coa situación actual. Ogallá máis colectivos, organizacións ou sindicatos se deran conta destas cousas que apunta, ao igual que fai o KKE por exemplo, e traballaran nesa dirección.

    Sobre o primeiro comentario do compañeiro maoísta, que se cadra abre un debate, teño que dicir que ainda que comprendo as súas inquedanzas, e estou dacordo coa crítica necesaria á aristocracia obreira, coido que ten un discurso bastante encabronado e fora de lugar para os tempos que corren e o que está a acontecer aquí e agora.

    Non sei a quen se refire cando di: "Despertade do voso sonho!"
    Refírese á propia arisocracia obreira, ou fala en xeral dos que non nos consideramos maoístas, e SI Marxista-Leninistas?

    Direille tamén a este compañeiro, se me permite que o trate de compañeiro, que son bastante crítico coa teoría dos 3 mundos, que se cadra é un tema bastante interesante para debatir ainda que considero que este non é o lugar máis axeitado.

    Pero que teña coidado con afirmacións do tipo: "Na Europa occidental só hai burgueses", porque está menospreciando toda a loita coherente e consciente do Proletariado europeo, que sen dúbida será a única que nos levará cara o Socialismo.

    Non sei onde vive vostede, mais dame a impresión que máis ben mora no mundo das ideas, e non no mundo das fábricas e dos talleres (como este obreiro que escribe).

    Disculpen esta-miña reflexión en voz alta, se consideran que está fora de lugar.

    Adiante a loita de clase e revolucionaria do PROLETARIADO EUROPEO polo SOCIALISMO!

  • At 12/02/2010 01:21:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    O proletariado europeo non é mais que unha ilusión de pequenos burgueses pseudo-esquerdistas como vós.

    Despóis da Revolución Rusa nunca máis se produxo unha revolución en Europa e en ningún país de orixe europea, ou do chamado Primeiro Mundo.

    Na Alemania do leste o socialismo foi imposto polo Exército Vermello, composto de obreiros e campesiños de países atrasados, ou menos avanzados com adoitan dicer os troskos e socialdemócratas, mentras que os obreiros avanzados alemáns pelexaron ata a morte e ata o último minuto para defender a Hitler.

    O paralelismo co mundo de hoxe é evidente. Os obreiros dos países ricos darán a súa vida por defender a orde imperial. Apoian as guerras todas do Imperio Americano, alístanse, combaten, votan, se benefician e aplauden; tamén condenan aos países que loitan por liberarse, mirade as enquisas...

    Os chamados "obreiros" do Primeiro Mundo teñen un interese material en apoiar a sua Grande Burguesía depredadora dos povos e nacións do Terceiro Mundo, e así o fan sempre.

    Os chamados "traballadores" do Primeiro Mnndo non se enganan, non son víctimas da "falsa conciencia", saben moi ben que o Imperialismo traelle grandes beneficios materiais.

    Os chamdos "proletarios" do Primeiro MUndo" ganan vinte veces máis que o noventa por cento da humanidade superexplotada. "Traballan" na sua inmensa maioría no sector terciario, nos "servizos", non producen ren, son unha clase absolutamente parasitaria, decadente, racista, moribunda, militarista, hiperconsumista, destructora do medio ambiente, pornógrafa, violenta, obesa, asasina, violadora, etc....

    Os chamados "proletarios" do Primeiro Mundo son a verdadeira burguesía do noso tempo, son o principal enemigo da Revolución Socialista mundial e da emancipación dos povos do Terceiro Mundo.

    E vós non sodes máis que unha excusa, un pretexto, un engana-bobos.

    Sodes unha versión idiota do vello Trotskismo, uns cripto-trotskistas ao servizo da Union Sacreé do Gran Capital e da Aristocracia Obreira (formada polo 99% da povoación) dos países explotadores.

    http://llco.org/archives/10936

  • At 12/02/2010 06:19:00 da tarde, Anonymous Comunista Antirevisionista said…

    Pois empeza vostede ben, e segue co seu berrinche infantil:
    "O proletariado europeo non é mais que unha ilusión de pequenos burgueses pseudo-esquerdistas como vós".

    Gustaríame saber a quen se refire cando fala de "vós", porque o que aquí escribe non falou de que pertencera a ningunha organización en concreto, e ademáis o que fago é expresar libremente a miña opinión persoal. Non estou representando a ningún grupo.

    Ademáis de non respostar ás preguntas que lle fago na miña intervención anterior, pretende dar vostede "clases de historia" dunha forma totalmente superficial e terxiversadora, chegando a afirmar que os "obreiros avanzados alemáns pelexaron ata a morte e ata o último minuto para defender a Hitler". Aparte de obviar á resistencia antifascista da Alemaña nazi, parece que vostede ten algo contra a clase obreira (será que non forma parte dela) e nin sequera comprende a importancia e o papel dirixente que ten que ter ésta en toda Revolución de carácter Socialista.
    Son moi atrevidas as súas aseguracións do tipo: "Os obreiros dos países ricos darán a súa vida por defender a orde imperial...".
    Mesmo se atreve a falar de enquisas, pero de qué enquisas? feitas por quen? Aporte eses supostos dados, pois será interesante valoralos.

    Penso que ten vostede un problema de conceitos, e non sabe diferenciar entre un proletario e outro traballador calquera.

    Parece que vostede basea "todo", á hora de xulgar, nos ingresos mensuais de cada quen, e non no papel que xoga na sociedade, e isto é, no proceso de producción.

    Erra cando afirma que o proletariado traballa principalmente no sector "servizos" (entrecomillado por vostede), por exemplo. É ahí onde deixa claro que non sabe diferenciar a un proletario do resto de traballadores. Posto que os trabaladores do sector servizos non son proletarios.
    Despois non se lle ocorre outra cousa que soltar unha sarta de desafortunados e subrealistas insultos, simplemente porque según vostede (que é certo) non producen res.
    Non creo eu que haxa que cebarse así, e xeralizar de tal maneira, contra un traballador ou traballadora porque un non sexa proletaria, é dicir, porque non participe na producción. E moito menos dicir que "o 99% da poboación dos países explotadores" forman parte da Aristocracia Obreira. Algo totalmente falso.
    Digolle de novo que non sei de onde será vostede, mais penso que descoñece profundamente a realidade dos países europeos.

    Xa se leva a plama a súa afirmación rotunda de que "Os chamados "proletarios" do Primeiro Mundo son a verdadeira burguesía do noso tempo, son o principal enemigo da Revolución Socialista mundial e da emancipación dos povos do Terceiro Mundo", cousa que realmente me fai dubidar do seu estado mental. Non pretendo faltarlle ao respeto, e pídolle me disculpe por tal atrevimento, mais despois do compendio de insultos que efectúa vostede contra un "vós" (ao que sigo sen saber a quen se refire, quizáis sexa aos que nos vemos obrigados a vender anosa forza de traballo) non se merece menos.

  • At 12/02/2010 06:23:00 da tarde, Anonymous Comunista Antirevisionista said…

    Disculpen, non sei como a miña última intervención se repetíu tres veces. A ver se os administradores deste blog poden eliminar os que están de máis.

    Gracias, e de novo desculpas.

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com