Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A CIG anuncia mobilizacións contra a reforma neoliberal da Constitución e exixe a convocatoria dun referendo
30/08/2011

A Executiva Confederal acordou realizar unha concentración nacional o venres día 2 e celebrar asembleas de delegados/as e concentracións en todas as comarcas o martes 6 de setembro

A Executiva Confederal da CIG vén de acordar convocar mobilizacións contra a reforma do artigo 135 da CE. Unha reforma neoliberal pactada polo PSOE e o PP que limita a capacidade do Estado na súa intervención nas políticas económicas e sociais e que atenta contra a autonomía financeira de Galiza. A CIG considera ademais que o procedemento seguido para tramitar esta reforma constitucional é absolutamente antidemocrático e reclama a convocatoria dun referendo.

A Executiva Confederal da CIG entende que esta reforma provocará o recorte do gasto social e dos investimentos públicos, que terá graves consecuencias sobre servizos públicos esenciais, como Sanidade, Educación e Ensino, e que favorecerá a súa progresiva privatización.

Por iso, acordou convocar para o próximo venres día 2 de setembro, ás 11:00 horas, unha concentración nacional diante da Delegación do Goberno da Coruña, coincidindo co pleno extraordinario que se celebrará no Congreso ese mesmo día para aprobar o texto por vía de urxencia e de lectura única.

A CIG tamén celebrará asembleas de delegados e convocará concentracións en todas as comarcas o martes día 6 de setembro, coincidindo, previsibelmente, co paso polo Senado desta reforma constitucional, para a súa ratificación definitiva por parte desta cámara.

A Executiva Confederal da CIG denuncia ademais que as reformas constitucionais que hai pendentes ou que se intentaron facer para promover o recoñecemento do carácter plurinacional do Estado ou o dereito de autodeterminación foron sistematicamente negadas, amparándose no carácter inamovíbel do texto.

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, lembra que foi precisamente ese o argumento utilizado para declarar aspectos do Estatuto de Catalunya, referendado polo pobo catalán, inconstitucional, “porén, ese argumento cae se quen solicita a reforma da Constitución é o capital financeiro e as potencias económicas europeas, introducindo principios neoliberais que teñen como único obxectivo protexer os intereses dese capital. Nese caso faise, por vía de urxencia e sen debate social”.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com