Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Unha boa película: A Fortaleza de Brest
04/03/2011

Newspaper of The American Party of. Labor
23/02/11

O 23 de febreiro celébrase o Día da Patria en Bielorrusia e outras antigas Repúblicas Soviéticas. Orixinalmente coñecido como Día do Exército Roxo, o nome cambio polo de Día do Exército e da Armada Soviéticos en 1949 e recibiu o seu actual nome após a disolución da Unión Soviética en 1991. Queremos lembrar a memoria dos defensores da Fortaleza de Brest e de todos os heroes soviéticos que loitaron na Segunda Guerra Mundial contra a agresión fascista.

"Morro, mais non me renderei. Adeus Patria. 20/06/41"


A Fortaleza de Brest (2010) é unha produción conxunta de Rusia e Bielorrusia que narra a heroica defensa desta fortaleza en Brest (Belarrusia) en 1941, ao comezo da invasión da Unión Soviética polos nazis, coñecida como ‘Operación Barbarossa”, na Segunda Guerra Mundial. Trátase, sen ningunha dúbida, da mellor película sobre a Segunda Guerra Mundial en opinión de boa parte da crítica.

A base histórica da película

Bielorrusia perdeu aproximadamente o 40% da súa poboación, 3.650.000 persoas, no curso da Segunda Guerra Mundial como resultado da agresión fascista. Durante os tres anos de guerra na ocupada Bielorrusia (xuño de 1941 – xullo de 1944), os guerrilleiros mataron ou incapacitaron a medio millón de nazis. As SS executaban as poboacións de vilas enteiras que simpatizaban coa guerrilla –máis de 600 vilas como Khatyn foron arrasadas e asasinadas as súas poboacións.

A defensa da Fortaleza de Brest representou o 5% de todas as vítimas dos nazis na Fronte do Leste até a fin do asedio, o 30 de xuño de 1941. Os acontecementos da película vense a través dos ollos de Sashka Akimov (Alyosha Kopashov), narrador da historia. A personaxe de Sashka baséase no rapaz de 15 anos Petya Klypa, un dos poucos defensores da Fortaleza de Brest que sobreviviu. O ataque á fortaleza iniciouse o 22 de xuño de 1941, cando a cidade de Brest, incluíndo a súa fortaleza, foi bombardeada pola artillaría. A 45º División de Artillaría da Wehrmacht, 17 mil soldados preparados, liderou a operación, lanzando ataques ao longo de toda a fronteira e na cidade de Brest. Eran os mesmos soldados que participaran na ocupación de Polonia e Franza. Durante a primeira media hora de asalto, os alemáns abriron fogo contra todas as entradas, fortificacións, pontes, artillaría, cuarteis, almacéns de alimentos e medicinas, depósitos de auga e edificios civís. A escribir sobre o ataque á fortaleza, o comandante da 45º División declarou o seguinte no seu informe:

Foi imposíbel avanzar só coa infantería porque o alto grao de organización do fogo de metralladora e fusís, desde profundos emprazamentos en patios en forma de ferradura, impedía calquera achegamento. Só había unha solución: buscar a capitulación dos rusos a través da fame e da sede. Estabamos dispostos a utilizar calquera medio... As nosas ofertas non tiveron éxito... “ Os defensores da fortaleza continuaron a resistir inclusive despois de que o Ministro de Asuntos Exteriores alemán, Joachim von Ribbentrop, celebrou unha conferencia de prensa en Berlín anunciando a fin da resistencia na fronteira. A Wehrmacht atacou a fortaleza desde o 22 até o 30 de xuño, ás veces até seis veces ao día, sendo repelida sempre polo Exército Roxo e a guerrilla.





O 8 de xullo, o comandante da 45º División informou da toma do cuartel xeral, mais focos de resistencia continuaron até mediados de xullo, constituídos por pequenos grupos de soldados provistos de fusís e metralladoras dentro da fortaleza, especialmente nas bodegas. As armas máis potentes, proxectís de artillaría, morteiros, gases lacrimóxenos e lanzachamas non foron quen de racharen coa resistencia. Recibíronse informes de loitadores en datas tan tardías como agosto. Para acabar con esta última resistencia, as bodegas e sotos foron asolagados con auga do río.

Neste tempo, Hitler e Mussolini visitaron a fortaleza escoltados por unha forte garda para os protexeren dos combatentes que resistían. Hai rumores de que Hilter colleu unha pedra da ponte destruída e a tivo no seu despacho na sede do Terceiro Reich até a fin da guerra. Ninguén sabe quen foron estes derradeiros defensores, cando morreron, ou cando dispararon o último tiro.





A brutalidade do fascismo fronte á heroica resistencia de Bielorrusia

Varios personaxes históricas son ben representados na películas. Figuras como o comandante do rexemento, Pyotr Mikhailovich Gavrilo (Alexander Korshunov), o comisario Efim Moiseevich Fomin (Pavel Derevyandko) e o xefe do 9ª posto fronteirizo, Andrey Mitrofanovich Zizhevatov (Andrey Merzlikin) cobran vida na pantalla. A película é valente e realista, sen pretender facer da guerra algo limpo ou romántico. A realidade da ocupación fascista non se mitiga, empeza co bombardeo da fortaleza, asasinando a mulleres e crianzas (a fortaleza servía para protexer os civís). A brutalidade continúa co avance alemán, disparando á poboación civil soviética. Despois disto, a NKVD (servizo de intelixencia soviético) cargou contras os alemáns, a loitaren corpo a corpo con baionetas, pas, machados e inclusive cadeiras. Os feitos do asalto nazi á Fortaleza de Brest son contados con precisión. Na batalla, o exército alemán superaba en dez contra un aos soviéticos e, no entanto, perderon máis tropas que defensores morreron. Isto fica reflectido nun momento da película, cando un gran número de soldados alemáns ataca e morren en masa. A Fortaleza de Brest homenaxea a loita da xente común en tempos de guerra, acadando unha empatía por parte do público que poucos filmes logran. Isto refórzase polo feito de se tratar dunha historia real; moitos dos defensores recibiron prestixiosas medallas da Unión Soviética.

Conclusión: Un fantástico tributo aos loitadores antifascistas de Bielorrusia

A Fortaleza de Brest é, sen dúbida, unha das mellores películas de guerra que xamais se fixeron. Definitivamente, ningún seguidor das películas históricas, das películas de guerra ou das películas rusas pode deixar de vela. En xeral, a película ten suceso no campo emocional e visual, e respecta as fontes históricas. O filme logra retratar o drama da fronte de Bielorrusia e proporciona unha perspectiva máis ampla que o cinema estadounidense sobre a Segunda Guerra Mundial.


--oo0oo--


Vídeo do grupo galego Mencer Vermello onde homenaxean aos defensores da Fortaleza de Brest
 
2 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com