Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Urxente: "Arenas" dispersado, illado e ameazado
28/02/2011

Traducido por Estoutras

Carta dos familiares de Manuel Pérez Martínez 'Camarada Arenas' sobre a súa situación


En canto soubo que ía ser conducido ao cárcere de Castellón II, Manuel dixo «vanme estar esperando» e así foi.

Aínda que puidera semellar estar no campo de concentración nazi de Mathausen, Austria, non é así, trátase do Centro Penitenciario Castellón II, no concello de Albocasser, na provincia de Castelló, Estado español.

Alí foi conducido o noso querido familiar Manuel Pérez Martínez, que após aterrar tivo o recibimento agardado, facéndolle saber que as súas xa de seu duras condicións de illamento durante anos en Meco aínda podían empeorar considerabelmente.

Fomos testemuñas de numerosos xuízos-farsa en que non conseguiron demostrar NADA do que está acusado. Unicamente puideron condenalo por un 'delito de omisión', quere dicir, 'por non facer nada', e agora, rematado o circo, foi DISPERSADO ao presidio de Castelló, a 500 quilómetros do seu entorno familiar. Non contentos con isto, están encargándose de lle facer sentir o máis brutal dos réximes de illamento.


En canto chegou, foi confinado ao módulo de illamento onde só hai un par de presos sociais cumprindo algunha sanción. A el, como xa lle sucedeu cando o conduciron á prisión de Meco desde a prisión de Soto del Real, levárono en canto chegou. Gustaríanos subliñar esta situación, confínano nun módulo de castigo nada máis chegar, dentro dun cárcere e nunhas condicións xa duras de seu.

Unha vez no alxube (non se nos ocorre outro nome) déronlle 'algo de roupa', mais iso si, denegándolle a prótese dental que utiliza despois de lla reter no acceso a ingresos. Non sabemos se por motivos de seguridade ou por medo a ser devorados... En fin, algo surrealista de non ser por xa estarmos máis que acostumados ao trato que sofren os presos, e en especial os presos políticos, por parte destes fascistas. Após dicirlles que se non lle entregaban a prótese se negaría a comer, os carcereiros non tiveron outra que ceder e darlla. Semella que só a´si, plantándolles cara, entran en razón e recúan os 'cans de presa'.

Pois ben, como era de esperar, a cousa non remata aquí. Cando chegou a hora de saír do alxube para tomar o ar fresco, os carcereiros volveron cunha nova provocación: «cada vez que queiras saíra da cela debes ser sometido a un exhaustivo cacheo integral», un trato denigrante ao que Manuel accedeu para poder dirixirse ao teléfono e realizar a chamada que lle permitiu denunciar a súa situación, e na que ademais aproveitou para anunciar que se no prazo dunha semana non cambia a situación de acoso e provocación se porá en Folga de fame indefinida.

Somos conscientes do estado de saúde de Manuel, e tamén, das repercusións que podería ter no resto de colectivos de presos políticos do PCE (r) e dos GRAPO que levaron a cabo, durante o pasado mes de decembro, unha serie de xaxúns nunha campaña de protesta, por entre outras denuncias a situación de desatención sanitaria que padecen os presos enfermos.

O que está claro é que todo isto non é aleatorio nin improvisado, senón que se tratar do mesmo plan de chantaxe e exterminio para que se axeonlle na coñecida estratexia de 'arrepíntete ou morre'. Para empregarse a fondo nesta sádica violencia intracarceraria argumentaron que «é un terrorista moi perigoso, e que a través dos seus avogados dá instrucións para atacar funcionarios». Unha acusación insólita e sorprendente xa que na grande cantidade de sumarios que ten sobre as súas costas, ningún deles fala de nada semellante. Máis ben continúa a ser a táctica de sempre, a de nos facer crer que eles, os fascistas, son os bons, as vítimas; e os comunistas os maos da película, os terroristas.

Para finalizarmos, só dicir que Manuel Pérez Martínez non está só e moito menos illado como pretenden. Ten a calor da súa ampla familia que sempre estivemos aí, e seguiremos estando, dos seus camaradas e dos centos e miles de solidarios en todo o mundo que mostraron a súa solidariedade en todo o seu longo procesamento. E baixo ningún concepto imos permitir, non xa só como familiares senón como pertencentes á clase obreira consciente, que sexa exterminado e moito menos silenciado.

Seguiremos informando sobre a súa situación se pode comunicarse connosco, ou de todo o contrario se non pode dar sinais de vida.

Unha aperta a todos.
2 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com