Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O Labirinto Libio
23/02/2011
O Labirinto Libio. 
O estoupido que remata coa Revolución de Gaddafi?

Vijay Prashad
Counterpunch
22/02/11
Traducido por Estoutras


En 1969, o coronel Muammar al-Gaddafi (27 anos) sorprendeu o ancián rei Idris, daquela en Turquía recibindo tratamento médico. Inspirado polos Oficiais Libres de Exipto, Gaddafi e o seus compañeiros coroneis conduciron ao socialismo ao feble estado libio e á aínda máis feble sociedade libia. A principal riqueza de Libia era o seu petróleo, e nos días en que foi deposto Idris o país exportaba tres millóns de barrís de petróleo ao día. Escandalosamente, recibía a menor renda por barril no mundo. Idris festexaba os beneficios mentres o pobo padecía o indicíbel. Eis a razón da escasa oposición ao golpe de Gaddafi.

O réxime de Gaddafi impulsou unha serie de cambios radicais para transformar a sociedade libia. Libia tivo a desgraza de ser un posto avanzado tanto do Imperio Otomano como das aventuras coloniais italianas. Algo fatal para o máis básico desenvolvemento social. Durante a primeira década do réxime de Gaddafi, o Estado fíxose cargo dos campos de petróleo e aumentaron as súas rendas. De seguido, ese diñeiro foi destinado ao benestar social, principalmente á vivenda e á sanidade. No curso da segunda década (1978-1988), o réxime restrinxe o sector privado e anima os traballadores a tomar o control de case 200 empresas. A redistribución da terra na chaira occidental de Trípoli foi a medida afín no rural. O Estado interveu para controlar todas as operacións macroeconómicas, ao tempo que o Banco Central redistribuía a riqueza limitando as operacións bancarias.

Nacionalista ao estilo Nasser, a Gaddafi, porén, non lle interesaba a laicidade. No seu Libro Verde desestimou capitalismo e comunismo a prol dunha “Terceira Teoría Universal” para retornar o mundo árabe aos fundamentos do Islam en política e economía. A expulsión dos residentes italianos de Libia obedecía tanto o mandato islámico como o nacionalismo, o mesmo que no caso da solidariedade coas revolucións islámicas desde o Chad até Filipinas (como ferramenta para as súas ambicións creou en 1972 o Lexión Islámica “al-Failaka al-Islamiya). A militancia islámica en Gaddafi acabou cando foi vítima dunha tentativa de asasinato en 1993 e co medre da militancia na próxima Alxeria. O islamismo político de Gaddafi transformouse rapidamente nunha paranoia sobre al-Qaeda no Magreb.

Após o 11 de setembro, Gaddafi ofreceu rapidamente o seu apoio aos EUA. En outubro de 2002, o ministro de Exteriores, Mohammed Abderraham Chalgam, admitiu que o seu goberno mantivera estreitas consultas cos EUA en materia de antiterrorismo, e poucos meses despois, o aparente herdeiro de Gaddafi, Saif al-Islam al-Qaddafi, eloxiou o apoio de Libia á guerra de Bush contra o terrorismo. Se vostede visitara a páxina web de Gaddafi nesa época, lería a notábel declaración do vello Coronel, “O fenómeno do terrorismo non é un motivo de preocupación só para os EUA. É algo que concirne ao mundo enteiro. Os EUA non pode combatelo só. Non é lóxico, razoábel ou produtivo encomendar a tarefa só aos EUA.” Estes precisaban de Gaddafi, un auténtico terror para grupos como o Grupo Islámico Combatente Libio. Gaddafi debeu pasar frío cando viu que, en maio de 2009, acudían milleiros de persoas ao funeral de Ibn Sheikh al-Libi na cidade de Ajdabia (al-Libi fora detido en Paquistán en 2001, e morreu baixo custodia estadounidense. Libia colaborou cos EUA neste e noutros casos de combatentes libios arrestados durante a guerra en Iraq e Afganistán).

A Cuestión do Oriente

Ajdabia, cidade natal de al-Libi, sitúase na parte leste de Libia, a histórica vilaia [provincia] da Cirenaica (outra cidade da zona é Benghazi, punto quente nos disturbios de 2011). Libia oriental está orgullosa da súa extensa tradición de resistencia contra as autoridades estranxeiras. As súas tribos lideraron a resistencia contra os otomanos e despois contra a ocupación italiana. O heroe da loita contra os italianos foi Omar al-Mukhtar, cuxo rostro adorna o billete de dez dinares libios e cuxa loita ficou inmortalizada por Anthony Quinn na película de 1981, financiada polo goberno de Gaddafi, O León do Deserto. Tamén foi na provincia oriental onde xurdiu a orde do Islam Sanusí, á que pertencía o rei Idris. A orde Sanusí conta coa lealdade dun terzo da poboación libia. Algúns deles aínda teñen a Gaddafi como responsábel da remoción do seu rei.

O novo réxime de Gaddafi presuntamente tentou derrocar a supremacía das tribos. O que fixo foi reforzar a súa propio tribo, a Qadhadhfa, e a amigos persoais de Gaddafi. A confederación Sa’adi do Oriente ficou fora da nova administración. O retorno dos rendementos petroleiros e o salario social prometido polo novo réxime supuxeron só unha insignificante axuda ao empobrecido Oriente.

Revolución dentro da Revolución

A neglixencia co Oriente non só continuou, senón que, a finais da década dos 80, o réxime de Gaddafi se volveu así no resto do país. O uso desacertado dos excedentes de petróleo levou a un estancamento económico. Gaddafi obtivo un respiro cando os EUA, na época de Reagan, bombardeou o seu palacio, matando a súa filla Hanna de 15 meses. O pobo libio uniuse en torno a el e o seu réxime. O anti-americanismo, moi doado con Reagan á cabeza de Washington, subministrou unha boa cobertura para o que Gaddaffi chamou 'Revolución dentro da Revolución'. Estas eran as palabras libias para describiren a entrada no neoliberalismo, o chamado por Gaddafi 'capitalismo popular'. En 1987, a anémica política de substitución de importacións chegou á súa fin e as receitas do FMI serviron para 'reformar' a agricultura e a industria. En setembro de 1988, o goberno aboliu as cotas de importación e exportación, permitindo que o comercio ao por menor prosperara nas cidades.

As sancións da ONU de 1992 levaron as 'reformas' ao caos, e permitiron o vello Gaddafi emerxer do sartego onde se metera. Aparecen fendas nunha elite gobernante que xestionaba as 'reformas' unhas veces lenta e outras aceleradamente. A principal figura da axenda neoliberal foi Shokri Ghanem, que pasaría do posto de Primeiro Ministro do gabinete en 2006 ao máis importante de cabeza da Corporación Nacional de Petróleo. Ghanem promoveu intensamente os investimentos estranxeiros no sector petroleiro, e apresurouse a implantar os Acordos de Produción e Explotación Compartidos con compañías que ían desde Occidental Petroleum Corporation até China National Petroleum Corporation. O inglés Tony Blair e o francés Sarkozy correron a bicar o anel de Ghanem e comprometeron finanzas por concesións petrolíferas. Esta é a razón pola que o goberno inglés liberou o presunto terrorista de Lockerbie e pola que Berlusconi se inclinou diante do fillo de Omar al-Mukhatar en 2008 e entregou 5 millóns de dólares nunha desculpa polo colonialismo italiano. Coa súa brusquidade característica, Berlusconi dixo que el se desculpou só para que Italia recibira «menos inmigrantes ilegais e máis petróleo».

Xunto a Ghanem está o fillo de Gaddafi, Saif, quen realizou unha tese na London School os Economics en setembro de 2007 sobre 'O papel da sociedade civil na democratización da toma de decisións mundial: do poder 'brando' á toma de decisión colectiva' (o traballo foi aconsellado encarecidamente por David Held). Saif avogou pola necesidade de lle dar ás ONG dereito ao voto nas tomas de decisións internacionais, impedindo así o dominio dos Estados Unidos e dos seus aliados atlánticos. A 'natureza' das ONG, argumentou, é seren «críticos independentes e avogados dos marxinados e vulnerábeis». Permitir que as ONG temperen as ambicións do Norte é moito máis 'realista', defendía Saif, que esperar unha transformación nas relacións internacionais. Este tipo de realismo conduciu a súa fe nas 'reformas' e no seu recente chamamento á máis dura violencia armada contra os que protestan en Trípoli e Benghazi. A 'Sociedade Civil', na linguaxe do neoliberalismo, limítase ao labor daquelas ONG que non queren revisar as relacións de poder. Os miserentos das rúas non son parte da 'sociedade civil', eles son irracionais.

O Congreso Popular de Base laiouse das 'reformas' en setembro de 2000. Non gustou da privatización das empresas públicas e da creación de enclaves de libre comercio. O seu periódico, al-Zahf al-Akhdar, latricou contra empresas estranxeiras e o sector turístico. Unha parte dentro do Congreso tamén estaba irritada polas concesións políticas de Gaddafi para reducir as sancións da ONU e gañar o favor das capitais europeas (a fin do programa nuclear libio era parte destas concesións). O Congreso tratou de desacelerar as 'reformas'. Estas accións irritaron o FMI, cuxo informe de 2006 remataba así: «O progreso no desenvolvemento dunha economía de mercado foi lento e descontinuo».

As vellas pugnas entre lealdades tribais comezaron na casa de Gaddafi. O seu fillo Muatassim participou activamente na creación da Zona Franca de Exportación cerca de Zuwara. Muatassim, a quen o embaixador serbio definiu como «un home sanguento» e «non moi brillante», leva moito tempo enfadado co seu irmán Saif, a quen moitos consideraran que foi preparado para suceder a Gaddafi. Saif, pola súa parte, tentou acelerar o ritmo das reformas a través do seu comité Consello Económico e de Desenvolvemento. Os irmáns levan moito tempo loitando entre eles, mais os dous no lado do neoliberalismo. A diferenza é que cada un cre nas súas 'reformas'.

Os levantamento no leste, combinados cos esforzos neoliberais de Trípoli, agruparon a grandes sectores da poboación contra o réxime de Gaddafi. Pouco fica do brillo de 1969 no vello home. É unha caricatura dos anos revolucionarios. Estamos moi afastados daquel 'instigador revolucionario' que tiña por lema «as masas deben tomar o mando do seu destino e da súa riqueza». Do lado polo que se inclinen os militares dependera o desenvolvemento dos acontecementos (que dous coroneis nos seus Mirages se refuxiaran en Malta no canto de dispararen a multitude en Trípoli é unha primeira indicación dunha dirección, mais na outra dirección están eses outros pilotos que si dispararon contra a multitude). A cuestión aínda non está resolta.

As masas saíron ás rúas. Vellas rivalidades e novos resentimentos camiñan xuntos. Algúns buscan obxectivos tribais reaccionarios, outros buscan liberarse das 'reformas'. Algúns se preguntan por que un país de 6 millóns de persoas rico en petróleo non se asemella aos Emiratos, e outros simplemente queren ter un maior control das súas vidas. Mais a maioría o que quere e se liberar dos ocultos corredores do labirinto libio.
12 Comments:
  • At 2/24/2011 11:23:00 da manhã, Blogger cule1979 said…

    as "informacións" sobre Libia seguen a ser moi contradictorias, mirade o que publicou onte o blog civlizaciónsocialista http://civilizacionsocialista.blogspot.com/2011/02/version-de-la-agencia-iar-noticias.html

     
  • At 2/24/2011 11:29:00 da manhã, Blogger cule1979 said…

    e aquí vai outra ligazón a telesur,con "informacións" do enviado especial en Trípoli http://www.telesurtv.net/secciones/noticias/89452-NN/tripoli-se-manifiesta-a-favor-de-gaddafi-y-opositores-dicen-controlar-el-este-de-libia/

     
  • At 2/24/2011 03:08:00 da tarde, Blogger cule1979 said…

    máis visións sobre o tema http://civilizacionsocialista.blogspot.com/2011/02/libia-y-el-imperialismo.html

     
  • At 2/24/2011 03:34:00 da tarde, Blogger cule1979 said…

    agora vou facer unha análise propia,o meu descoñecemento sobre o réxime que goberna libia e a situación actual das revoltas faime buscar tódolos datos posibles para facerme unha idea propia, hai unha lista que publica o Wall Street Journal, é dicir, o voceiro oficial do neoliberalismo imperialista, na que puntúan as diferentes estados polo seu nivel de liberdade económica, que como xa sabemos vindo de esta xente quere dicir que grado de accesibilidade teñen as grandes corporacións privadas para explotar os recursos e medios de producción locais. Como non podía ser menos a última da lista e RPD de Corea con un punto sobre 100, Cuba ten 27,7, Venezuela 37,6 e Libia está séptima pola cola con 38,6. Entón eu preguntome, ¿lle interesa ao imperialismo un goberno diferente ao de Gaddafi cando estamos a falar dun dos países máis ricos en petróleo? ¿As concesións das que se falan dos últimos anos do réxime as multinacionais extranxeiras foron tan amplas e suficientes como para que o estado libiodeixara os últimos postos desa lista? Parece que non.

     
  • At 2/24/2011 03:35:00 da tarde, Blogger cule1979 said…

    a ligazón a lista é o seguinte http://www.heritage.org/index/ranking

     
  • At 2/24/2011 07:58:00 da tarde, Blogger cule1979 said…

    fidel non dispara sin bala http://www.xornal.com/artigo/2011/02/24/mundo/ue-admite-intervencion-militar-libia-posible/2011022413344300538.html

     
  • At 2/24/2011 08:34:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Penso que o problema non é se as concesións son ou non son amplas para as multinacionais. De pouco vale se pecha totalmente as portas ás multinacionais (que non é así, e por iso a súa amizade con Berlusconi, Sarkozy, et.)se os beneficios do petroleo non van parar ao pobo.
    Eu máis ben diría que estamos ante unha disputa entre a burguesía nacional e a internacional. A ver quen queda co pastel. E nesta loita, as masas populares pouco contan. Si, está claro que son as que van sufrir.

    Cousas significativas en Libia:
    -Os manifestantes con bandeiras da miserábel etapa monárquica.
    -Cidades que caen do control do goberno en cuestión de días, con edificios e tanques destrozados. Tendo en conta o que din os xornais burgueses sobre a represión, o uso de avións, helicópteros e mercenarios... como é posíbel? Que tipo de oposición existe? Con que armamento contan?

    En fin, aquí pouco sabemos.

    O que si está claro é que debemos combater é a intervención imperialista.

    Saúdos.

     
  • At 2/25/2011 02:01:00 da manhã, Anonymous RED said…

    Gosto deste artigo, que fai unha reflexión interesante para comprender o camiño Libio. Sobre o blog "civilización socialista" xa hai moito tempo que non lle presto atención ningunha posto que parece que todo lles vale, en numerosas ocasión defenden o indefendíbel, e cousas mesmo contradictorias. Interesante reflexión a de "cule" e a de "anónimo".
    Por suposto que debemos combater a intervención imperialista, mais persoalmente non por iso vou caer no erro de apoiar ao Gaddafi. Nin con uns nin con outros. Eu estou coa clase obreira e o resto das clases populares de Libia!
    Certo que se debe recadar máis información, máis é moi significativo como organizacións tan dignas e respetábeis como o FPLP ou o propio KKE abordan o tema nos seus comunicados.

     
  • At 2/25/2011 12:48:00 da tarde, Blogger cule1979 said…

    http://www.galiciae.com/nova/77956.html

     
  • At 2/25/2011 03:17:00 da tarde, Blogger cule1979 said…

    http://www.telesurtv.net/secciones/noticias/89515-NN/manifestantes-en-libia-alertan-a-comunidad-internacional-de-posible-invasion-de-la-otan/

     
  • At 2/25/2011 03:26:00 da tarde, Blogger cule1979 said…

    http://www.xornal.com/artigo/2011/02/25/mundo/espana-propone-otan-despliegue-aviones-vigilancia-buques-frente-libia/2011022513150800696.html

     
  • At 2/25/2011 03:34:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    http://euskalherriasozialista.blogspot.com/2011/02/desmienten-versiones-de-medios.html

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com