Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Libia: Comunicado da CIPOML
28/03/2011


SOLIDARIEDADE CO POBO LIBIO

Comité de Coordinación da CIPOML
Marzo 2011

A reaccionaria coalición de forzas imperialistas que ataca militarmente a Libia, co pretexto de defender a poboación civil e se amparar nunha resolución con Consello Xeral da ONU, é unha agresión máis contra os pobos, agora o de Libia, onte os Balcáns, Iraq, Afganistán, brutalmente agredidos coa mesma escusa falaz. Esa coalición, Franza, Gran Bretaña e os EUA, coa complicidade activa dos reaccionarios gobernos de Italia, Estado español, Dinamarca... e a complicidade pasiva da Rusia e China, pois os dous países, ao NON exerceren o seu dereito de veto, daban hipocritamente o visto bo á agresión. Esa coalición reaccionaria, xa que logo, demostra con feitos a súa verdadeira natureza. O seu obxectivo non é a seguridade da poboación civil, senón o petróleo e a posición estratéxica de Libia e ameazar a rebelión e as loitas revolucionarias dos pobos árabes.


Ao aprobar a agresión a Libia, baseándose na resolución da ONU, o imperialismo pone outra vez de manifesto que pouco lle importa se as resolucións da ONU son xustas ou non, o que lle importa son os seus intereses, como demostra que sempre vetaron as resolucións, numerosas, a prol dos pobos de Palestina e o Sáhara.

Os rebeldes que loitan contra o reaccionario goberno de Muammar Al Gaddafi pronto descubrirán que os seus “protectores” non son tales, senón saqueadores e explotadores crueis, que substituirán Gaddafi, se logran derrubalo, por outro peón ao servizo do imperialismo. Cómpre lembrarmos que os participantes desa coalición, e demais países imperialistas e capitalistas, no pasado cortexaron Gaddafi, como tamén o fixeron co sátrapa Ben Alí na Tunisia, e o non menos reaccionario Hosni Mubarak (membro da Internacional Socialista!) en Exipto, ambos os dous derrocados por revoltas populares.

As revoltas que están a sacudir o Magreb e o Próximo Oriente (Marrocos, Iemen, Bahréin, Siria, posibelmente Alxeria) poñen en perigo os intereses estratéxicos das potencias imperialistas, o que dá lugar a intensificar as súas propias contradicións, como é o caso da agresión a Libia, entre o imperialismo francés, encabezado polo ultrareaccionario Sarkozy e o imperialismo alemán coa tamén reaccionaria Merkel. As profundas sacudidas nesta parte do mundo, levadas a cabo polos pobos contra réximes autoritarios cando non ditatoriais, e contra as grandes inxustizas sociais, fan tremer as posicións das potencias imperialistas e os seus aliados.

A Conferencia Internacional de Partidos e Organizacións Marxista-Leninistas, condena enerxicamente a brutal agresión contra Libia. Solidarizámonos coa xusta loita do seu pobo contra a reacción do Goberno de Gaddafi, por conquistar a democracia, a liberdade e a súa propia dignidade. Denunciamos tamén o dobre vara que aplica a ONU, e a hipocrisía de todos os países con gobernos presuntamente democráticos, ao apoiaren uns cantos, e silenciaren noutros, a agresión. Chamamos a manifestar por todos os medios a solidariedade co pobo libio e demais pobos en loita.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com