Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Comezou en Trípoli a “Marcha Verde” contra a invasión estranxeira na Libia
24/03/2011



A “Marcha Verde” que protagoniza o pobo libio encetou esta quinta feira desde a cidade de Trípoli, capital de Libia, cara a localidade de Benghazi, segunda cidade máis importante do país e bastión dos rebeldes, co obxectivo de dirimir as diferenzas cos insurxentes, acabar co conflito bélico e evitar unha invasión militar estranxeira.

O enviado especial de TeleSUR a Trípoli, Jordán Rodríguez, informou que a marcha xa comezou e percorrerá aproximadamente uns mil 200 quilómetros até Benghazi.

«Homes e mulleres pensan marchar pacificamente cara ao leste do seu país, pensan ir sumando xente en cada punto que encontren no camiño (...) A idea é chegar esta noite a Sirte (centro) e mañá seguir adiante até Benghazi”, sinalou.



Tamén informou que algúns voceiros da marcha deixaron claro que unha vez cheguen a Benghazi, buscaran resolver de forma pacífica as diferenzas co millón de persoas que están nesa cidade, declarada capital rebelde.

«Din que o problema non é se Muammar Al Gaddafi deixar ou non o a presidencia. Eles din que o problema é a unidade da súa nación e o retiro da agresión dos EUA, Franza e Inglaterra», aseverou.

A convocatoria dunha “Marcha Verde”, denominada así pola color da bandeira nacional, foi realizada polo líder libio, despois de que o sábado avións e buques da coalición imperialista bombardearan as posicións militares oficiais, para evitaren o seu ingreso armado en Benghazi.

Gaddafi invitou todos os libios a marchar até Benghazi, para sentar democraticamente a dialogar, atopar unha solución e así desarticular os plans que teñen as grandes potencias, como os EUA, para «dividiren e saquearen» a nación.

A axencia oficial libia Jana sinalou que moitos camiñantes levan ramos de oliveira nas súas mans, en sinal da vontade que teñen de «arranxaren os problemas de forma pacífica e non dar ocasión aos inimigos que atacan Libia e queren apoderarase das súas riquezas».

O Goberno libio denunciou nas últimas horas que os bombardeos das forzas estranxeiras estaban alcanzando a poboacións civís, deixando decenas de mortos e feridos.

«Un dos ataques alcanzou os socorristas que estaban a traballar para extraeren os mortos e feridos que deixaron os bombardeos previos nun barrio residencial da rexión», indicou a axencia Jana.

A coalición de guerra é liderada polos EUA, Franza e Gran Bretaña. Aínda que ningún dos tres gobernos quere asumir o mando dos ataques (EUA renunciou a el), deixaron claro que os bombardeos continuarán «todo o tempo que for necesario».


Hai uns días, o Secretario Xeral da OTAN, Anders Fogh Rasmussen, exhortou o Consello de Seguridade das Nacións Unidas «frear a inaceptábel vitoria de Gaddafi». Ese mesmo día, o Consello aprobou a zona de exclusión aérea na Libia e a intervención militar de potencias estranxeiras, o que constitúe unha plena violación da autodeterminación do pobo libio e a soberanía do país.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com