Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A Audiencia Nacional condena a Paco Cela a 11 anos e 8 meses de cárcere
28/04/2011


A Audiencia Nacional ven de facer pública a sentenza contra os militantes do Partido Comunista de España (Reconstituído) Manuel Arango Riego, Isabel Aparicio, Lucio García e Paco Cela. Todos eles foron condenados a máis de dez anos de prisión e multa de 4.320 euros por un delito de “integración en organización terrorista e outro continuado de falsidade en documento oficial”. Tamén foron condenados a doce e dez anos os militantes dos GRAPO Israel Clemente e o vigués Xurxo Garcia.

Por se houbera algunha dúbida, con esta sentenza os xuíces da Audiencia Nacional ratifican as palabras do Ministro Rubalcaba no sentido de que a estratexia represiva do Estado non mudou un milímetro nos últimos tempos. Unha estratexia que segue a ser a mesma de sempre tanto fóra das cadeas (detencións, torturas, condenas...), dentro delas (dispersión, illamento, provocacións...) como “dentro-fóra”, tal e como estamos a ver coa persecución que seguen a sufrir os presos políticos (antes Iñaki de Juana, agora Troitiño) que son liberados unha vez cumprida a súa condena.

Unha vez máis evidénciase con toda claridade que contra o que o Estado loita non é unicamente contra as organizacións armadas senón sobre todo contra as ideas e os obxectivos políticos que defenden tanto elas coma amplos sectores populares. A antiga Batasuna ou o PCE(r), por pór algún exemplo, nunca practicaron a loita armada. Porén, o noso veciño Paco, ven de ser condenado a case doce anos de prisión por militar nese partido; unha “organización” que para a Audiencia Nacional é tan “terrorista” coma os propios Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro, GRAPO.

A conclusión é clara: temos presos e presas políticas para longo. E non só iso, senón que haberá cada vez máis, pois as causas que explican a súa existencia (a falta de dereitos políticos, sociais, sindicais; a represión; as leis de excepción, etc) non só non desaparecen senón que se están a acentuar coa crise xeral do capitalismo e do propio Estado español. Xa que logo, non queda máis alternativa que perseverar na loita pola Amnistía Total. Non hai outro camiño que o da resistencia e a denuncia dos atropelos que sofren tanto os presos e presas políticas como todos aqueles sectores populares que non tragan co sistema e se enfrontan consecuentemente a el.

Na Coruña, Primeiro de Maio 2011

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com