Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Comunicado do Comité de Solidariedade cos Presos/as Políticos/as
08/04/2011
XA BASTA!!

Ante a folga de fame das presas e presos políticos comunistas

O COMITÉ DE SOLIDARIEDADE COS PRESOS E PRESAS POLÍTICAS quere manifestar a súa solidariedade con Manuel Pérez Martínez (Arenas), secretario xeral do PCE(r), en folga de fame dende o pasado 1 de abril. Unha folga de fame á que veñen de sumarse todos os presos e presas políticas comunistas dese partido e os antifascistas dos GRAPO e SRI.

Arenas esta sendo obxecto de toda unha serie de medidas represivas inxustificábeis dende que fora trasladado á prisión de Castellón II: espidos integrais, ameazas dos carcereiros e de presos de ultradereita, anulación das visitas... Medidas que agravan o xa de seu severo réxime de illamento que padecen tanto Manuel Pérez como o resto de presas e presos políticos dende hai décadas.

É claro que para o Estado non se trata unicamente de condenar á perpetuidade aos revolucionarios/as. Non se trata tan só de amañar xuízos, inventar leis ou “doutrinas”... Ademais de todo iso hai que exterminar aos presos e presas políticas, hai que acabar co seu exemplo facéndolle a vida imposíbel no cárcere. Iso é o que están a facer con Manuel Pérez, pero tamén co noso veciño Paco Cela que leva tres anos completamente illado ou co vigués Xaime Simón en prisión dende 1985, entre outros e outras. Iso por non falar da situación de gran número de compañeiros e compañeiras gravemente enfermos.

Por todo iso, dende este COMITÉ DE SOLIDARIEDADE, entendemos está folga de fame indefinida dos presos e presas como un “XA BASTA!” de todo o Colectivo de presas e presos do PCE(r), GRAPO e SRI. Un berro de rabia ao debemos responder solidariamente apoiando a súas demandas, denunciando a conculcación dos seus dereitos dende os diferentes Colectivos ou creando Comités de Apoio que organicen a solidariedade cos folguistas.
Non máis abusos dentro das cadeas!!
Liberdade presos e presas coa condena cumprida!!
Liberdade presos e presas enfermas!!
Fin da dispersión e o réxime de illamento!!
Amnistía Total!!

COMITÉ DE SOLIDARIEDADE COS PRESOS/AS POLÍTICOS/AS
A Coruña, 7de abril de 2011
3 Comments:
  • At 4/08/2011 03:30:00 da tarde, Blogger POUM(r) said…

    Rematada a folga de fame por parte de Manuel Arenas.

    http://jmalvarezblog.blogspot.com/2011/04/manuel-perez-martinez-camarada-arenas.html#more

    http://www.presos.org.es/

    Ánimo! Agora a pola liberdade!

     
  • At 4/11/2011 12:25:00 da tarde, Anonymous Bolsa said…

    De donde sacais estos comnicados? Porque por mas que los busco por internet, solo me salen referencias a vuestra pagina!

     
  • At 4/12/2011 01:53:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Pois mmira, na columna da dereita tes varios enlaces.
    No apartado titulado "Antirepresión" tes 3 páxinas onde buscar.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com