Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

(Video) Soldados libios executados polos rebeldes.
13/03/2011



De lermos as crónicas que sobre Libia fan os diferentes xornais burgueses desde finais de febreiro, poderíamos chegar a pensar que estamos ante un enfrontamento das forzas do ben total contra as forzas do mal absoluto. Uns, os rebeldes, son valentes, dignos, de ollada sincera e esperanzadora, combatentes románticos que teñen familias. Familias que choran as mortes dos seus bravos fillos. Porque só morren estes, os rebeldes de corazón puro. E só estes teñen familias doridas.

Os outros, as forzas do mal, son esbirros, mercenarios subsaharianos, tuaregs salvaxes. Moitos deles, relatan as crónicas de El País ou La Voz, son persoas forzadas a loitar que, ao mesmo tempo, cobran até 300 dólares diarios por loitar. Por suposto, non teñen familia, nin morren, nin padecen. Sen escrúpulos, sen consciencia, sen alma, son simples bestas asasinas ao servizo do mal personificado na Terra.

De crermos nos medios burgueses, aos dous días do comezo das revoltas, o sátrapa-tirano-ditador-violador de crianzas Gaddafi estaba xa illado e só resistían un feixe de mercenarios que o protexían nas súas dependencias en Trípoli. Da noite ao día, sen ningún tipo de explicación, os rebeldes empezan a perder máis e máis cidades dun país que supostamente ocupaban practicamente na súa totalidade.

Vendo que as tropas rebeldes non son quen de gañar, os medios retoman con forza o coñecido discurso do imperialismo humanitario. Axudemos aos coitados rebeldes, están sendo masacrados pola aviación do sátrapa, que día e noite non para de bombardear civís e pozos petrolíferos. Pouco importa que nos falaran de desercións masivas entre os pilotos aéreos.

Aquí pouco importa a verdade, pouco importa contar os feitos reais. O que importa é outra cousa, bastante máis negra.

4 Comments:
  • At 3/13/2011 05:53:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    totalmente dacordo co artigo,o que me gustaría é que as organizacións como o FPLP que falaron dos rebeldes ao principio da revolta como "as masas populares", "os traballadores libios",etc,etc, foran tan rápidos como daquela para sacar comunicados deixando claro que os rebeldes están financiados e armados polo imperialismo e que aínda que o goberno libio actual non sexa como nos gustaría está nas antipodas do que lle gustaría ao imperialismo.

     
  • At 3/13/2011 06:38:00 da tarde, Anonymous Pedro said…

    O capital sempre busca MÁXIMO benefício, non un benefício a secas ou aceptábel, senón o MÁXIMO. Entón por suposto que nunca estará contento con certos gobernos, ainda que lle reporten algunha satisfacción económica. Se o pode ter todo porque vai andar con medias tintas. Se hoxe ten a posibilidade de poder esmagar a Gaddafi e facerse con todos os recursos, e non coas migallas, pois seguro que o aproveita. Como fai sempre.

    Sobre o do que "os rebeldes están financiados polo imperialismo", non o teño nada claro... quízáis non polo imperialismo... quizáis teñan outros apoios... non o sei.
    Qué probas tes para afirmar iso? É un debate moi interesante.

    Está claro que Gaddafi e o seu goberno non é ningún exemplo, e sería razoábel que o pobo se decidise a combatelo.
    Tamén está claro que temos que unir todas as nosas forzas en repulsa a unha posíbel invasión imperialista.

     
  • At 3/13/2011 07:42:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    http://www.kaosenlared.net/noticia/obama-habla-invadir-libia-mccain-confiesa-han-estado-apoyando-rebeldes, http://www.kaosenlared.net/noticia/ee.uu-tiene-plan-secreto-para-armar-rebeldes-libia,
    http://www.elmanana.com.mx/notas.asp?id=222867,
    non sei se son probas pero son algunhas mostras de por onde van os tiros.

     
  • At 3/13/2011 08:36:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Dise que a lei da taxa media do lucro é a lei económica fundamental do
    capitalismo contemporáneo. Isto non é certo. O capitalismo contemporáneo,
    capitalismo monopolista, non pode satisfacerse co lucro medio, cuxa tendencia,
    aliás, é á baixa por mor da elevación da composición orgánica do capital. O
    capitalismo monopolista contemporáneo non esixe o lucro medio, senón o
    máximo, necesario para realizar unha reprodución ampliada máis ou menos
    regular.
    O que máis se achega ao concepto de lei económica fundamental do capitalismo
    é a lei de plusvalía, a lei da formación e do crecemento do beneficio capitalista.
    Esta lei, realmente, predetermina os trazos fundamentais da produción capitalista.
    A lei da plusvalía, porén, é unha lei demasiado xeral, que non toca os problemas
    da taxa superior de beneficio, cuxa existencia garantida é necesaria para o
    desenvolvemento do capital monopolista; co gallo de encher esta lagoa cómpre
    concretarmos a lei da plusvalía e a desenvolvermos ulteriormente, aplicándoa ás
    condicións do capital monopolista, considerando que o capital monopolista esixe
    non un beneficio calquera, senón, precisamente, o máximo beneficio. Esta será a
    lei económica fundamental do capitalismo actual.
    As características e esixencias principais da lei económica fundamental do
    capitalismo contemporáneo poderían formularse, aproximadamente, desta
    maneira: garantía do máximo lucro capitalista, por medio da explotación, ruína e
    empobrecemento da maioría da poboación dun país dado, por medio da
    escravización e sistemática pillaxe dos pobos doutros países, particularmente dos
    países atrasados, e, finalmente, por medio das guerras e da militarización da
    economía nacional utilizadas para garantir os máximos lucros.

    Stalin, Problemas Económicos do Socialismo na URSS.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com