Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Libia, revolta popular? Novos datos
22/03/2011

Dizdira Zalakain
10/03/11

Neste artigo ofrécense ligazóns a noticias de fontes fiábeis de cuxa lectura se conclúe que, en 2009, Gaddafi presentou un plan que incluía estes tres puntos principais:

1. Nacionalización dos hidrocarburos.
2. Desmantelamento da burocracia ministerial e xestión directa do executivo por órganos populares.
3. Distribución directa e equitativa dos ingresos do petróleo aos cidadáns.

A cúpula do poder opúxose a este plan e logrou que o Congreso Popular votase por un aprazamento da súa posta en marcha.

Por sorte, semella que o ineludíbel peso dos feitos e a reflexión están a permitir rectificar a boa parte desa esquerda que aplaudía demasiado irreflexivamente as inexplicadas revolucións norteafricanas e en especial a de Libia. Chamábase conspiranoicos aos que vían nelas novos caos de golpe de estado brando organizados polas transnacionais. Como xa me referín nunha entrada anterior a un artigo de Santiago Alba para exemplificar esta postura, hoxe volvo referirme a outro artigo seu. publicado oitos días despois, en que se aprecian notábeis cambios. Non o fago co fin de o deixar en evidencia. Ás avesas, valoro a capacidade de rectificar ou de evolucionar nas ideas e agardo, ademais, que esa evolución non se deteña, nin nel nin en ninguén.



O primeiro artigo é do día 24 de febreiro, e o segundo é do 4 de marzo. Apréciase como Alba agora xa acepta que as conspiracións non son nin fantasías nin excepcións, senón o funcionamento estrutural inevitábel da política internacional. Oxalá algúns o tiveran máis en conta: Herodoto ou Tucídides xa tiñan moi claro o seu papel fundamental para explicaren sucesos históricos. Apréciase tamén que xa non descualifica Gaddafi de forma tan dura. Se o día 24 de febreiro consideraba improbábel unha invasión da OTAN, o día 4 considéraa un risco tan probábel que a prioridade da esquerda é opoñerse a ela. Unha prioridade, por certo, que sitúa por riba da de derrocar Gaddafi. Non fai falla dicir que xa non menciona o dos bombardeos a manifestantes en Trípoli. Por se alguén, despois de todas as evidencias que apareceron, aínda o dubida, pode preguntar aos delegados da UE que visitaron onte a capital Libia.

O meu agradecemento e respecto polos que saben rectificar. Santiago Alba honra a súa condición de filósofo.

No entanto, a idea que Santiago Alba segue a manter e que moitos de nós, porén, non compartimos, é que a revolución contra Gaddafi é realmente unha revolución. A idea de que as revoltas populares en Libia posúen un xenuíno carácter popular, quere dicir, que non foron provocadas, organizadas, mantidas por servizos de intelixencia do imperio é unha idea que non se sostén con argumentos. Nun segundo artigo, repite en varias ocasións que o pobo libio ten dereito a derrocar Gaddafi. Non vou discutir até que punto o posto que ocupa Gaddafi é lexítimo, é dicir, até que punto emana da soberanía popular. Digamos só que, como mínimo, é tan lexítimo –se non máis- que o do noso monarca.

Mais o que vou tentar demostrar aquí é o raro que resultaría afirmar que Gaddafi non goza de apoio popular na Libia, segundo os datos que vou ofrecer. É máis: tales datos indicarían que son máis ben certas elites de poder do país as que terían motivos para desexar derrocalo. Se ben poderían buscarse datos en varias áreas da vida política libia, está claro que a área decisiva é o petróleo. Aínda que se repetiu mil veces, lembremos que Libia é a principal reserva petrolífera de África e que se estima que aínda non explotou nin a terceira parte dos seus recursos.

A National Oil Company
1970-1973

A National Oil Company (NOC) é a empresa pública libia encargada de xestionar as riquezas petrolíferas do país. Está controlada directamente polo Congreso Popular Libio. Foi creada por Gaddafi un ano despois da Revolución que derrocou o rei Idris. En 1970 as multinacionais petroleiras que se enriquecían libremente cos recursos enerxéticos libios, Esso, Mobil, Texas Gulf, etc., foron obrigadas ou a se marcharen ou a acataren uns Acordos de Reparto de Produción (ARP). Un ARP é un acordo polo que o Estado permite a unha compañía privada operar non seu territorio a cambio de pactar un reparto da produción entre o Estado e a empresa privada.

A política petroleira do réxime libio a partir dos 70 consistiu en nacionalizar progresivamente máis pozos petrolíferos do réxime libio a través da empresa pública NOC e en pactar ARPs cada vez máis beneficiosos para o Estado cunha pluralidade de petroleiras de moi diversos países, no canto de cunhas poucas, o que semella unha clara estratexia de “divide e vencerás”. Non fai falla dicir que isto indignou as transnacionais. Mais o que realmente acabou coa súa imperial paciencia foi o embargo que en 1973 Libia e outros países decretaron contra os países que financiaban a política criminal de Israel contra os palestinos. Entre os países embargados estaba EUA. O embargo prolongouse até marzo de 1974 e o único país que se negou a levantalo foi precisamente Libia.

1973-1992

Desde entón, a presión dos EUA foi medrando. Só o apoio da URSS evitou unha invasión a Libia. En 1982 os EUA decretan un bloqueo comercial sobre Libia. En 1984 perpetraron un atentado contra Gaddafi que fallou. En 1986, xa sen medo ante a URSS da Perestroika, bombardean Trípoli e Bengasi.

1992-1999

A partir de 1992, unha vez eliminados os réximes socialistas do leste de Europa, a ONU, controlada xa sen oposición polos EUA e os seus aliados, decreta un embargo a Libia tras considerar o seu goberno responsábel do atentado de Lockerbie. En 1993 enduréceo máis. Tras o embargo, en poucos anos, a economía de Libia, dependente dos hidrocarburos, cae.

1999-2009

Temos que explicar agora por que todo cambia de súpeto, por que a denominada “comunidade internacional” volve pedir o derrocamento de Gaddafi, dese que até onte era o seu amigo. Moita xente pensa que é porque houbo unha revolta cívica.  Podemos distinguir dous grupos entre eles:
- Os de dereitas, como os articulistas do ABC ou El País, pensan que o obxectivo desa comunidade internacional é axudar o pobo libio a cumprir as súas xustas aspiracións de democracia e liberdade. Isto non o vou rebater, xa que asumo que os que len este blog se riran ante semellante explicación.
- Os de esquerdas, como Santiago Alba, pensan que o obxectivo desa comunidade internacional é aproveitar a xustificada revolta para invadir o país e espoliar po completo as súas riquezas.

O que así defendemos, no entanto, é que na Libia non houbo unha revolta que pode ser denominada popular e xustificada.
De feito, negamos que a revolta fose popular. Mais para demostrarmos isto sería preciso botar man de probas irrefutábeis. E esas probas son das que, por desgraza, case nunca se dispón en sucesos como estes. Temos indicios moi claros, como o repentino e inexplicábel potencial militar rebelde, e algún outro que se verá a seguir. Así que nos veremos obrigados a demostrar que a revolta non é xustificada. O que, na realidade, constituirá o mellor indicio de que tampouco é popular, pois é pouco probábel que o pobo se rebele contra os seus propios e evidentes intereses.

As probas que presentou, como non podía ser doutro xeito, proceden de internet. Estaría ben poder acceder á páxina web da compañía NOC, mais, sintomaticamente, non está activa, cando menos cando escribo esta entrada. Mais nesta outra páxina temos todo o necesario:
Trátase de Energy-pedia News, unha páxina dirixida a persoas interesadas no mundo dos grandes negocios relacionados coa enerxía. Nela hai unha completa compilación de noticias para inversores e empresarios do sector. Se prememos na marxe, accederemos ás News by region, desde onde podemos buscar noticias sobre Libia para un determinado ano. Interésannos as noticias desde 2009 até hoxe. De botarmos unha ollada, observaremos que son frecuentes as referidas a novos pozos petrolíferos en diversas rexións, tanto do deserto como do mar. Tamén, sobre todo cando nos achegamos aos nosos días, figuran novas sobre recesións de contratos de explotación a diversas compañías. Hai un grupo de novas moi curioso que vai desde mediados do ano 2010 até case o día anterior da revolta en que se nos conta que BP non fai máis que pospoñer a prospección marítima que estaba anunciada para 2010. Realmente, isto non é unha proba inequívoca de que BP xa sabía que habería unha revolta na Libia, mais cando menos é unha notábel casualidade.

Aínda que coido que estas son as noticias que máis nos interesan:

25 de xaneiro de 2009. Gaddafi estuda a nacionalización das compañías petrolíferas estranxeiras.
(Extracto traducidos da nova)
«O líder libio Muammar Gaddafi afirmou a pasada cuarta feira que o seu país e outros exportadores de petróleo están considerando nacionalizar as empresas, dado o descenso do prezo do petróleo. (...) “Non podemos adherirnos ás regulacións da OPEP porque o noso sustento depende do petróleo.” (...) O principal xornal do estado, xeralmente considerado como o voceiro do propio Gaddafi, dixo que o Congreso Popular, o máximo órgano lexislativo e executivo, debería votar a nacionalización das empresas estranxeiras na sesión que terá lugar dentro duns días. (...) “Os países exportadores de petróleo deben tender á nacionalización (...) Non nos podemos permitir vender a prezos tan baixos.” Os rumores sobre nacionalización comezaron co gallo do informe para 2008 da NOC cuxos expertos suxerían a necesidade de modificar a política baseada exclusivamente en ARP. Algúns diplomáticos afirmaron que se trataba dunha ameaza para facer presión ás empresas petrolíferas de cara ás vindeiras negociacións.»

16 de febreiro de 2009. Gaddafi instou os libios a que apoiasen o seu plan para recuperar os ingresos do petróleo.
(Extractos traducidos da noticia)
«O líder libio Muammar Gaddafi pediu o sábado aos libios o apoio á súa proposta de destituíra o goberno e entregar os beneficios do petróleo directamente aos 5 millóns de cidadáns do país. O seu plan de entregar os ingresos do petróleo directamente aos libios atopou a oposición dos altos cargos, abocados a perderen os seus postos de se producir a purga que Gaddafi quere levar a cabo para rematar co que el denomina estado de corrupción persistente e xeneralizado. Cargos como o Primeiro Ministro Al-Baghadadi Ali al-Mahmoudi e o Gobernador do Banco Central, Farhat Omar Bin Guidara, advertiron en novembro a Gaddafi que o seu proxecto terminaría danando a economía do país membro da OPEP.
“Non teñades medo de tomar directamente o diñeiro do petróleo e a responsabilidade de crear as estruturas de goberno necesarias para o ben do noso pobo”, dixo Gaddafi aos representantes do Congreso Popular Libio. O Congreso Popular é a espiña dorsal do réxime da Yamahiriya libia. Constitúe o  máximo órgano executivo e lexislativo. Representa o pobo a nivel rexional e local e vota as leis e as decisións políticas do goberno. (...) Moitos libios afirman que non se beneficiaron do aumento da produción petrolífera e o investimento estranxeiro desde que en 2003 terminou (...) o seu illamento internacional. (...) “A administración fallou e a economía estatal fallou. Xa está ben. A solución é que nós, os libios, nos apropiemos directamente do diñeiro do petróleo e decidamos que facer con ese diñeiro”, dixo Gaddafi, nun discurso retransmitido pola TV pública. Gaddafi instou unha profunda reforma da burocracia gobernamental, afirmando que o sistema ministerial tiña de ser desmantelado para librar os libios da corrupción e a mala xestión. “Estes ministerios deben devolver o pobo a propiedade de todas as escolas, fábricas, granxas, de todas as empresas públicas e o diñeiro do petróleo.

4 de marzo de 2009. O Congreso atrasa o plano de reparto de petróleo de Gaddafi.
(Extractos traducidos da noticia)
O Congreso Popular de Libia (...) votou atrasar o plan de Gaddafi de disolver o goberno e entregar o diñeiro do petróleo directamente ao pobo. (...) Existe unha inusitada atmosfera de oposición entre os altos cargos do goberno, que consideran que semellante plan causará estragos na economía nacional, provocando o descontrol da inflación e a fuga de capital. O propio Gaddafi advertiu os libios que o plan, que promete rendas de até 23.000 dólares anuais para o millón de cidadáns con menores ingresos, podería provocar un certo caos. “Non teñades medo a experimentar novas formas de goberno”, dixo, antes de proceder á votación e advertiu: “Este plan é para ofrecer un futuro mellor aos nosos fillos. De o facerdes fracasar, eu non terei culpa, será a vosa responsabilidade”. (,,,) Nas votacións (...) efectuadas só 64 dos 468 membros do Congreso do Pobo votaron polo plan de apropiarse do diñeiro inmediatamente. 251 aceptaron o plano en principio, mais pediron que se atrasar até tomaren as medidas apropiadas. (...) Isto permitirá atrasar o proxecto polo menos uns cantos meses, dando así tempo a desactivalo.»

Coido que a lectura destes tres artigos sorprenderá a máis de un. O Gaddafi tirano, stalinista*, napoleónico, proburgués e capitalista de que nos falaron os medios de esquerda aparece aquí, nestas novas escritas por e para consumo máis ben privado de capitalistas, como un radical comunista disposto a acabar até co aparello burocrático do seu goberno e a realizar un reparto directo da riqueza nacional. Vemos como a oposición a Gaddafi xorde precisamente entre as elites políticas e non do pobo. Vemos como o Congreso Popular logra aprazar uns meses o plan de Gaddafi de repartir a riqueza directamente ao pobo, unha vez nacionalizado o petróleo. E vemos como tras eses meses, aparecen grupos armados dirixidos por un ex-ministro afirmando representar o pobo.

Alguén pode pensar que o pobo libio vai opoñerse a este plan, van coller as armas para pedir a cabeza de quen ousou propoñer a nacionalización do petróleo e o reparto directo dos seus beneficios a todos os libios?

Lendo estas novas, podo aínda un marxista manter que as revoltas en Libia, ou mellor dito, que o golpe de estado en Libia, é popular e xustificado?



*Ler o comentario da autora do artigo nos comentarios do seu blog sobre o emprego deste adxectivo.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com