Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Folga Xeral en Grecia o 23 de febreiro. Comunicado da PAME
11/02/2011

COMUNICADO DA PAME
Atenas, 09/02/11

PAME expresa a súa solidariedade cos traballadores e pobos de Exipto, de Tunisia, de Marrocos, de Iemen e doutros lugares, que, masiva e combativamente, se erguen, protestan e tentar rachar as cadeas da pobreza, do desemprego, da miseria, da violencia e do autoritarismo.

A violencia, a brutal represión, a desorientación e calquera forma de manipulación gobernamental e patronal só poden frear temporalmente o progreso dos pobos no seu camiño da conquista do poder popular.

Chamamos os traballadores do noso país a expresaren o seu apoio e a súa solidariedade cos pobos destes países. Cantos máis sexan os golpes que reciba o imperialismo en cada país, mellor será para todos os pobos do mundo.


PAME CHÁMATE!
TODOS XUNTOS NA FOLGA DO 23 DE FEBREIRO
NINGUÉN PODE FALTAR Á DEMOSTRACIÓN DA PRAZA DE OMONIA ÁS 11 A.M.

Traballadora, traballador, desempregado, mocidade,

Únase a nós na organización e ofensiva da nosa clase, vostede, que nunca até agora participou nunha folga. Vostede debe facelo agora, para mostrar que non toleramos o que sucede, que non lexitimamos a brutal política antiobreira, que non dobramos os xeonllos e que fortalecemos a nosa resistencia contra as novas medidas que se prepararan. Vostede debe contribuír tamén, e lograr unha mobilización que os encha de terror. Temos de demostrar a nosa forza ao goberno, aos patróns, á Unión Europea, ao Fondo Monetario Internacional. As persoas con medo deben ter coraxe.

NON MÁIS SACRIFICOS PARA A PLUTOCRACIA
NON AOS ULTIMOTOS ANTILABORAIS E Á AUTERIDADE

A clase obreira está en guerra e debe demostralo. Con esta folga e as loitas vindeiras, os depredadores da riqueza social que producimos, quere dicir, os industriais, os banqueiros, os empresarios cos seus partidos e os seus aliados no movemento sindical ao seu servizo, poden e deben ser derrotados.

Temos o poder de construírmos un muro impenetrábel para contraatacarmos as peores medidas aínda por chegaren. Chega con organizamos as nosas forzas en cada lugar de traballo, en todos os sectores.

Podemos darlles á vota ás medidas e políticas antilaborais, coa PAME como ferramenta, e abrirmos o camiño a outra política, a outro modo de desenvolvemento que responda ás necesidades do pobo.

Ningún consenso, ningunha submisión.
Indisciplina e desobediencia ao furacán antilaboral e antipopular.
Loita unida en todos os sitios. Organización. Solidariedade.

NINGUÉN SÓ. TODOS PARA UN E UN PARA TODOS.

Só así podemos enfrontar o terrorismo e a brutalidade do capital, do goberno e da Unión Europea.

O intento de espolio do pobo coas novas e peores medidas continuará sen pausa. As chantaxes contra os traballadores non van cesar. Non aceptamos pagar pola súa crise, os seus déficits, as súas débedas. Os seus creadores deben pagalos. A plutocracia e os seus partidos, o PASOK (socialdemócrata) e Nova Democracia (conservador).

Vostede non debe deixarse enganar polas mentiras que din que se beneficiará da ampliación da débeda, da renegociación. Os banqueiros, os capitalistas, serán quen se beneficien, máis unha vez, disto. Vostede pagará a conta outra vez.

NINGUNHA TOLERANCIA COAS SÚAS MENTIRAS!

Coa lei sobre os contratos empresariais queren reducir drasticamente os salarios en todo o sector privados. Queren derrogar os contratos laborais sectoriais e impoñeren contratos individuais. Queren que traballamos de forma flexíbel, sen horarios. Queren suprimir o descanso do domingo.

DEBEMOS RESPONDER:

Fóra as súas mans dos Convenios Colectivos Laborais. Ningunha negociación sobre as reducións dos salarios e as prestacións! Aumento dos salarios xa, que deben responder ás necesidades populares.

O ataque contra a Seguridade Social continúa. As pensións redúcense aínda máis. As pensións asistenciais minguarán polo menos nun 20%. Eliminarán a metade das pensións de invalidez. A 13ª e 14ª pensión elimináronse permanentemente. (Grecia ten unha tradición en que os xubilados reciben un bono de dúas semanas de pensión por Semana Santa e un pago correspondente a un mes polo Nadal. Estas son a 13ª e 14ª pensión.)

A metade dos traballadores que están na lista das Profesións Pesadas e Insás desaparecerán desa lista. Así, a idade de xubilación increméntase de 5 a 7 anos. As pensións minguarán cando menos nun 20%. Os empresarios beneficiaranse.

Abolición inmediata de todas as leis contra a seguridade social. Pensión mínima de 1.120 euros. Xubilación aos 60 anos para os homes e aos 55 para as mulleres.

Os desempregados son máis de un millón. É absolutamente seguro que o seu número medrará drasticamente. O goberno tenta reducir aínda máis a prestación de desemprego. A grande maioría dos desempregados non teñen asistencia médica. Abonda xa! Aumentos substanciais nas prestacións de desemprego, asistencia médica para todos sen condicións.

As privatizacións dos ferrocarrís e dos medios de transporte urbano traen novas subidas nos billetes. Moitos traxectos dos medios de transporte urbano suprímense e outro tanto pasa cos billetes reducidos e de balde para as categorías específicas de persoas ou de grupos vulnerábeis.

Co proxecto de lei sobre a Saúde dan o ataque final ao carácter gratuíto e social da asistencia sanitaria, favorecendo aos empresarios da Saúde. A situación será dramática para os desempregados, os xubilados, as persoas con discapacidade.

O goberno e os grandes comerciantes tentan liberar o horario de traballo, suprimiren o descanso do domingo, convertendo os traballadores do comercio en escravos, convertendo os centros de traballo en galeras medievais onde se traballará segundo os desexos, os días e as horas que a patronal queira.

Esta medida funcionará como piloto para todos os sectores. O horario de traballo será flexíbel segundo as necesidades dos capitalistas.

Esta medida tamén se converterá nunha arma máis nas mans dos monopolios para destruír as pequenas empresas do sector.

Esiximos que ningún traballador estea sen seguridade social. Ningún traballador debe ser pagado en virtude dos convenios colectivos e perder o resto de disposicións que ten.

As familias dos desempregados deberían ter todo o necesario para vivir. Todo o mundo debe organizarse nos sindicatos de clase.

Traballador, traballadora, desempregado, desempregada,
NON DEBE PERDER MÁIS TEMPO

Unha organización forte e unha fronte unida contra os monopolios, os seus gobernos, o sindicalismo gobernamental e patronal é necesaria para que a clase obreira e as capas populares do noso país contén cunha defensa efectiva que asegure un proxecto vitorioso de contraataque. PAME loita por un movemento como este. As maiorías de GSEE e de ADEDY (organizacións do sindicalismo gobernamental e patronal no sector privado e público) non queren nin poden servir nesta loita. Están no lado oposto. Estiveron e están do lado do PASOK e da ND. Trátase dunha burocracia organizada, que ten fortes vencellos coas patronais e o Estado. Expresan a aristocracia obreira que ten como interese e obxectivo manter a situación de miseria no noso movemento sindical.

A decisión de convocar unha Folga o 23 de febreiro foi tomada pola presión da PAME. As maiorías da GSEE e do ADEDY nin queren nin van loitar polo seu éxito. O resultado será xulgado pola concentración e a loita que se dará nas federacións, nos sindicatos e noutras organizacións en cada lugar de traballo.

Loitamos decisiva e organizadamente con sindicatos contrarios aos empresarios e o goberno.

Temos o deber de asir coas nosas mans a responsabilidade da organización e a escalada da loita. Debemos crear comités de folga en todos os lugares de traballo.

A folga do 23 de febreiro debe converterse nun grande paso adiante.

Podemos impoñer o noso dereito. Non podemos camiñar xunto coas forzas que negocian o que podemos perder. O noso futuro, o futuro dos nosos fillos non pode ser determinado pola vontade dos nosos explotadores. Todos deben abandonar o PASOK e a ND, partidos da plutocracia e os seus aliados.

Debemos unir as nosas forzas con firmeza para que a riqueza que producimos sexa propiedade da clase obreira, de todos os traballadores.

Ningún compromiso, ningunha tolerancia coa política antilaboral. Ningunha submisión á brutalidade.

Coa Fronte Militante de Traballadores de Grecia (PAME), a Coalición Antimonopolista de Artesáns, Comerciantes e Traballadores por Conta Propia de Toda Grecia (PASEVE), a Asociación Combativa de Todos os Campesiños de Grecia (PASY), a Fronte Militante Estudantil (MAS), a Federación de Mulleres de Grecia (OGE), para abrir o camiño dunha sociedade libre de monopolios, onde os medios de produción sexan propiedade popular. Nós somos a forza que varrerá os gobernos e os seus intereses e imporá o noso propio poder popular. So así o traballo pleno, estábel e as necesidades populares actuais serán asegurados para todo o mundo, sen patróns nin explotación.

Sen nós, a engrenaxe non xira.
PAME chámate a esta loita.

Todos á Folga o 23 de febreiro e á manifestación na Praza de Omonia ás 11 a.m.



3 Comments:
  • At 2/11/2011 06:55:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Joder, é realmente bo este comunicado da PAME.
    Moito temos que aprender dos comunistas gregos...
    ADIANTE COA FOLGA!!

     
  • At 2/11/2011 07:34:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Pois si. Que envexa de linguaxe.

     
  • At 2/12/2011 09:30:00 da tarde, Anonymous A Chispa ! said…

    Comparar as posições politicas combativas e revolucionárias da PAME, com as politicas reformistas/colaboradoras da CGTP e reaccionárias e pró-governamentais da UGT que se praticam em Portugal, chega-se à conclusão que existe uma diferença como do dia para a noite.

    A"A Chispa!" e "ClassecontraClasse!" aproveitando a vossa tradução reproduziu e publicou o comunicado da PAME, para o dar a conhecer aos trabalhadores portugueses.

    Um abraço
    A Chispa!

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com