Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Costa do Marfil ao descuberto. A historia non contada
12/04/2011

Dr. Kwame Osei
11/04/11

Cando a guerra civil na Costa do Marfil semella achegarse á súa fin, cómpre dicir a historia VERDADEIRA non contada da crise na Costa do Marfil e informar os nosos lectores das VERDADEIRAS causas detrás da situación no país.

Escoitei moitos comentarios sobre este tema e a meirande parte deles esbardallan dicindo que a situación na Costa do Marfil é que as eleccións foron gañadas supostamente por Alassane Ouattara, que é o "presidente da Costa do Marfil recoñecido internacionalmente" e que Laurent Gbagbo se nega a dimitir porque pensa que gañou as eleccións – esta idea en si mesma é un engano xa que, segundo un informe dun comité do Senado dos EUA enviado a Costa do Marfil para vixiar as eleccións, houbo irregularidades na votación nas zonas favorábeis a Ouattara.

No entanto, este engano sobre as eleccións vai na liña do que nos teñen afeitos os medios de comunicación occidentais cando de África se tratar. Temos de ser moi coidadosos coa axenda dos medios occidentais, quen non senten máis que desprezo polo pobo africano.

Unha vez dito isto, é moi simplista dicir que a situación na Costa do Marfil é provocada só por unha disputa electoral. Isto é ofrecer ao público unha visión moi distorsionada da realidade.

A VERDADEIRA causa detrás da actual situación na Costa de Marfil é a loita do imperialismo francés polo control da Costa de Marfil. A realidade é que por un lado está Gbagbo, contrario ao imperialismo francés na Costa do Marfil e defensor do Panafricanismo, e polo outro, está Ouattara, do que poderíamos dicir que é moi flexíbel a salvagardar os intereses franceses na Costa do Marfil.

Esta histórica lección remóntase a finais de 1950, cando empezaron a se estenderen os ventos de cambio por todo o continente africano como resultado da independencia de Ghana e o impulso do movemento de liberación africano.

Charles De Gaulle, presidente francés nesa época, sabía que eses ventos de cambio tamén golpearían sobre os países baixo dominación colonial/imperial francesa.

Por iso, ao tempo que recoñecía isto, tamén insistía en que os países francófonos conseguirían a súa independencia de Franza só se cedían o 90% de TODOS os seus ingresos ao Tesouro francés en Paría e, tamén, se o Franco CFA se fixaba á moeda francesa, o franco francés, facilitando así os negocios das empresas francesas na África francófona.

Os lectores deben lembrar que os países francófonos africanos teñen enormes recursos materiais, como uranio enriquecido, ouro, diamantes, bauxita, cromo, petróleo e gas, todos cruciais para a industria francesa.

Xa que os países africanos francófonos ansiaban a súa independencia política, algúns dos seus líderes asinaron inxenuamente estas medidas draconianas, malia coñeceren as desastrosas consecuencias das mesmas.

Por tanto, unha vez que eles asinaron a nova "independencia", os estados africanos francófonos ficaron para sempre escravizados aos intereses económicos franceses.

Estes intereses significan que as empresas francesas que operan nos estados francófonos teñen acceso libre aos seus mercados, teñen fácil acceso aos contratos do goberno e quizais non paguen ningún imposto a estes Estados, ademais de repatriaren os seus vastos ingresos a París.

Os Estados francófonos, como a Burkina Faso de Thomas Sankara, que resistiron esta lexislación draconiana foron castigados con duras sancións económicas e/ou golpes de estado militares.

Gbagbo, estudoso da historia, coñece este diabólico acordo e os seus efectos adversos na emancipación e no desenvolvemento económico dos Estados francófonos, e comprometeuse a cambiar esta situación – tamén quixo nacionalizar industrias chaves libres do control francés.

Tamén é importante recoñecer que Costa do Marfil é o máis grande produtor de cacao, ingrediente principal para produtos de confeitería, como o chocolate e os pasteis, e a confeitería francesa move miles de millóns de dólares ao ano, polo que o control da industria do cacao é un obxectivo fundamental do imperialismo francés.

As elites políticas francesas coñecen as intencións de Gbagbo e usaron todos os medios a súa disposición, inclusive influenciar nas eleccións nacionais, para impedir que Gbagbo leve a cabo o seu programa, que de ter éxito provocaría uns catastróficos efectos na economía francesa.

Outros Estados francófonos africanos poderían seguir o exemplo de Gbagbo e demandaren a emancipación económicas, o que provocaría a recesión permanente na economía francesa, xa que os masivos ingresos que París recibe para financiar os seus programas sociais e económicos xa non estarían dispoñíbeis, e por iso os franceses e os seus aliados están apoiando Ouattara.

Proba do apoio francés a Ouattara son os helicópteros franceses que bombardearon as forzas de Gbagbo e, aínda máis claramente, que os chamados rebeledes que están a atacar a residencia presidencial son de feito mercenarios franceses.

A pregunta necesaria é por que os franceses apoian Ouattara.

Ben, Ouattara é un antigo empregado do FMI e o Banco Mundial educado no Occidente, polo que é visto como un valor seguro polos franceses e os seus curmáns occidentais.

Cando, como parece, Ouattara asuma o control xeral do país, isto significará que Franza e o imperialismo occidental gañaron a partida e que a emancipación da Costa do Marfil e de África recibiron un duro golpe.

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com