Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O zoqueiro de Pol fusilado por bolchevique
05/06/2011
Xornal
Daniel Prieto
05/06/11

O 29 de agosto de 1936, un grupo de falanxistas irrompeu de madrugada na casa do zoqueiro de Fraialde, unha pequena parroquia do municipio lucense de Pol. José Antonio Rivas Carballés foi secuestrado ante a mirada impotente da súa muller e dos seus seis fillos. Antes de abandonar o seu fogar, sabendo que a súa morte era inminente, Rivas solicitou vestirse coas súas mellores galas: un traxe negro de pana e unhas botas de pel de becerro. Despois foi levado ao Rego do Can, no concello veciño de Portomarín, no cruce cara a estrada de Monterroso. Alí foi asasinado de varios tiros cando contaba 39 anos. Varios veciños da zona atoparon o seu cadáver e trasladárono á parroquia de San Mamede do Río. Tras velar o seu corpo durante toda a noite, foi enterrado ao día seguinte fóra do recinto da igrexa, tal e como lembra Dolores, unha anciá que reside na zona.


Pero a súa familia nunca soubo en que lugar se atopaba o corpo de José Antonio. A traxedia fixo que a súa viúva, Josefa Pérez Veiga, decidira emigrar a Arxentina en 1952 xunto aos seus fillos. Non obstante, para abandonar o Estado necesitaba o certificado de defunción do seu marido, para demostrar que era a única titora dos seus descendentes. Josefa topouse con numerosos atrancos para obter ese documento. Ningún cura quería redactar o texto que lle permitiría buscar un novo futuro ao outro lado do océano. Viaxou polas vilas da comarca ata que, tras moito preguntar e rogar, o cura de Portomarín accedeu a redactarlle o certificado. Nel, o relixioso negouse a escribir o nome e os apelidos do zoqueiro, que figura como “un varón desconocido”.

Aínda que os parentes de José Antonio puxeron o Atlántico de por medio para afastarse da traxedia, os seus corazóns estiveron sempre en Pol. En 2009, o seu fillo Ramiro, de 75 anos, que reside en Arxentina, contactou coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) para intentar recuperar os restos mortais do seu pai. Tras unha minuciosa investigación no lugar dos feitos, a entidade localizou o punto exacto no que José Antonio fora enterrado. Ramiro Rivas viaxou desde Arxentina para presenciar a exhumación do seu corpo, no que permanecían impolutas as súas botas de pel de becerro.

José Antonio Rivas non estaba afiliado a ningún partido político nin se lle coñecía militancia ningunha, tan só sentía simpatía cara as ideas republicanas. Segundo Ramiro, o seu pai era un voraz lector moi interesado polos acontecementos mundiais, que sentía unha devoción particular pola Revolución Rusa. Iso foi o que o levou a bautizar ao fillo que iniciou a súa busca como Lenin.

Ademais, José Antonio Rivas tiña unha biblioteca moi voluminosa, entre a que se atopaban volumes de medicina e un gran atlas do corpo humano e das enfermidades. Para Ramiro, o feito de que un zoqueiro acumulara na súa casa tantos libros, unido á súa simpatía polo movemento político ruso iniciado en 1917 e polo republicanismo, convertíano “nun perigo” a ollos dos sectores franquistas. “Eu tiña catro anos cando o viñeron buscar unha noite. Mataran a un soldado da Falanxe na fronte uns días antes e sempre lle escoitei a miña nai contar que o cura fora o culpable de que a meu pai o quitaran do medio. Era unha persoa moi intelixente que lía moito. El non era ningún político, só tiña simpatía pola República”, lembra.

DE LENIN A RAMIRO

A afección á lectura do zoqueiro e a súa proximidade ás ideas da esquerda era ben coñecida en Fraialde, ata o punto de que o cura “non quixo bautizar aos seus fillos” e, ademais, “non fixo nada por salvarlle a vida”, lembra Ramiro, que perdeu o seu antigo nome de Lenin e recibiu o seu actual cando o relixioso en cuestión o rebautizou tras o asasinato do seu proxenitor. O crego tamén rebautizou como María Digna á filla pequena de José Antonio, a quen os seus pais lle puxeran Igualdad. E non foi o único prezo que tiveron que pagar a muller e os seis fillos do zoqueiro. Quedaron estigmatizados como “os do roxo”, indica Ramiro. As grandes dificultades polas que pasou a viúva fixeron que os pequenos quedaran “sen infancia e xuventude”, admite. “A nosa nai pasou moitos traballos para poder darnos a todos de comer”, engade.

A neta de José Antonio Rivas, Mirta, foi outra peza fundamental na recuperación dos restos do seu avó. Compilou toda a información que puido e axudou ao seu pai no proceso de busca, co asesoramento da ARMH. Esta entidade iniciou os traballos o ano pasado e valorou suspender as tarefas de exhumación, tras realizar varias sondaxes infrutuosas. Finalmente, atoparon as botas do represaliado cara abaixo e comprobaron que presentaba signos de violencia. “Tiña un impacto de bala na zona occipital, un tiro de graza, o que evidencia unha morte violenta como é habitual nestes casos”, explica Marco González, vicepresidente da ARMH.

HOMENAXE EN POL

Por elo, onte, membros da ARMH entregaron no Concello de Pol os restos de José Antonio Rivas Caballés aos seus parentes. Ao acto acudiron os rexedores de Pol e Portomarín, Lino Rodríguez Ónega e Silvia Rodríguez, respectivamente, xunto a outras autoridades locais. O féretro de José Antonio Rivas foi trasladado ao panteón familiar de Fraialde, onde recibiu sepultura. “Levabamos moitos anos agardando por este día, síntome aliviado porque por fin cumprín co meu deber”, conclúe Ramiro.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com