Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A FPLP condena opresión e abuso contra os pobos árabes e pide o apoio ás revolucións
22/02/2011

A Fronte Popular pola Liberación de Palestina condena os amplos abusos, crimes e opresión contra as masas populares árabes en Libia, Bahrain, Iemen e no resto do mundo árabe, que están a loitar para protexeren os seus dereitos e dignidade fronte aos brutais réximes reaccionarios.

A FPLP demandou o 20 de febreiro a inmediata fin da sanguenta e brutal represión a mans destes réximes, e afirmou que o silencio fronte a estes crimes é unha vergoña. Centos de persoas foron asasinadas e milleiros feridas, afirmou a Fronte, apelando a todos os árabes e ás organizacións internacionais que valoran a dignidade e os dereitos humanos, e a todos os medios de comunicacións árabes e internacionais a que actúan para expoñeren a realidade e difundiren a grave información sobre os crimes que se comenten contra os países e o pobo árabes, e acabaren cos masacres que se ocultan os ollos árabes e internacionais.

A FPLP fai fincapé en que a marcha cara á liberdade, dignidade e xustiza dos pobos da nación árabe, provocada polas revolucións de Exipto e Tunisia, non se deterán por mor dos masacres destes tiranos, e que o pobo seguirá adiante e acadará os seus obxectivos de liberación, democracia, xustiza social e unidade.
4 Comments:
  • At 2/22/2011 07:57:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    estou intentando averiguar se se pode meter no mesmo saco as revoltas en Túnez, Exipto ou Iemen coa de Libia, os datos neste caso son contradictorios polo que polo de agora quédome con este artigo de Fidel no que ao contrario do que pasou no resto avisa dunha posible invasión da OTAN, http://www.cubadebate.cu/reflexiones-fidel/2011/02/22/el-plan-de-la-otan-es-ocupar-libia/

     
  • At 2/22/2011 08:17:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    no caso de Libia non creo que se poda afirmar nada con seguridade http://www.cubadebate.cu/reflexiones-fidel/2011/02/22/el-plan-de-la-otan-es-ocupar-libia/

     
  • At 2/22/2011 08:42:00 da tarde, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Obrigado pola ligazón. Sen dúbida e como sempre, interesante artigo do Comandante. Toda a información, e máis cando non é de orixe burguesa, sempre é pouca.
    De novo, o noso agradecemento.

     
  • At 2/22/2011 09:59:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    non hai de qué... hai moitas preguntas sobre o caso libio por responder,¿porqué a liga árabe suspende a Libia e non fixo o mesmo con Túnez ou Exipto e non o fai con Iemen, Marrocos ou Bahrein? ¿Porqué o consello de seguridade da ONU reunese para analizar o caso Libio e non fai o mesmo no resto dos casos? ¿porqué se fan todolos medios eco das informacións de salvaxe represión aos manifestantes pacíficos e obviase que eses manifestantes "pacíficos" están armados e destrozaron sedes do goberno,postos da policía,etc?¿Porque se da por certo as informacións de HRW e non os desmentidos do goberno libio?Posiblemente o FPLP teña datos máis obxectivos que os que temos aquí para xa dende un principio meter no mesmo saco a Libia e ás demáis revoltas na rexión paréceme un tanto precipitado,o goberno Libio en relación aos demáis goberno títeres da zona merece por parte dos comunistas algo máis de obxectividade, non tanto polo seu presente se non polo seu pasado antiimperialista que non hai que olvidar. O tempo diranos se estamos ante actos de salvaxe represión dun goberno que deixou de ser popular fai tempo,ou estamos novamente ante un caso que recorda ao sucedido no golpe de estado do 2002 en Venezuela,as revoltas secesionistas neofascistas en Bolivia,as falsas represións que sempre segundo os medios burgueses se suceden cando en Bielorrusia hai eleccións presidenciais ou as famosas revoltas convocadas a través de internet no Irán fai pouco tempo.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com