Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O plan da OTAN é ocupar Libia
23/02/2011

 Fidel Castro
22/02/11


O petróleo converteuse na principal riqueza en mans das grandes transnacionais ianquis; a través desa fonte de enerxía dispuxeron dun instrumento que acrecentou considerabelmente o seu poder político no mundo. Foi a súa principal arma cando decidiron liquidar facilmente a Revolución Cubana en canto se promulgaron as primeiras leis xustas e soberanas na nosa Patria: privala de petróleo.

Sobre esa fonte de enerxía desenvolveuse a civilización actual. Venezuela foi a nación deste hemisferio que maior prezo pagou. Estados Unidos converteuse en dono das enormes reservas con que a natureza dotou ese país irmán.

Ao finalizar a última Guerra Mundial comezou a extraer das minas de Irán, así como das de Arabia Saudí, Iraq e os países árabes dos arredores, maiores cantidades de petróleo. Estes pasaron a ser os principais subministradores. O consumo mundial medrou progresivamente até a fabulosa cifra aproximada de 80 millóns de barrís diarios, inclusive os que se extraen no territorio dos EUA, aos que posteriormente se sumaron o gas, a enerxía hidráulica e a nuclear. Até comezos do século XX o carbón foi a principal fonte enerxética que fixo posíbel o desenvolvemento industrial, antes de apareceren miles de millóns de automóbiles e motores consumidores de combustíbel líquido.

O estrago do petróleo e o gas está asociado a unha das maiores traxedias, non resolta en absoluto, que padece a humanidade: o cambio climático.

Cando xurdiu a nosa Revolución, Alxeria, Libia e Exipto aínda non eran produtores de petróleo, e grande parte das enormes reservas de Arabia Saudí, Iraq, Irán e os Emiratos Árabes Unidos non se descubriran.

En decembro de 1951, Libia convértese no primeiro país africano en acadar a súa independencia após a Segunda Guerra Mundial, en que o seu territorio foi escenario de importantes combates entre tropas alemás e do Reino Unido, que deron sona aos xenerais Erwin Rommel e Bernard L. Montgomery.

O 95% do seu territorio era totalmente desértico. A tecnoloxía permitiu descubrir importantes xacidas de petróleo lixeiro de excelente calidade que hoxe acadan un millón 800 mil barrís diarios e numerosos depósitos de gas natural. Tal riqueza permitiulle acadar unha esperanza de vida de case 75 anos, e o máis alto ingreso per cápita de África. O seu duro deserto está situado encol dun enorme lago de auga fósil, equivalente a máis de tres veces a superficie de Cuba, o que fixo posíbel a construción dunha ampla rede de condutos de auga doce que se estende por todo o país.

Libia, que tiña un millón de habitantes cando acadou a súa independencia, ten hoxe máis de 6 millóns de habitantes.

A Revolución Libia aconteceu en setembro de 1969. O seu principal dirixente foi Muammar al-Gaddafi, militar de orixe beduína, quen na súa mocidade se inspirou nas ideas do líder exipcio Gamal Abdel Nasser. Sen dúbida que moitas das súas decisións están asociadas aos trocos producidos cando, como en Exipto, unha monarquía feble e corrupta foi derrocada en Libia.

Os habitantes dese país teñen milenarias tradicións guerreiras. Seica os antigos libios formaron parte do exército de Aníbal cando estivo a piques de liquidar a Antiga Roma coa forza que cruzou os Alpes.

Poderase estar de acordo ou non con Gaddafi. O mundo foi invadido con todo tipo de novas, empregando especialmente os medios masivos de información. Teremos de agardar o tempo necesario para coñecermos con rigor canto hai de verdade ou mentira, ou unha mestura de feitos de todo tipo que, no medio do caos, se produciron en Libia. O que para min é absolutamente evidente é que ao Goberno dos EUA non lle preocupa en absoluto a paz en Libia, e non vacilará en dar á OTAN a orde de invadir ese rico país, tan vez en cuestión de horas ou poucos días.

Os que con pérfidas intencións inventaron a mentira de que Gaddafi se dirixía a Venezuela, igual que o fixeron na tarde de onte domingo 20 de febreiro, recibiron hoxe unha digna resposta do Ministro de Relacións Exteriores de Venezuela, Nicolás Maduro, cando expresou textualmente que facía «votos porque o pobo libio atope, no exercicio da súa soberanía, unha solución pacífica ás súas dificultades, que preserve a integridade do pobo e a nación Libia, sen a inxerencia do imperialismo...»

Pola miña parte, non imaxino o dirixente libio abandonando o país, eludindo as responsabilidades que se lle imputan, sexan ou non falsas en parte ou na súa totalidade.

Unha persoa honesta estará sempre contra calquera inxustiza que se cometa con calquera pobo do mundo, e a peor delas, agora, sería gardar silencio diante do crime que a OTAN se prepara para cometer contra o pobo libio.

Á xefatura desta organización belicista úrxelle facer. Hai que denuncialo!


3 Comments:
  • At 2/23/2011 12:58:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Antón.

    "Roubo" un comentario que aparece na ligazón ao artigo orixinal en Cuba Debate e que me pareceu interesante:

    Martinho Júnior

    LÍBIA “INVADIDA” A PARTIR DO EGIPTO E DA TUNÍSIA.

    1 ) As revoltas no Egipto e na Tunísia, a leste e a oeste da Líbia, estão a propiciar que o campo de manobra conseguido se estenda particularmente na direcção do “fulcro” petrolífero e de gás que constitui a Líbia, ou seja, em direcção a Tripoli.

    2 ) Também essa geo estratégia corrobora o facto de que os acontecimentos na Tunísia e no Egipto seguiram a “ementa” da revolta, para que não houvesse uma verdadeira revolução, para fins muito lucrativos, desde a garantia das rotas de petróleo à tomada dos poços de petróleo e gás líbios, bem como a garantia do domínio sobre a água existente debaixo do deserto desse país.

    3 ) No Iraque, Bush e os seus aliados da OTAN foram brutais, criminosos, mas agora que as correcções de James Baker e George Soros foram introduzidas, em nome dos “direitos humanos” e dos eventuais erros acumulados por Kadhafi, é possível as “ementas” interligadas da Tunísia, do Egipto “com fecho” agora na Líbia, conforme é denunciado por Fidel com toda a lucidez.

    4 ) As garras dos grandes falcões esão agora de fora, prontas a actuar.

    5 ) A outra parte do Magrebe não terá os mesmos incidentes: a Argélia funcionará como uma “almofada amortecedora” dos impactos das “revoluções coloridas”, para que tudo se passe a favor do Rei de Marrocos e para que a Ibéria, ou seja o flanco sudoeste da NATO, não venha a sofrer contágio imediato…

    6 ) Tudo se passa explorando a espiral em torno do Médio Oriente, para que a outra parte da reserva petrolífera, aquela que abrange os Golfos do México (com a Venezuela em primeiro plano), o pré sal brasileiro e o Golfo da Guiné (sobretudo a Nigéria e a suculenta presa que é Angola) fique para depois!…

    7 )Assim sendo é evidente a geo estratégia da rapina imperialista: primeiro as nações árabes cujo petróleo e gás se vão esgotando, depois as nações latinas da América e da África Ocidental ao sul do Sahara, cujo petróleo e gás ainda não alcançaram o “pico de Hubbert”!…

    Martinho Júnior

    Luanda

     
  • At 2/23/2011 03:01:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    http://andaluciaproletaria.blogspot.com/2011/02/reflexiones-sobre-libia.html

     
  • At 2/25/2011 08:16:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    http://www.cubadebate.cu/especiales/2011/02/25/rechazamos-la-muerte-de-inocentes-pero-es-inaceptable-el-intervencionismo-en-libia/

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com