Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A CIG conmemora o Día Internacional da Clase Traballadora con nove manifestacións en todo o país
18/04/2011
CIG

1º de Maio: Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos

A Confederación Intersindical Galega celebra o Día Internacional da Clase Traballadora con nove manifestación nas principais cidades do país, ademais de en Viveiro e Ribeira. A central nacionalista conmemora un novo 1º de Maio, nesta ocasión baixo o lema "Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos", e anima á cidadanía galega a participar nas distintas mobilizacións.

POLO EMPREGO, NON ÁS REFORMAS DO CAPITAL. DEFENDAMOS OS NOSOS DEREITOS

Afrontamos a celebración deste 1º de maio de 2011, cuns níveis de desemprego moi preocupantes (240.000 desempregados na Galiza), como consecuencia da crise económica e das políticas de recorte do investimento público levadas a diante polo goberno español e polo goberno galego. A esta situación hai que engadirlle o preocupante panorama, de presente e de futuro, para a clase traballadora, derivado das políticas antisociais do goberno que se concretan nas reforma laboral e na reforma da pensións, así como no recorte do gasto social e a privatizacións de empresas e servizos públicos.


Nun aspecto económico máis global, vemos como pouco a pouco, a banca, os fondos de investimento, coa inestimábel colaboración das axencias de cualificación do risco, a base de especular coa débeda pública están a xerar unha enorme burbulla que está levando a moitos Estados a unha situación límite, provocando a intervención e o “rescate” (un novo préstamo, máis débeda) dos mesmos, por parte da UE e o FMI . Primeiro Greza, despois Islandia e Irlanda e agora tócalle a quenda a Portugal. Quen será o seguinte?


Estamos ante un roubo masivo á poboación, por parte da banca, co apoio do goberno, do PSOE e do PP, e a necesaria colaboración das centrais sindicais estatais. A banca recibe os cartos do Banco Central Europeo ao 1%, compra débeda pública ao 5, 6, 7%, ou ao que lle da a gaña, opten polo tanto unha marxes de beneficio espectaculares, leva aos Estados a unha situación límite e despois a mesma banca presiona aos Estados para que soliciten á UE e o FMI o “rescate”, é dicir, un préstamo que garanta que van poder pagar as débedas que teñen contraidas coa banca, especialmente a alemana e francesa. E dicir, un negocio redondo.


Para evitar caer nesta situación límite, a UE, o BCE, o FMI, é dicir, os portavoces da oligarquía financeira, esixen aos Estados novas reformas, novos recortes do gasto social, novas privatizacións. MÁIS E MÁIS E MÁIS NEGOCIO E BENEFICIOS PARA A BANCA E AS GRANDES EMPRESAS MULTINACIONAIS, á conta de recortar salarios, deteriorar os servizos públicos, precarizar as condicións de traballo, provocar desemprego, debilitar á clase traballadora.


Os que provocaron a crise financeira i económica, son os mesmos que especulan coa débeda pública, que presionan aos gobernos para que leven adiante todas cantas reformas lle interesan ou para que soliciten o “rescate” a UE, son os mesmos que en plena crise económica seguen tendo miles de millóns de euros de beneficio (máis de 46.000M€ no 2010), e son os mesmos que se reúnen co presidente do Goberno, o sr. Zapatero, para esixirlle contas e porlle novos deberes.


Despois da reforma laboral e a das pensións, agora CEOE, CCOO, UGT, están a cociñar a reforma da negociación colectiva, outra esixencia dos “mercados”, que ten como finalidade centralizala, apartala do control da clase traballadora, provocar máis división entre empresas e traballadores a hora de negociar as súas condicións de traballo, en definitiva debilitar a negociación colectiva como ferramenta de presión na man dos traballadores e traballadoras.


O capital financeiro, a través dos gobernos e institucións financeiras diversas, vai aproveitar a crise económica, e a nosa debilidade, para impor todas aquelas reformas e recortes de dereitos que sexan beneficiosos para os seus intereses. Compre pois, que sigamos adiante coa mobilización, coa contestación social e coa esixencia de políticas estruturais que senten as bases dun novo modelo económico e social favorábel ao intereses da clase traballadora.

POR UN POSTO DE TRABALLO. POR PENSIÓNS DIGNAS
POLO DEREITO A DECIDIR AS NOSAS CONDICIÓNS LABORAIS E SOCIAIS
CONTRA AS REFORMAS DO CAPITAL. POR UN NOVO MODELO ECONÓMICO E SOCIAL

PARTICIPA COA CIG NAS MANIFESTACIÓNS DO 1º DE MAIO: 

Vigo: 12.00 horas dende o cruce da Doblada.
A Coruña: 12.00 horas dende a Praza de Vigo.
Pontevedra: 11.30 horas dende a Praza da Ferrería.
Ferrol: 12.00 horas dende a Avenida de Esteiro (local da CIG).
Santiago: 12.30 horas dende a Praza Roxa.
Lugo: 12.30 horas dende a Ronda da Muralla (edificio sindical).
Ourense: 12.00 horas dende o Pavillón dos Remedios.
Viveiro: 12.00 horas dende a Praza de Lugo.
Ribeira: 12.00 horas dende a Praza do Peixe.

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com