Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Afirman que Costa do Marfil é vítima dunha agresión imperialista
06/04/2011


Para favorecer os seus intereses, países imperialistas como Franza e organismos que serven a estes como a ONU, impulsaron o conflito que vive Costa do Marfil, após a crise electoral que tivo lugar despois de que o presidente da nación africana, Laurent Gbagbo, se negase a lle entregar o poder ao seu rival, Alassane Ouattara, a quen a ONU declarou vencedor das eleccións de novembro pasado, sinalou este terza feira o internacionalista Raimundo Kabchi.

«Costa do Marfil é hoxe vítima dunha agresión imperialista (...) hai dúas posicións totalmente diferentes: unha posición que representa o antiimperialismo (...) e outra que practicamente representa o triunfo dunhas eleccións onde a ONU declarou o triunfo máis non as autoridades» do país africano, expresou Kabchi nunha entrevista a TeleSUR.


O analista considerou que Ouattara, apoiado polas forzas do imperio «practicamente representa o Fondo Monetario Internacional (FMI), foi director de África do FMI. Fixo que moitos países africanos padezan fame, necesidades e inclusive moitos conflitos».

«Ouattara representa os intereses das grandes transnacionais principalmente as grandes farmacéuticas francesas e europeas», engadiu.

Sinalou que, por outra parte, está Gbagbo que «simboliza o progresismo (...) adiantou unha política para impulsar en Costa do Marfil, por vez primeira, o seguro social. Isto significa que (o ex presidente francés Jacques) Chirac e (o actual, Nicolás) Sarkozy lle declararan a guerra».

Sumado a isto, Gbagbo tamén «adiantou agricultura do seu país (...) que pasou a representar o principal produtor de cacao en África», dixo o internacionalista.

Ademais, explicou que a situación en Costa do Marfil se agrava polas circunstancias étnicas e relixiosas, aspecto de grande importancia nos países deste continente.

Sobre isto, o especialista indicou que «o señor Alassane Ouattara representa unha das tribos máis numerosas do país, mentres que o señor Gbagbo representa unha tribo máis minoritaria».

O pasado decembro, após a segunda rolda das eleccións presidenciais en Costa do Marfil, Gbagbo refusou entregarlle o poder a Ouattara, quen foi proclamado como presidente electo pola ONU e Franza.

En marzo deste ano intensificouse o conflito no país africano cando seguidores de Gbagbo comezaron a defender o poder.

O Consello de Seguridade da ONU adoptou o 31 de marzo pasado unha resolución na que exhorta a acabar coa violencia en Costa do Marfil. O documento, ademais, impón sancións a Gbagbo e ao seu entorno.

O xornalista español José Naranjo indicou, nunha entrevista a TeleSUR, que Franza demostrou claramente o seu interese, a través da ONU, de dar como gañador a Alassane Ouattara como presidente de Costa do Marfil e ante isto «cómpre lembrarmos que é amigo íntimo persoal de Nicolás Sarkozy (...) Nicolás Sarkozy é padriño de vodas de Ouattara».

«O que estamos a vivir nestes momentos é un escenario practicamente de neocolonialismo en que non ós se apoiou un candidato senón que se interveu militarmente para o levar ao poder», engadiu.
1 Comments:
  • At 4/06/2011 04:59:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    hai que lembrar porque Gbagbo se negou a deixar o poder. Nas eleccións presidenciais deuse inicialmente como gañador a Outtara co 54% dos votos, pero posteriormente o consello constitucional anulou as votacións en sete departamentos do norte alegando que había máis votos que electores. Así pasou a ser gañador Gbagbo co 51% dos votos. A chamada comunidade internacional obviou a decisión do consello constitucional repetindo a tan cacarexada razón de que non é un órgano independente do goberno.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com