Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Libia: Medios occidentais estarían a mentir para lexitimar unha intervención estranxeira
01/03/2011

01/03/11


Nas primeiras vintecatro horas da súa chegada a Trípoli, o xornalista de Il Manifesto, Maurizio Matteuzzi, comprobaba que moitos dos acontecementos difundidos polos medios occidentais -e tamén por árabes como Al Jazeera e Al Arabiya- non se correspondían coa verdade.

Nunha nota difundida polas axencias informativas occidentais díxose ao mundo que Muammar Al Gaddafi bombardeara a civís en Trípoli, cun resultado de 250 mortos.

«Onte á noite a situación nesa cidade era de máxima tensión con cadáveres tirados polas rúas e continuos disparos que se senten en varios barrios da cidade, entre eles os proxectís de artillaría pesada, segundo constatou EFE.»

Segundo relata o xornalista do diario italiano, Bargawi Badri, un xinecólogo libio residente en Trípoli con familia en Italia, recibiu ese día unha chamada da súa familia alarmada ante a información dun bombardeo no barrio de Fascilum, en Trípoli. Badri, sorprendido, negoulles eses feitos e dixo atoparse tranquilamente tomando unha copa nun café da zona.

Outra 'primicia' das axencias e medios occidentais foron as fosas comúns, cuxas fotos deron a volta ao mundo na portada de (case) todos os periódicos.

Mateuzzi achegouse a Tadjoura, suburbio de Trípoli onde supostamente se atopaban esa fosa común. A sorpresa foi que nada atopou. Na realidade, había un cemiterio tradicional onde se realizaba o traballo cotián e dispuña de lápidas normais.

A terceira grande primicia apareceu tamén nas páxinas de moitos xornais: «Os rebeldes conquistaron o aeroporto militar de Mitigar».

O xornalista italiano viaxou até a zona. O aeroporto estaba tranquilo e vixiado por gardas. Non había pegada dos rebeldes.

Outras mentiras sobre a situación en Libia

Hai unha semana, o Ministro de Exteriores británico, William Hague, declarou ante a prensa en Bruxelas que Gaddafi estaba exiliado en Venezuela. Estas declaracións foron publicadas, sen contrastar e confirmar a súa veracidade, en moitos medios de comunicación de todo o mundo.

Tanto o chanceler venezolano Nicolás Maduro como o propio Gaddafi, este a través da televisión desde a capital Trípoli, desmentiron ese rumor.

Hague afirmou ter recibido esta información de «contactos que están no terreo». O Goberno venezolano tachou de irresponsábeis os comentarios do Ministro, que aínda non pediu desculpas polos feitos.

Pola súa parte, a axencia española EFE achegou unha información que dicía que «en Trípoli aumentan os rumores de que Gaddafi e todos os seus fillos fuxiron do país, e inclusive outros sobre a morte de un dos principais conselleiros e man dereito do líder libio». Esta información resultou ser falsa tamén.

Os medios de comunicación Al Arabiya e MBC foron máis alá e deron por morto a Gaddafi. Pasadas unhas horas, o propio líder libio apareceu na televisión, na Praza Verde de Trípoli, na capital, falando aos seus seguidores, feito que desmentiu dita hipótese.

Maurizio Matteuzzi puido comprobar sobre o terreo que non existían as fosas comúns en Tadjoura, que non era certo que o distrito de Fascilum e outros da capital foran bombardeados. Tampouco era certo que o aeroporto de Mitiga fora tomado polos rebeldes. Nin que Gaddafi se exiliara en Venezuela ou que morrera.

Lexitimar unha intervención estranxeira

Ante tantas mentiras, o xornalista denunciou a existencia dunha campaña de desinformación que ten como obxectivo impactar na opinión pública internacional para lexitimar unha posíbel intervención militar da OTAN.

Esta segunda-feira, Estados Unidos situou os seus barcos e portaavións no Mar Mediterráneo xunto a Libia. O voceiro do Pentágono, David Lapan, recoñeceu que «actuarían de ser necesario».

Mentres, a Secretaria de Estado dos EUA, Hillary Clinton, advertiu que «todas as opcións están encol da mesa para derrocaren Gaddafi».
2 Comments:
  • At 3/02/2011 11:11:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    información creo que bastante interesante http://www.kaosenlared.net/noticia/fuerzas-especiales-usa-inglaterra-francia-ya-habrian-entrado-libia-ben

     
  • At 3/02/2011 11:11:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    información creo que bastante interesante http://www.kaosenlared.net/noticia/fuerzas-especiales-usa-inglaterra-francia-ya-habrian-entrado-libia-ben

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com