Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

CC.OO. de Pontevedra e Vilagarcía de Arousa desmárcanse do pacto social por consideralo "desequilibrado"
01/02/2011
Europa Press
31/01/11

   As comisións executivas das unións comarcais de Comisións Obreiras en Pontevedra e en Vilagarcía de Arousa manifestaron o seu "desacordo" cos termos do pacto económico e social negociado entre as direccións de CC.OO., UGT, a CEOE e o Goberno. Argumentan que se trata dun documento "desequilibrado" no que "priman máis os recortes que os novos dereitos" e que "non reúne as condicións mínimas" para ser aceptado".

   Ao respecto, os secretarios xerais de CC.OO. en Pontevedra e Arousa, Xosé Luis García Pedrosa e Fernando Ramos, respectivamente, foron os primeiros en expresar abertamente a desconformidade de ambas as dúas agrupacións co ánimo de "abrir un debate público", tal e como sinalou García Pedrosa.

   "Non hai unha rebelión", precisou Ramos, ao considerar que son "tan de CC.OO. como os que deciden que hai que asinar o acordo". A decisión de ambas as dúas executivas "non ten por que ter consecuencias" e xorde con ánimo de "reforzar o noso sindicato", engadiu.

   Para Fernando Ramos, o preacordo de pensións que este martes ratificará en Madrid o consello confederal do seu sindicato resulta "insuficiente e limitado", ao tempo que acusou o Goberno de "chantajear" á parte sindical e á clase traballadora.



CRÍTICAS AO PSOE, AO PP E Á BANCA

   O representante de CC.OO. na bisbarra arousana referiuse ao PSOE como "o inimigo" e criticou o PP por actuar, ao seu xuízo, dun xeito "calculadamente hipócrita". Tamén acusou á banca e os grandes grupos económicos de "potenciar" esta reforma en beneficio da contratación de fondos de pensións privados.

   Ramos e García Pedrosa coincidiron en que "non era necesario" modificar agora o sistema de pensións polas presións internas e tanto da Unión Europea como dos mercados financeiros. "As pensións en España sempre foron un prato moi apetecible polo volume de diñeiro que moven", criticou o dirixente de CC.OO. en Pontevedra.

PULSO AO GOBERNO

   Aínda que admitiu que o pacto social leva consigo "cousas positivas" que melloran a situación dos adscritos ao réxime agrario, as mulleres con fillos e os bolseiros, García Pedrosa censurou a redución das pensións, co que "se perde máis do que se gaña". Por iso, os dirixentes sindicais de Pontevedra e Arousa son partidarios de "seguir botándolle un pulso ao Gobierno, explicou Fernando Ramos, apelando a CC.OO. a continuar "negociando e premendo".

   Precisamente, Ramos recordou que o próximo 19 de marzo se abordará a reforma dos convenios colectivos, polo que "aínda queda moita cera" e "vai seguir habendo a necesidade das mobilizacións".

   O secretario da unión comarcal arousana de CC.OO. insistiu en que "non hai que tirar a toalla". Así, rexeitou a posibilidade da "desmobilización sindical" e de que o Goberno pretenda "vender isto como o fin da loita sindical". O seu homólogo en Pontevedra asegurou que "as conquistas se conseguen nas mobilizacións, non nas negociacións".
3 Comments:
  • At 2/01/2011 08:27:00 da tarde, Anonymous cule1979 said…

    A pesar do tono conciliador dos comentarios destes dous membros de Comisións con palabras como "negociando e premendo",está claro que é moi positivo que persoas con cargos de responsabilidade no sindicato e mesmo executivas comarcais se desmarquen do pacto da traición á clase traballadora.Tamén é evidente que este discurso chega tarde,xa que imaxino que CCOO tanto de Vilagarcía como de Pontevedra non moveron un dedo en prol da folga xeral do pasado xoves,pero hai que quedarse co positivo,que non é outra cousa que atestiguar que algo se está movendo dentro de comisións,xa non só na militancia de base senón tamén en cargos internos.Con esta parte dos sindicatos españois hai que conseguir aínda que sexa pouco a pouco a unidade de acción.

     
  • At 2/03/2011 01:45:00 da tarde, Anonymous cule1979 said…

    seguen os movementos no seo de comisións aquí en Galiza:http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/14507-b-noticia

     
  • At 2/04/2011 08:28:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Hai bastantes (aínda que poucas para a gravidade desta traizón)as seccións sindicais de CCOO que rexeitan este acordo. Inclusive, na UGT tamén se empezan a escoitar as primeiras voces contrarias.

    Neste blog informan destes movementos contrarios ás cúpulas:
    http://cartaatoxo.blogspot.com/

    Saúdos.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com