Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Os economistas de FEDEA e a corrupción
31/01/2011


Publicado orixinalmente en: http://blogs.tercerainformacion.es/iiirepublica/2011/01/26/los-economistas-de-fedea-y-la-corrupcion/


O meu amigo Jorge Caplan é profesor universitario. Nunha lista de correo electrónica que compartimos, outra persoa envía abraiada o último artigo de economistas liberais que piden máis madeira ao goberno, máis recortes sociais desconfiados que un hipotético pacto social impedir toda a zuna que os liberais sexan capaces de imaxinaren. “Eu coñezo algúns destes economistas”, dinos o meu amigo Caplan. “Cóntovos un par de datos, por se son do voso interese. A todos eles (moitos deles, por certo, na órbita do PSOE) a fundación FEDEA fíxolles un contrato de investigación e sacoulles o que chaman ‘cátedras’ (é dicir, suculentos sobresoldos). En virtude dese contrato, páganlles moitos cartos para que publiquen artigos e demais na prensa. De vos fixardes, cada semana hai un artigo deles. É un instrumento caralludo para xerar hexemonía. Botade unha ollada á súa páxina web (www.fedea.es) e fixádevos quen os financia.”

FEDEA deuse a coñecer a través dun manifesto de cen economista (na realidade noventa e seis) que pedían unha reforma laboral que abaratase o despedimento. E fíxose. Despois pediron unha reforma das pensións que recortase a súa contía. E niso está o goberno. E o que vaian pedindo, así se fará. Efectivamente, os catro asinantes do artigo de El Pais son, non xa asinantes daquel manifesto contra os dereitos, senón o seus promotores.


De acordo co consello de Jorge Caplan, vexamos quen financia FEDEA: Abengoa, Abertis, Banesto, BBVA, Banco Sabadell, Banco de España, La Caixa, Banco Popular, Iberdrola, Bolsa de Madrid, Fundación Ramón Areces (El Corte Inglés, vaia), Cajamadrid, Grupo Santander, Repsol, Corporación Financiera Alba y McKinsey&Company son os seus patrocinadores. Así, Repsol, a empresa enerxética Abengoa (do IBEX 35) e Iberdrola, por exemplo, son patrocinadores mais, por suposto e por integridade intelectual e moral, non tentarán influenciar nos estudos sobre cambio climático e modelo enerxético. Por suposto, o nutrido financiamento bancario de FEDEA non ten nada a ver con que os economistas fagan propostas encamiñadas a debilitar as pensións públicas e, por tanto, a fortalecer os plans de pensións privadas. E así todo. E ás teses destes entréganse PP, PSOE, CIU, PNV...

Supoñamos que un grupo de biólogos publicara un manifesto que puxera en dúbida a teoría da evolución. A ciencia está sometida a continua revisión así que non se pode descartar que no futuro atopemos evidencias aínda máis sólidas que o alude de evidencias en que se basea o evolucionismo. Mais imaxinemos que nos descubrimos que tal manifesto está financiado polo Vaticano, a familia real saudita, o goberno iraniano, ... Ninguén dedicaría nin dez minutos en contrastar as teses destes biólogos e o único que faríamos sería denunciarmos que un estudo sobre a evolución non pode estar financiado polas organizacións cuxa supervivencia depende de que as conclusións sexan unhas moi concretas. A partir de aí os nomes dos asinantes do manifesto pasarían a unha lista do acoro científico e da corrupción intelectual mentres o rigor seguiría a camiñar autónomo e libre de presións interesadas. As súas publicacións xa non serían reproducidas nin tidas en conta por ningún medio de comunicación agás en programas de friquis alternando co padre Acebes e Carlos Jesús.

No entanto, isto non sucede cos economistas. O financiamento de FEDEA é público (agás existiren patrocinadores ocultos aínda máis vergoñentos) e foi denunciado reiteradamente. Mais sempre que hai un faladoiro sobre economía, unha análise económica.... en medios de comunicación públicos e, obviamente privados (os anunciantes e propietarios dos medios de comunicación coinciden bastante cos patrocinadores dos economistas de FEDEA) os participantes forman parte deste grupo e só moi marxinalmente se poden escoitar voces como as de Vicenç Navarro, Juan Torres ou as da pléiade do pensamento económico que denuncia as falacias neoliberais a través, por exemplo, de Attac.

Non só non foron ridiculizados e desprestixiados por poñeren o seu coñecemento ao servizo de intereses moi parciais, senón que tales intereses teñen a mesma hexemonía que o fanatismo relixioso na época da Inquisición. Os herexes xa non son queimados, só silenciados. Iso é mellor para os herexes, non hai dúbida, mais para frear a expansión da herexía é aínda máis eficaz.

Que diferenza hai entre un concelleiro que recibe cartos dun construtor a cambio dunha concesión e un economista que recibe diñeiro dunha empresa a cambio da súa sinatura? Por que chamamos corrupto ao primeiro e non dicimos con todas as consecuencias que son uns corruptos tamén os que responden ao segundo perfil?

Eu, pola miña banda, só podo copiar e pegar os nomes deses noventa e seis economistas que en calquera outra disciplina estarían afastados e sinalados con oprobio pola súa nula independencia. Cando menos durante un par de días a procura do seu nome en Google será un pouco humillante (póñoos en negriña e cursiva porque din que iso mellora a posición no buscador):

Alberto Abadie (Harvard University), Francisco Alcalá (Universidad de Murcia), Catalina Amuedo-Dorantes (San Diego State University), César Alonso-Borrego (Universidad Carlos III), Javier Andrés (Universidad de Valencia), Joaquín Aurioles (Universidad de Málaga), Benito Arruñada (Universitat Pompeu Fabra), Manuel F. Bagües (Universidad Carlos III), Salvador Barberá (Universidad Autónoma de Barcelona), Samuel Bentolila (CEMFI), José Emilio Bosca (Universidad de Valencia), Michele Boldrin (Washington University in Saint Louis), Jordi Caballé (Universitat Autònoma de Barcelona), Antonio Cabrales (Universidad Carlos III), Francisco Cabrillo (Universidad Complutense), Ramón Caminal (Instituto de Análisis Económico (CSIC)), José Manuel Campa (IESE Business School), Raquel Carrasco (Universidad Carlos III), Albert Carreras (Universitat Pompeu Fabra), Miguel Casares (Universidad Pública de Navarra), Marco Celentani (Universidad Carlos III), Juan Carlos Conesa (Universitat Autònoma de Barcelona), Xavier Cuadras-Morató (Universitat Pompeu Fabra), Alejandro Cuñat (London School of Economics), Angel de la Fuente (Instituto de Análisis Económico (CSIC)), Sara de la Rica (Universidad del País Vasco), Antonia Díaz , (Universidad Carlos III), Javier Díaz-Giménez (IESE Business School), Juan José Dolado (Universidad Carlos III), Rafael Domenech (Servicio de Estudios del BBVA & Universidad de Valencia), Javier Escribá (Universidad de Valencia), Alvaro Escribano (Universidad Carlos III), Natalia Fabra (Universidad Carlos III), Florentino Felgueroso (Universidad de Oviedo), Gonzalo Fernández de Córdoba (Universidad de Salamanca), Jesús Fernández-Villaverde (University of Pennsylvania), José Luis Ferreira (Universidad Carlos III), Javier Ferri (Universidad de Valencia), Vincenzo Galasso (Bocconi University), José Ignacio García (Universidad Pablo de Olavide), Javier Gardeazabal (Universidad del País Vasco),Luis Garicano (London School of Economics), Nuno Garoupa (University of Illinois & IMDEA), Libertad González (Universitat Pompeu Fabra), Jesús Gonzalo (Universidad Carlos III), Maia Güell (University of Pennsylvania), Mauro Guillén (University of Edimburgh & UPF), José Antonio Herce (Universidad Complutense de Madrid), Angel Hernando-Veciana (Universidad Carlos III), Carmen Herrero (Universidad de Alicante), Marcel Jansen (Universidad Carlos III), Sergi JiménezTimothy J. Kehoe (Universitat Pompeu Fabra), (University of Minnesota), Gerard Llobet (CEMFI), Enrique López-Bazo (Universidad de Barcelona), Ana Lozano (Universidad de Málaga), Francisco Marhuenda (Universidad Carlos III), Ramón María-Dolores (Universidad de Murcia),  Maite Martínez-Granado (Universidad del País Vasco) Andreu Mas-Colell, (Universitat Pompeu Fabra & Barcelona GSE), Julian Messina (Universitat de Girona), Eugenio J. Miravete (University of Texas at Austin), Ricardo Mora (Universidad Carlos III) Bernardo Moreno (Universidad de Málaga), Diego Moreno (Universidad Carlos III), Juan D. Moreno Ternero (Universidad de Málaga), Antonio Montañés (Universidad de Zaragoza), Francesc Ortega (Universitat Pompeu Fabra), Javier Ortega (City University London, Université de Toulouse), Ignacio Palacio Huerta (Brown University), José M. Pastor (Universidad de Valencia), Francisco Pérez (Universidad de Valencia), David Pérez-Castrillo (Universitat Autònoma de Barcelona), Barbara Petrongolo (London School of Economics), José Luis Pinto (Universidad Pablo de Olavide), Matilde Pinto Machado (Universidad Carlos III), Nicolas Porteiro (Universidad Pablo de Olavide), Luis Puch (Universidad Complutense), Diego Puga (IMDEA), Xavi Ramos (Universitat Autònoma de Barcelona), Rafael Repullo (CEMFI), José Victor Rios-Rull (University of Minnesota), José V. Rodríguez Mora (University of Edimburgh & UPF), Nuria Rodríguez-Planas (Universitat Autònoma de Barcelona), Santiago J. Rubio (Universidad de Valencia), Juan Rubio-Ramírez (Duke University), Javier Ruiz-Castillo (Universidad de Cantabria), Virginia Sánchez (Universidad Carlos III), Tano Santos (Columbia University), Julio Segura (Comisión Nacional del Mercado de Valores), Roberto Serrano (Brown University & IMDEA), Luis Servén (Banco Mundial), Simón Sosvilla (Universidad Complutense de Madrid), Cecilio Tamarit (Universidad de Valencia), Arantza Ugidos (Universidad del País Vasco), Jesús Vázquez (Universidad del País Vasco), Pablo Vázquez (Universidad Complutense de Madrid), Luis Viceira (Harvard University), Antonio Villar (Universidad Pablo de Olavide) e Xavier Vives. Que son uns corruptos, digo.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com