Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A CIA, mecenas do expresionismo abstracto
22/01/2011

Frances Stonor Sauders
Rede Voltaire
13/01/2011

Os mestres do expresionismo abstracto non eran nada simples e foron considerados inclusive escandalosos. Protagonistas dunha corrente que ía realmente contra a corrente, unha labazada ás conviccións da sociedade burguesa, e que contou, malia todo, co apoio do propio sistema.

Por vez primeira confírmase un rumor que circulou durante anos: a CIA financiou abundantemente o expresionismo abstracto. Obxectivo dos servizos secretos estadounidenses: seducir as mentes das clases afastadas da burguesía durante os anos da Guerra Fría. Foi precisamente a CIA quen organizou as primeiras grandes exposicións do New American Painting, que deron a coñecer as obras do expresionismo abstracto nas principais cidades europeas: Modern Art in the United States (1955) e Masterpieces of the Twentieth Century (1952).

Donald Jameson, ex funcionario da axencia, é o primeiro en admitir que o apoio concedido aos artistas expresionistas formaba parte da política de ‘corre longa’ (long leash) a prol dos intelectuais.

Unha refinada estratexia: amosar a creatividade e a vitalidade espiritual, artística e cultura da sociedade capitalista en contraste coa monotonía da Unión Soviética e dos seus satélites. Estratexia adoptada e aplicada en todos os sentidos.

O apoio da CIA privilexiaba revistas culturais, como Encounter, Preuves e, en Italia, Tempo presente de Silone e Chiaramonte. E tamén formas de arte menos burguesas, como o jazz, ás veces, e, precisamente, nada máis e nada menos que o expresionismo abstracto.

Os feitos remóntanse aos anos 50 e 60, cando Pollock e o resto de representantes da súa corrente non tiñan boa reputación nos Estados Unidos.

Para termos unha idea do ambiente que os arrodeaba abonda lembrar a frase do presidente Truman: «Se iso é arte, eu son un hotentote.» Mais o goberno dos EUA, lembra Jameson, tiña precisamente naqueles anos a difícil tarefa de tentar promover a imaxe do sistema estadounidense e, particularmente, dos seus fundamentos, a 5ª emenda, a liberdade de expresión, gravemente mancada por mor da cacería de bruxas desatada polo senador Joseph McCarthy en nome da loita contra o comunismo.

Para isto era preciso enviar o mundo un sinal forte e clara cun sentido oposto ao do maccarthismo. Esta misión foi encomendada á CIA, quen, no fondo, operaría con toda coherencia. Paradoxalmente, de feito, naquela época a axencia constituía un enclave 'liberal' nun nunca encamiñado decisivamente á dereita. Dirixida por axentes e asalariados chegados na súa maioría das mellores universidades, acotío eles mesmos coleccionistas de arte, artistas figurativos ou escritores, os funcionarios da CIA representaban o contrapeso dos métodos, das convencións baratas e do furor anticomunista do FBI e dos colaboradores do senador McCarthy.

«O expresionismo abstracto, eu diría que somos xustamente nós na CIA os que o inventamos -declara inmediatamente hoxe Donald Jameson, citado polo xornal inglés The Independent- despois de botar unha ollada ás novidades de Nova York, do Soho. Bromas aparte, enseguida vimos moi claramente a diferenza.

O expresionismo abstracto era a clase de arte para mostrar o ríxido, estilizado, estereotipado que era o realismo socialista de rigor en Rusia. Foi así como nos decidimos a actuar nese sentido.»

Mais, sabíano Pollock, Motherwell, de Kooning e Rothko? «Claro que non -declara inmediatamente Jameson-, os artistas non sabían do noso xogo. Hai que excluír que xente como Rothko ou Pollock soubesen nunca que estaban sendo axudados desde a sombra pola CIA, que, no entanto, tivo un papel esencial no lanzamento deles e na promoción das súas obras. E no vertixinoso aumento das súas ganancias.»
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com