Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Grande, masiva e exitosa mobilización de folga convocada pola PAME en Grecia
01/03/2011
Revista Dixital de Forxa!

Declaración da PAME 
Grande, masiva e exitosa mobilización de folga convocada pola PAME en Grecia.
 Mensaxe decisiva de escalada da loita.

A folga nacional que tivo lugar en Grecia tivo un gran éxito. Máis unha vez, as forzas da PAME desempeñaron un papel principal nas fábricas, as empresas, os barcos, en todos os centros de traballo.
 
Decenas de miles de traballadores, pensionistas, desempregados, mocidade, inmigrantes e traballadores autónomos participaron de forma masiva e militante nunha das folgas máis multitudinarias dos últimos anos, nas concentracións da Fronte Militante de Todos os Traballadores (PAME), onde participaron ademais a Fronte Antimonopolista Grega de Autónomos e Pequenos Comerciantes (PASEVE), a Fronte Militante de Todos os Campesiños (PASY), a Fronte Militante de Estudantes (MAIS) e a Federación Grega de Mulleres (OGE), tanto en Atenas coma en 72 cidades máis en Grecia. Os traballadores participaron masivamente nos bloques dos sindicatos de clase dando unha resposta á política antipopular do goberno dos socialdemócratas do PASOK, do capital, da UE, do FMI e dos partidos da plutocracia que o apoian.
 
Montáronse piquetes fóra de grandes fábricas e centros de traballo desde a amencer para asegurar o éxito da folga e apoiar os traballadores co fin de combater as prácticas intimidatorias do empresariado.

Hai que ter en conta que nesta folga intensificáronse máis que nunca as ameazas de despedimentos polos empresarios, que contan coa cooperación do sindicalismo amarelo, co obxectivo de socavar o éxito da folga de calquera modo. Con todo, estas ameazas caeron en oídos xordos. As forzas de orientación de clase están preparadas para responder a calquera tentativa dos empresarios de proceder a despedimentos ou outras medidas contra os traballadores logo da folga.
 
No discurso central da concentración de folga, Giorgos Skiadiotis, membro do Secretariado Executivo da PAME, mencionou entre outras cousas que: "Esiximos que o goberno deteña de inmediato os plans que preparou e está levando a cabo para a abolición dos contratos colectivos de traballo, a abolición da xornada laboral de 8 horas e do festivo do domingo. Chamamos os traballadores a loitar incesantemente en todas as fábricas, en todas as industrias para construír unha fronte de resistencia forte. Esiximos xa medidas de protección para os desempregados, as parellas novas en base ás nosas propostas. Non debemos permitir a degradación dos nosos dereitos de seguridade e de servizos sociais. O noso movemento vén de lonxe e vai aínda máis lonxe. Non nos deteremos ata derrocar non só o memorando, as leis antipopulares e os gobernos antipopulares, senón a súa propia matriz, a propiedade capitalista. Aqueles que pensan que podemos resistir e vencer o "talón de ferro" dos monopolios con accións imprevistas, descoordinadas e mal preparadas non teñen nin idea que significa a loita de clases ou nos están a enganar. Os que nos chaman a loitar tan só para que se vaia o goberno do PASOK, que é realmente o que nos suxiren? Califa en lugar do califa? Derrocar a Mubarak e deixar que outro Mubarak ocupe a súa posición como ocorreu en Exipto? A cuestión para o pobo non é que cambie o persoal político da burguesía mentres os monopolios manteñen a súa posición, senón que o poder cambie de mans. Hai que loitar por outra política, unha política obreira popular. Se as loitas carecen desta orientación conducirán a un punto morto, minguarán.»

Ademais, o orador referiuse ás mensaxes cálidas de apoio internacionalista e de solidariedade clasista á PAME que expresaron decenas de sindicatos de clase e federacións de todo o mundo. A manifestación multitudinaria que estaba ben protexida contra a actividade de mecanismos de provocación dirixiuse cara ao Parlamento. En Atenas, unha delegación do CC do KKE encabezada pola camarada Aleka Papariga, Secretaria Xeral do CC do KKE, participou na manifestación.

Os manifestantes decidiron unha nova reunión militante para o día 10 de marzo; día de actividades e dunha gran concentración no centro de Atenas e doutras cidades en ocasión do Día Internacional das Mulleres.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com