Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Nin así, nin de ningunha maneira
20/01/2011
Traducimos polo seu interese unha carta de afiliados de CCOO dirixida a Ignacio Toxo e ao resto da Executiva Confederal.
-------------

Carta de afiliados de CCOO a Toxo e á Comisión Executiva Confederal de CCOO

Retirada da reforma laboral e non permitamos ningún recorte das pensións.


Compañeiros. A folga xeral do 29 de setembro foi cualificada por todos nós como un éxito. Un éxito pola participación. E un éxito malia as vacilacións e as numerosas dúbidas ás que asistimos nos últimos meses, como por exemplo o atraso nas mobilizacións. Agora, ao coñecermos as medidas adoptadas por vós, só podemos mostrar a nosa profunda decepción.

Após unha folga xeral e ante a obstinación do goberno, decídese unha mobilización tres meses despois da folga e, ademais, nos peores días para organizar nada e en concreto a mobilización do día 15 dirixida a sectores moi limitados da poboación.

Mais o pero é que vemos que se abandona de feito a loita contra a reforma laboral, abordando a negación dos regulamentos, que antes rexeitarades xustamente, que supoñen a aplicación da reforma laboral.

Non podemos ter dúbidas. O compromiso que adquirimos cos traballadores na folga xeral é moi serio e non podemos defraudalos. Non podemos volver á vía do diálogo social permitindo ao goberno e á patronal facer o que queiran cando xa os datos dos tres primeiros meses de vigor da reforma laboral reflicten un medre do paro e da precariedade. Esiximos a derrogación da reforma e mobilicémonos por iso.

Non permitamos ningún recorte das pensións. Nin elevación da idade de xubilación, nin aumento dos anos de cómputo, nin ningún outro recorte. E esixamos igualmente a fin do recorte no sector público, comezando por pedir o retorno do salario quitado aos traballadores públicos. Neste terreo seguro que atoparemos o apoio maioritario dos traballadores.
1 Comments:
  • At 1/22/2011 01:06:00 da tarde, Anonymous Obreiro said…

    Saúdo a valentía e decisión destes compañeiros.
    Sen dúbida esa é unha actitude consecuente. Que sirva isto para os que non fan máis que criticar ás siglas no seu conxunto pensando que só o deles é digno e repetable. unha cousa é criticar ás direccións reformistas e outra moi distinta meter no mesmo saco á afiliación de base.
    Hai moitos compañeiros conscientes e dignos en todas as siglas. E esta carta demostrao.
    Temos que traballar pola unidade da clase obreira, estexa esta oraganizada en centrais sindicais ou non.
    Que os afiliados forzen ás súas cúpulas para traballar co resto de sindicatos e pulen por non renunciar á loita é un bo comezo.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com