Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Confirmado bombardeo á residencia de Gaddafi en Trípoli
21/03/2011



As forzas da coalición bombardearon este domingo a residencia do líder libio Muammar al Gaddafi, Ale Zaiza, situada na capital do país, Trípoli, confirmou no lugar dos feitos o enviado especial de TeleSUR, Jordán Rodríguez.

«Confirme a esta hora bombardeo a residencia de Al Gaddafi. Non logramos usar a cámara, mais tirei fotos co teléfono. Xa as paso a Carcas», dixo este domingo o xornalista a través da súa conta na rede social Twitter@jordanteleSUR.

A edificación destruída é a mesma que foi bombardeada polos EUA, baixo as ordes do presidente Ronald Reagan en 1986, ataque en que morreu unha das fillas do líder libio.

«A televisión libia ten cámaras na residencia de Gaddafi e na Praza Verde, e fala da manifestación constante dos partidarios (neses lugares), hai unha especie de escudo humano e é importante que isto se teña en conta, hai xente aí que di estar disposta a protexer Gaddafi, hai civís desarmados con bandeiras, cantando e bailando», dixo o xornalista ás 23:30 hora local (21:26 GMT).
Antes, un dos voceiros do Goberno de Gaddafi, Musa Ibrahim, informara que un dos mísiles das forzas estranxeiras impactara nun dos edificios administrativo da residencia oficial.

«Trátase dun edificio administrativo que foi alcanzado por un disparo de mísil», indicou, a precisar que a edificación estaba a uns 50 metros da carpa onde Gaddafi recibiu a algúns dos seus convidados.

Este mesmo domingo, o Xefe do Estado Maior do Exército dos EUA, almirante Michael Mullen, dixera que Gaddafi non era un obxectivo do Pentágono.

Un pouco máis tarde, o Secretario de Defensa estadounidense, Robert Gates, apoiou Mullen e dixo que asasinar Gaddafi sería insensato.

«Coido importante que operemos no marco do mandato da resolución do Consello de Seguridade das Nacións Unidas», sinalou.

«Se empezamos a engadir obxectivos coido que crearemos outro problema nese sentido», dixo. «Penso que é insensato poñerse metas que non se sabe se poderán ser alcanzadas», no marco da Operación "Amencer da Odisea", como Washington, Reino Unido e Franza bautizaron a campaña bélica contra Libia.

Os ataques aéreos causaron até agora unha cifra indeterminada de vítimas, que segundo a televisión nacional, poderían superar os 90 mortos e 200 feridos.

Ante a violenta e agresiva situación, que obrigou os libios a non cumpriren a súa propia regra de cesar o fogo por mor dos intensos bombardeos, Musa recalcou que solicitou un informe preciso para «coñecer o alcance real que tiveron os ataques».

O primeiro bombardeo rexistrouse esta sábado cando un avión caza Mirage francés disparou ás 18:45 horas locais (16:45 GMT) en Libia e acabou con catro tanques do Exército. Máis tarde, as forzas estadounidenses e do Reino Unido lanzaron cando menos 110 mísiles de cruceiro Tomahawk en Libia contra sitios de defensa antiaérea do Goberno libio.

Libia pediu este sábado unha reunión urxente do Consello de Seguridade da ONU após o inicio dunha operación militar internacional. A Resolución 1973, aprobada a pasada quinta-feira polo Consello de Seguridade, autorizou o uso da forza militar contra Libia e a instalación dunha zona de exclusión aérea.

Mentres agardas pola resposta do organismo multiestatal, este domingo o país árabe volveu ser atacado tres veces, o que obrigou a reactivar as defensas antiaéreas malia o anuncio de cese do fogo de dúas horas antes.

Os ataques contra Libia foron criticados por países como Venezuela, Brasil, Arxentina e Bolivia. Neste sentido, este sábado, a Unión Africana fixo un chamamento ao «cese inmediato da violencia» e a busca dunha solución pacífica e democrática para o conflito.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com