Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Entrevista a Iussa Prado, un dos dous mozos represaliados por defender a lingua galega
05/01/2011
ADIANTE


Dentro da correspondente campaña de ADIANTE, entrevistamos a continuación a Iussa Prado, un dos dous mozos da esquerda independentista aos que a xustiza española lles pide unha desproporcionada pena de prisión simplemente por teren participado nunha concentración de repulsa á organización ultra e supremacista española Galicia Bilingüe Iussana cidade de Vigo.

Iussa, traballador do metal de 26 anos e natural do barrio de Gontade (na parroquia viguesa de Oia), leva mais de tres anos vinculado a ADIANTE, primeiro como colaborador e logo como militante do Comité de Zona de Vigo. Tamén está afiliado á CUT-Metal e leva anos participando activamente na Plataforma contra a Macrodepuradora do Lagares.

Nesta entrevista explica como malia ter sido espancado e maltratado pola Policía española, é el o que é acusado en falso e sen provas de ter infrinxido danos a un axente dos malchamados “antidisturbios”. Tamén anima ás persoas verdadeirmante solidarias a apoiar as iniciativas postas en marcha para evitar a entrada en prisión del e do seu compañeiro.

-Boa tarde Iussa. Comeza se tal por esbozarnos os antecedentes da túa detención.

Os antecedentes... Pois foi un 20 de Febreiro do ano 2008, no que o independentismo galego fixo unha contramanifestación en Vigo a favor do idioma galego e en contra de Galicia Bilingüe, onde houbo varias cargas policiais, e a detención da miña persoa e mais as sancións económicas a 30 ou 40 persoas mais.

Ese día detivéronme a min, identificaron a varias persoas, e seis días despois entrou outra persoa, que se chama Aurelio, no proceso penal. E agora mesmo estamos os dous nun xuízo contra o Estado por atentado á autoridade.

-En cambio o agredido fuches ti...

Sí, a verdade é que sí. Fun agredido por seis antidistubios e o resto das persoas que tamén estaban alí foron agredidas en varias fases. Houbo coma tres ou catro cargas.

-E no veículo policial cando te levaron?

En principio estiven arrestado no furgón, e mentras, os “txakurras”, seguían cargando contra os nosos. Ao cabo de media hora me levaron nun “zeta” para a comisaría de López Mora onde desde un principio non se me leron os meus dereitos nin me dixeron de que estaba acusado, e onde pasei toda a noite sen saber porque estaba detido.

Desde o calabouzo escoitaba pola radio da policía como se pedían unidades para Oia, Coruxo, Saiáns, Comesaña,... Cando saín libre, entereime de que nesas parroquias se fixeran barricadas de colectores con lume durante toda a noite.

Á mañán seguinte presentouse o avogado de Ceivar para posteriormente sacarme dalí. Trasladóuseme nun furgón ao xulgado, onde se me tivo tres horas retido e preguntáronme por unha serie de persoas que eu non coñecía. A xuíza deixoume en liberdade con cargos e sen fianza. Foi cando me enterei de que me acusaban de tirar un petardo e de lesionar con él a un axente.

-Que pena che pedían nun principio?

Nun principio pedíanme 6 anos de cadea e unha indemnización ao axente que supostamente tería sido agredido pola miña persoa. Á outra persoa tamén lle pedían seis anos de cadea pero cun agravante, polo que lle pedían tamén unha cantidade bastante importante de cartos.

-E agora?

Despois de pasar case tres anos andando ás voltas, a min me piden tres anos e medio de cadea e ao outro compañeiro lle piden cinco anos.

-Pero no proceso hai contradicións á esgalla...

Hai contradicións nos testemuños policiais. Hai contradicións no número de persoas que según eles estaban concentradas...

Ao outro compañeiro acusano de bater co pau dunha bandeira nun “madeiro”. Pero según as probas gráficas, non puido mirar quen lle batía. Tampouco puideron ver quen tiraba o famoso petardo.

Logo non coiciden as horas dos partes médicos dos policías. Había un parte médico que me ensinaron os policías na comisaría. Ese parte era de antes de que o policía supostamente agredido por min fose ao médico. Pois ben, ese parte fixéronno desaparecer. Un escándalo.

-Totalmente. E que iniciativas se están a facer para evitar isto?

Pois... vaise sacar un escrito ou comunicado denunciando as agresións contra os que defendemos o noso idioma. Vanse intentar levar a cabo concentracións e, se tal, algunha manifestación. Estamos a sacar rifas para recadar cartos, meses atrás organizamos un par de concertos, e ADIANTE sacou un número de conta solidaria para afrontar o pago das sancións e dos avogados.

-Por último, queres comentar algo mais?

Que o día do xuízo veñades todos a apoiarnos, que é por unha boa causa: defender o noso idioma. E que vos lembredes de que temos un número de conta para afrontar os xuízos das persoas acusadas por Galicia Bilingüe por Galiza adiante.

-Moitas grazas, camarada.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com