Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Grecia: Folga de 48 horas en resposta ás chantaxes do Goberno e da UE
23/06/2011
22/06/11

Após un debate de tres días de duración no Parlamento, o 22 de xuño, o Goberno reformado logrou o voto de confianza cos votos dos deputados do PASOK. Dos 298 deputados que participación na votación, 155 deron o seu voto de confianza ao Goberno e 143 votaron en contra.

A Secretaria Xeral do C.C. do KKE, Aleka Papariga, denunciou a chantaxe que o Goberno e a UE formulan contra os traballadores gregos:

«O ultimato da UE, da zona Euro, non se dirixe ao Goberno grego – que xa o aceptou hai moito tempo – senón ao pobo grego. Esíxelle que baixe a cabeza e que de non consentir non recibirá a quinta entrega do préstamo.»

Como subliñou Papariga: «Consideramos que o pobo grego ten de enviar o seu propio ultimato. Isto é o mellor que pode facer. Non pode haber ningunha negociación radical no marco da UE. Hai partidos da oposición que fan suxestións ao Goberno. Ou ben estamos ante unha chamada solución fácil ou ante unha proposta que ignora o carácter da UE. Diría que se tratar dunha ignorancia deliberada da verdadeira natureza desta alianza depredadora, como a chamamos, e que dada a situación esta caracterización é suave.

Xa que logo, o pobo grego debe enviar o seu propio ultimato. A respecto disto cómpre sinalamos todo o que ao pobo grego lle deben a UE, os gobernos da ND e do PASOK, a burguesía de Grecia, todos os seus sectores industriais, os armadores, os banqueiros, os comerciantes, etc.»

Desde o estrado do Parlamento, a Secretaria Xeral do C.C. do KKE chamou os traballadores a faceren caso omiso das chantaxes intimidatorias e tomaren parte activa na loita: «Agora que o pobo abre os ollos e o medo fai espertar as consciencias – porque tamén existe o medo ao despido, etc.,- o KKE promove con maior intensidade a idea de que o pobo debe tomar nas súas mans a propiedade dos medios de produción así como dos recursos naturais do país».

Os sindicatos de clase aglutinados na PAME chaman a unha folga de 48 horas en canto o Goberno leve ao Parlamento o novo paquete de medidas antipopulares.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com