Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

'Camiño á Liberdade': propaganda anticomunista e mentiras
07/01/2011

Alejandro García
Militante do Colectivo de Jóvenes Comunistas



As contrarrevolucións no campo socialista marcaron un antes e un despois na historia da humanidade, foron un balón de osíxeno para o capitalismo central, un retroceso para os dereitos fundamentais de millóns de persoas e significou un empeoramento da vida, tanto naquelas repúblicas como no Occidente, onde a influencia comunista obrigou os gobernos a construíren o chamado 'Estado do Benestar' para calmar a clase traballadora, mais que hoxe está a ser desmantelado en beneficio dos oligarcas e por orde da Unión Europea.

As nefastas consecuencias económicas e sociais foron analizadas por moitos teóricos marxistas e por Partidos Comunistas, tales como o KKE ou o PCPE, sinalando que se redobrou a furibunda campaña anticomunista: ilegalización da KSM, persecución do PC de Polonia e do PC dos Traballadores Húngaros, entre outros, os tres camaradas do PCPC e CJC/JCPC procesados en Barcelona pola súa militancia comunista, a última petición de ministros de exteriores europeos para perseguir legalmente aos que se opoñan ás calumnias anticomunistas, a prohibición de símbolos comunistas en diferentes países europeos, a equiparación do nazismo co comunismo, o revisionismo institucional ruso no 'caso Katyn', reescribindo a historia nos libros de texto, etc. Todo isto promovido pola Unión Europea, coa complicidade do Partido da Esquerda Europea (PEE) e todas aquelas organizacións reformistas ou oportunistas que negan a vixencia do socialismo do século XX ou teñen o silencio como resposta.

Mais un aspecto pouco denunciado é o cinematográfico, que ten unha importancia maior da que coidamos, reproducindo a propaganda anticomunista en películas como Katyn, de produción polaca, e que permanecen en retinas e cerebros de milleiros de persoas enganadas.

Nestes primeiros días do ano estréase unha longametraxe de produción americana, Camiño á Liberdade, do famoso director Peter Weir (O Show de Truman, O Club dos Poetas Mortos, Master & Commander), axudado por actores como Ed Harris ou Colin Farrel, pura propaganda vendida incansabelmente coa lenda «inspirada nunha historia real» ou «baseada en feitos reais».

Deixando á marxe as barbaridade e calumnias vertidas contra a Unión Soviética, desmentidas xa por numerosos autores como Ludo Martens, eu intereseime desde o primeiro momento por esas lendas: Historia real ou invento para falsear e difamar?

En Camiño á Liberdade nárrannos como sete presos dun GULAG foxen aproveitando un ventisqueiro, encetando unha incríbel camiñada de case 10.000 quilómetros, desde Siberia, a pasaren polas chairas de Mongolia, o deserto do Gobi, China e o Himalaia, até a India, todo isto aderezado, como non, por grande aventuras.

Toda persoa intelixente dubidaría seriamente da veracidade da historia... Vexamos se se confirman as sospeitas: A película baséase nunha novela, The Long Walk, escrita por un tal Slawomir Rawicz, quen reivindicou que el mesmo e 6 presos realizaron esta odisea. Nunha entrevista a Keith Clarke, guionista do filme xunto ao propio Peter Weir, chega a declarar:

«Os rexistros indican que Rawicz era realmente un soldado polaco arrestado, torturado e condenado polos rusos», comenta Clarke. «Obrigárono a marchar a un GULAG de Siberia. Os rexistros tamén indican que non fuxiu, como afirma no libro, senón que se lle concedeu unha amnistía».

Xa tempos a primeira peza do crebacabezas: non fuxiu, concedéuselle unha amnistía. Máis adiante tamén desmente que levara a cabo a incríbel camiñada.

«A viaxe de Rawicz non foi de Siberia á India, senón que máis ben se dirixiu a Medio Oriente para se unir ás forzas polacas que se reagrupaban para se aliaren coas tropas británicas.»

Non temos unha espectacular fuxida no medio do ventisqueiro siberiano, agora tampouco temos a viaxe á India. Vexamos que máis...!

«Coidamos que Slavomir Rawicz [que finou en Inglaterra en 2004] atopouse con esa historia e outros testemuños de duras viaxes a casa, máis tarde, mentres estaba no Medio Oriente», suxire Clarke. «Estamos convencidos de que se sentiu sinceramente impulsado de todo corazón a desvelar ao mundo os horrores do réxime de Stalin que el mesmo padecera, así que creou un relato personalizado a partir de todos os demais que reunira».

Así que tampouco foi unha dura viaxe a Medio Oriente, senón que a historia, coidan!, é doutros presos, e Rawicz inventou o relato. Pois é todo un detalle que reivindicara que foi certa e el foi o protagonista.

Weir concorda: «Polos GULAG pasaron 20 millóns de persoas. Esta é unha historia ficticia sobre sete deles, inspirada en feitos reais».

Así que pasamos de «Inspirada nunha historia real», que é que se le no propio cartel oficial da película, a «historia ficticia inspirada en feitos reais». Poderían dicilo todo: «Historia ficticia inspirada na nosa crenza de que o autor se atopou con esa historia, creando un relato que reivindicaría como vivencia propia».

Se non abondar, na Wikipedia inglesa pode atoparse esta perla:

«Os Rexistros Soviéticos acerca de Rawicz confirman que era un soldado polaco encarcerado na URSS, mais diferéncianse de The Long Walk en detalles sobre as razóns da súa detención e os . lugares exactos de prisión. Fontes do exército polaco mostran que a URSS deixou a Rawicz directamente en Irán en 1942, o que contradí o contado no libro».

Quere dicir, que tampouco houbo unha viaxe de Siberia ao Medio Oriente (onde se 'topou' coa historia), senón que a mesma 'demoníaca e abominábel' URSS do 'malvado' Stalin o deixou directamente en Irán após unha amnistía. E é que as mentiras teñen patas curtas, non precisei de moito tempo para atopar estas declaracións dos propios guionistas.

En calquera caso, ninguén debería estrañarse do emprego de mentiras, medias-verdades e manipulacións para ofrecer unha mensaxe política concreta: desprestixiar a experiencia socialistas do século XX, en concreto á Unión Soviética.

Toda esta campaña anticomunista, en todas as súas formas (como acabamos de ver, até no cinema), dáse nun momento crítico para o capitalismo e as forzas reaccionarias, cambaléase o seu sistema económico baseado na especulación e as forzas improdutivas, redobran esforzas para implantaren reformas antipopulares, privatizacións, roubos á clase traballadora. Como di a última declaración conxunta de partidos comunistas contra o anticomunismo, atácannos non só por estarmos na primeira liña da defensa dos dereitos do pobo, senón tamén por formularmos a única solución real ao capitalismo e a súa crise: o Socialismo.

Os Partidos Comunistas deben responder con firmeza diante desta basta campaña de mentiras, difamacións e manipulacións, fortalecendo a batalla ideolóxica, a nos solidarizarmos con quen sexa atacado, a combatermos as posicións conciliadoras e reformistas.

O ANTICOMUNISMO NON PASARÁ!

«A Historia repítese, embora sobre bases novas. Como antigamente, na época da queda do feudalismo, a palabra xacobino provocaba nos aristócratas de todos os países horror e repugnancia, tamén hoxe, na época da queda do capitalismo, a palabra bolxevique provoca horror e repugnancia na burguesía de todos os países.» Xosé Stalin, 7 de novembro de 1927.
1 Comments:
  • At 1/10/2011 05:41:00 da manhã, Blogger Cristiano Alves said…

    Eu disse e tenho dito, anticomunismo é doença! Este tipo de filme representa o que há de mais reacionário no cinema e dá provas de que é usado para promover a lavagem cerebral, para promover a propaganda imperialista.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com