|
A Garda Civil detén a un militante de ADIANTE e ao Secretario Comarcal da CUT de Vigo
|
10/03/2011 |
09/03/11
Ante a detención de Iussa Prado, militante de ADIANTE no Comité de Zona de Vigo, e de Telmo Varela, Secretario Comarcal de Vigo da CUT, desde ADIANTE queremos manifestar que:
- Estas novas detencións, ao igual que a de Miguel Nicolás hai case tres meses, respoden á mesma
intención do goberno español e dos seus brazos policiais e xudiciais de escarmentar, de xeito exemplarizante e na figura de destacados cadros sindicais e xuvenís, a coerencia e combatividade do sindicalismo nacional galego.
- Recoñecemos en Iussa e en Telmo a dous exemplares traballadores do metal, a dous destacados loitadores obreiros, a dous xenerosos compañeiros destacados tamén pola súa entrega na loita da defensa do meio e da lingua galega.
- Desprezamos a contaminación e manipulación informativa dos malchamados xornalistas e medios de comunicación que actúan en connivencia e cordinación cos corpos represivos Garda Civil e Policía Nacional.
- Amosamos toda a nosa solidariedade cos dous sindicalistas detidos e condeamos o acoso represivo ao que está a ser sometida a central nacionalista CUT por ser coerente e consecuente na defensa da mocidade e clase obreira galega.
- Exiximos a imediata posta en liberdade dos dous compañeiros detidos na véspera do Día da Clase Obreira Galega e do mozo Miguel, preso desde mediados de decembro, e apoiamos a convocatoria da CUT para mañán 10 de marzo ás 20:00 horas diante do mercado do barrio vigués do Calvario.
Desde ADIANTE aproveitaremos a mobilización, que xa estaba convocada pola central nacionalista para conmemorar o 10 de marzo, para exixir tamén a liberdade imediata de Iussa, Telmo e Miguel.
Iussa, Telmo e Miguel liberdade xa!
Ningunha agresión sen resposta! |
  |
|
1 Comments: |
-
atxilotuak askatu! marxismoa.blogspot
|
|
<< Início |
|
|
|
|
|
atxilotuak askatu!
marxismoa.blogspot