Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

COG: 27 de xaneiro, Folga Xeral
17/01/2011
CENTRAL OBREIRA GALEGA
16/01/11

27 de xaneiro: FOLGA XERAL

O decretazo de maio pasado que rebaixou o salario dos funcionarios e a reforma laboral que abaratou o despido facilitando a expulsión dos seus postos de traballo dos traballadores e traballadoras de maior idade foron os primeiros pasos contra a clase obreira do goberno socialista de ZP. Sempre ao servizo do capital, o seu obxectivo é baixar os salarios e aumentar os beneficios da patronal.

O aumento dos impostos indirectos e a suba dos prezos dos produtos de primeira necesidade foron outras medidas contra as clases traballadoras do goberno do PSOE.

A resposta débil e tardía dada na folga xeral do 29 de setembro, seguida pola pasividade das centrais sindicais do sistema, ben subvencionadas polo Estado español, animou ao goberno a seguir coa súa ofensiva contra as clases traballadoras, agora co retraso na idade de xubilación, o aumento do tempo de computo das pensións e a privatización dos poucos sectores que quedan en mans públicas.

Sempre ao servizo do capital financeiro e dos grandes empresarios, o goberno de Rodríguez Zapatero sacrifica tamén a autónomos, profesionais liberais e pequenos empresarios mentres abastece aos bancos con cartos públicos e o inmenso regalo que significa a privatización das caixas de aforros.

O prezo para a clase obreira, e tamén para as demais clases traballadoras, é paro, miseria, baixada do nivel de vida, baixada da capacidade adquisitiva e perda dos seus dereitos laborais.
Pese a que, de novo, os sindicatos do sistema fixeron todo o posible por debilitar e dividir a resposta da nosa clase, haberá unha nova FOLFA XERAL O 27 DE XANEIRO,que a Central Obreira Galega (COG) convoca xunto a outros sindicatos de clase.

Chamamos a todo o proletariado en Galicia a ser os protagonistas da folga, a difundir a súa necesidade entre todos os traballadores e traballadoras, e, sen ser a convocatoria unitaria e indefinida que a COG desexaría, frear as agresións do goberno español e da patronal esixindo:

- A inmediata dimisión de Rodríguez Zapatero e o seu goberno.
- A retirada inmediata das reformas laboral e de pensións.
- O mantemento da idade de xubilación nos 65 anos e dos 15 anos para o computo da cuantía das pensións.
- A nacionalización da banca.

¡ Pola unidade obreira!
¡Contra o goberno e o capital!
¡FOLGA XERAL!

Galicia, 13 de xaneiro do 2011
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com