Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Esténdense protestas nos EUA por axustes a sindicatos
20/02/2011

19/02/11

Máis de 30 mil persoas manifestáronse nesta sexta-feira na cidade estadounidense de Madison, no Estado de Wisconsin, en protesta polas duras medidas de axuste propostas polo gobernador, Scott Walker, que suprimirán varios dereitos dos sindicatos de traballadores.

Estas mobilizacións foron convocadas pola agrupación Organizando por Estados Unidos así como tamén por dirixentes sindicais nacionais e estatais.

Milleiros de docentes, obreiros e estudantes lanzáronse ás rúas da cidade portando carteis nos que se podía ler 'Protesto como un exipcio' ou 'Se Exipto pode ter democracia, por que non Wisconsin?'.

Sumado a estes manifestantes, outras cinco mil persoas ocupan o Palacio Lexislativo da cidade, tamén como unha mostra do rexeitamento ás medidas de Walker.

A estas protestas asistiron non só os habitantes do Estado de Wisconsin, senón tamén cidadáns do centro dos EUA, como Illinois, Minnesota e Kansas.

A poboación de Wisconsin cualifica o gobernador como Hosni Walker, en alusión ao ex presidente exipcio quen renunciou hai pouco ao poder por mor das masivas manifestacións na súa contra.

A máxima autoridade do Estado explicou hai pouco que estas medidas se tomaban para 'equilibrar un déficit presupostario de 131 millóns de dólares'.

O plan de Walker estabelece un considerábel medre das contribucións dos empregados públicos xa que deberán pagar 30 veces máis pola súa pensión e un 12% polo seguro médico en troca do anterior 2%, co gallo de lle aforrar o Goberno uns 300 millóns de dólares nos vindeiros dous anos.

A nova normativa tamén obrigaría os sindicatos de empregados públicos a certificarse cada ano e prohibiría os patróns deducir cotas sindicais dos soldos.

Recentemente, o presidente Barack Obama acusou Walker de realizar un asalto aos sindicatos ao impulsar esta lexislación de emerxencia que poderían botar por terra os pactos de negociación colectiva dos empregados públicos.

Alén diso, os senadores do Partido Demócrata se negaron a dar quórum para aprobar as medidas do gobernador.

Diante disto, Walker replicou ao mandatario nun programa televisivo afirmando que 'sería sabio por parte do presidente e outros en Washington que se centraran en cadraren os seus propios orzamentos, aos que aínda lles falta moito por facer'.

Ademais, a primeira autoridade de Wisconsin ameazou con sacar ás rúas un continxente da Garda Nacional para reprimir as manifestacións.

Pola súa banda, os analistas políticos consideran que o gobernador Walker, con estas medidas que tenta impoñer, vai máis alá dun balance do orzamento e evidencia as discrepancias que existen entre os republicanos e Obama.

A nación norteamericana continúa mergullada nunha grave crise económica con un dos índices de desemprego máis elevado da última década (9,4%) que se suma ao déficit de vivenda, pouco investimento e diminución da exportación desde 2009.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com