Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Castigan a Paco Cela por usar o teléfono para recitar un poema
20/06/2011
 Comité de Solidariedade coas Presas e Presos Políticos

O sábado 18 de xullo, Paco Cela ingresou no módulo de illamento da prisión de Valladolid tras decatarse a Dirección do cárcere de que o preso político galego utilizara o teléfono para recitar un poema en homenaxe a catro militantes dos GRAPO caídos en combate, en Girona, no ano 1981. 


Os versos en cuestión fóronlle requiridos por este COMITÉ DE SOLIDARIEDADE co gallo da Conmemoración do XXX Cabodano do asasinato dos galegos Roberto Liñeira, Albino López, Dolores Castro e do catalán Antonio Cabezas. Un poema que unha compañeira do COMITÉ recitou para pechar o acto celebrado o sábado no cemiterio coruñés de San Amaro, onde está enterrado Roberto Liñeira. 


Nin sequera chegou a utilizarse o audio (que agora si reproducimos) debido a baixa calidade do son.


O internamento en celas de castigo -por período aínda por determinar- supón entre outras moitas limitacións e prexuízos, o total illamento de Paco con respecto ao exterior. De feito, tiña prevista visita con varios solidarios para o domingo 19, que xa non puido realizarse. Tampouco poderá comunicar coa súa compañeira e se lle limitarán ou anularán as chamadas telefónicas.

Non é a primeira vez que a Dirección da prisión de Villanubla castiga a Paco Cela por cuestións deste tipo. Despois de ducias de visitas da súa compañeira, cortáronllas de súpeto alegando que ela tiña antecedentes políticos. Finalmente tiveron que casar. Igualmente hai meses que non lle entregan, “por seguridade”, o xornal “Novas da Galiza” malia ter este o depósito legal esixido por Institucións Penitenciarias.


Paco Cela leva pasados na cadea máis de vintecinco anos, vinte deles por militar nos GRAPO (entre 1985 e 2005). Foi detido por última vez en xuño de 2007 no marco dunha operación represiva contra o PCE(r) e condenado a 11 anos e 8 meses por militar nesa organización política. Estivo tres anos e medio en preventivo, máis de dous anos completamente só.


Mostras de solidariedade:


Paco Cela Seoane

Preso Político do PCE(r)

Prisión de Villanubla

47071 VILLANUBLA (Valladolid)
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com